280 likes | 479 Views
MANCOMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN CASTROVE-SALNÉS “Proxecto Integral dos Montes Veciñais do Castrove-Salnés”. PRODUCCIÓN DE MADEIRA Avaliación da productividade madereira actual das matas forestais existentes nos montes implicados
E N D
MANCOMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN CASTROVE-SALNÉS “Proxecto Integral dos Montes Veciñais do Castrove-Salnés”
PRODUCCIÓN DE MADEIRA • Avaliación da productividade madereira actual das matas forestais existentes nos montes implicados • Propostas de productividade forestal que melloren o medrío das árbores actuais e das novas plantacións
TAREFAS SILVÍCOLAS • Estudio das tarefas silvícolas necesarias para o correcto desenvolvemento das matas forestais • Posibilidades de realización das tarefas silvícolas mediante cuadrillas ou maquinaria contratada de xeito conxunto entre as comunidades do plan
TAREFAS SILVÍCOLAS • Posibilidades de realización das tarefas de vixiancia de xeito conxunto (vixiancia contraincendios e de control das matas, control da caza, os cogumelos, o gando,…)mediante persoal conxunto das comunidades do plan e un Plan Integral para a Prevención de Incendios en toda a zona.
Avaliación do estado sanitario actual das matas forestais existentes • Propostas silvícolas sobre as matas existentes para loitar contra as patoloxías forestais e optimizar o medrío das plantas e das novas plantacións
Organización do aproveitamento do gando silvestre no monte mediante a identificación das cabezas existentes e a potenciación de actividades silvopastorais e o consumo de carne de gando ceibe.
Organización do aproveitamento turístico e lúdico das actividades relacionadas nos montes co gando silvestre e a hípica(feiras de consumo, rutas ecuestres, curros,...)
Posibilidade de conseguir incluir os productos secundarios dos montes no Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia • Posibilidade de conseguir unha Denominación de Orixe para as razas autóctonas de cabalo e vaca galega existentes nos montes
Revalorización do entorno mediante plantacións de castiñeiros híbridos micorrizados enfocados ás diferentes utilidades: • -Soutos mansos: inxertados con variedades típicas de castaña do pais e señalizadas coas súas características de producción de froito (negral, longal, xudía, mourisca, parede...) • -Soutos bravos: con clons específicos para a producción de madeira de calidade en rápidas quendas de corta
Aproveitamento das plantacións de castiñeiros híbridos micorrizados e inxertados para a creación dun turismo enfocado á castañicultura, mediante unha ruta formativa da historia do castiñeiro e a súa importancia para a nosa economía e as diferentes técnicas silvícolas e variedades existentes nos nosos soutos
Posibilidades de exemplificar nunha zona o uso de plantas medicinais, plantas aromáticas e froitos silvestres • Integración de colmeas e posibilidade de crear un aula de formación sobre o manexo do mel e as súas aplicacións
Revalorización da micoloxía forestal aplicada mediante a: Avaliación da potencialidade productiva dos montes implicados no plan Proxectos de micorrización e de aumento de producción Proxecto de aproveitamento experimental da biomasa forestal para o cultivo de fungos ou compostaxe
Revalorización do turismo micolóxico e a comercialización de cogumelos mediante a: Creación dun couto micolóxico para complementar o turismo de praias en outono e primaveira Organización dunha feira ou lonxa micolóxica Instalación dun museo de micoloxía forestal aplicada
Revalorización de cursos de auga ou ecositemas acuáticos adaptados á pesca e ó desfrute de actividades fluviais • Recuperación de muiños e patrimonio histórico e creación de carreiros fluviais que potencien o turismo rural na zona • Creación de piscinas ou lagoas naturais para desviar o turismo de praias a espacios verdes dentro dos montes
Inclusión no plan da catalogación do patrimonio cultural existente nos nosos montes (colaboración ca Universidade de Vigo) • Recuperación dos restos arqueolóxicos e etnolóxicos mediante a participación do Instituto de Conservación e Restauración de Bens Culturais (Consellería de Cultura)
Estudiar as posibilidades de creación dunha zona de campismo e un espacio natural con fins recreativos como alternativa ó turismo de praia • Creación dunha ruta de ecoturismo dos miradoiros naturais das rías con espacios de lecer
Integración da caza no proxecto • Implicación das asociacións de cazadores na conservación e xestión dos montes • Alternativas para a ordenación e potenciación do turismo cinexético
Sistemas de xestión forestal sostibel e certificación forestal da madeira procedente dos montes • Aula da naturaleza demostrativa dos plans de xestión elaborados nos montes implicados
Identificación mediante carteis informativos dos límites dos montes veciñais e a importancia histórica e actual destas superficies para a subsistencia da poboación e a defensa medioambiental en contra dos intereses especulativos • Propostas de cada unha das comunidades implicadas
“Proxecto Integral dos Montes Veciñais do Castrove-Salnés” En resumo, preténdese conseguir a creación dun plantexamento global do territorio dos montes veciñais, que sirva como proxecto piloto demostrativo para toda Galicia dunha política forestal sostible e integral.
