1 / 48

“TSUNAMI EN ASIA”

This presentation explores the origins and effects of tsunamis, focusing on the Asia tsunami disaster. It discusses the reasons behind the high number of victims, preventive measures, and the impact on our consumption and the environment. The presentation also delves into the formation of tsunamis, their consequences, and the importance of education and early warning systems to reduce casualties. Furthermore, it emphasizes the role of natural coastal defenses, such as coral reefs, in mitigating tsunami effects.

albertbell
Download Presentation

“TSUNAMI EN ASIA”

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. “TSUNAMI EN ASIA” Presentación Gonzalo Castro Vila (1º Bach. “A” Nocturno) Coordinadora Carmen Cid Manzano I.E.S. Otero Pedrayo de Ourense

  2. ¿POR QUE SE PRODUCE UN TSUMAMI?

  3. ¿Por que tantas vítimas no tsunami de Asia ? ¿Puideron tomarse medidas para que foran menos? ¿Cales?

  4. ¿PUIDO