“Proxecto Integral dos Montes Veciñais do Castrove-Salnés” Partindo da potenciación da principal fonte de ingresos: a producción de madeira, preténdense integrar as distintas posibilidades de producción secundaria e atractivo turístico. O fin principal é o de contribuir ó desenvolvemento da economía e a creación de alternativas laborais para a poboación rural, ó tempo que se defende un aproveitamento ecolóxico das superficies forestais.
“Proxecto Integral de Valorización do Territorio dos Montes Veciñais do Castrove-Salnés” Para conseguir estes obxectivos preténdese desenvolver un proxecto participativo por tódolos montes implicados, mediante a creación de: -mesas redondas que contribuan a un mellor coñecemento de todo o referinte o proxecto -xestión diante das Unidades de Desenvolvemento Rural da comarca de Pontevedra e máilo Salnés, Consellería de Medio Ambiente (está solicitada unha entrevista), Alcaldes (xa se tivo unha conversa co alcalde de Meis que ve con bos ollos o proxecto).
“Proxecto Integral dos Montes Veciñais do Castrove-Salnés” Proxecto participativo mediante a : -Posibilidade de subvencións por riba do 75% con cargo ó Proder -ser un proxecto froito da sociedade civil: froito da vontade das comunidades. -estudio dunha forma xurídica que encarreire solventemente a continuidade. -enquisas para coñecer as ideas de tódalas Comunidades e integralas no proxecto común.
“Proxecto Integral dos Montes Veciñais do Castrove-Salnés” Proxecto participativo mediante a : -Criación dunha asesoría externa que poidera se chamar “Amigos do Proxecto Integral dos Montes Veciñais do Castrove-Salnés”, ca vinculación de persoas de recoñecido prestixio(persoas da nosa confianza: técnicos nas diferentes materias (cogumelos, gando, selvicultura, ordenación, temas xurídicos e económicos, ...) profesores de universidade, periodistas, historiadores, escritores, ...
Na actualidade atópanse interesadas en participar no proxecto as seguintes comunidades:
Na actualidade atópanse interesadas en participar no proxecto as seguintes comunidades:
O calendario de actuacións comezará cun inventario e avaliación previa do estado dos montes integrantes: 1- PLANOS DE ORDENACIÓN E DASOMÉTRICOS EXISTENTES 2- SITUACIÓN PRODUCTIVA DAS MATAS FORESTAIS 3- ESTADO SANITARIO DAS MATAS PRODUCTIVAS 4- A PRODUCCIÓN MICOLÓXICA NA ZONA 5- AS NECESIDADES E POTENCIALIDADES SOCIAIS 6- OS POTENCIAIS TURÍSTICOS E A PRODUCCIÓN SECUNDARIA
Despois formularanse propostas SILVÍCOLAS e medidas de actuación concretas para cada monte buscando os medios de financiación necesarios para acometer as diferentes propostas realizadas en cada comunidade implicada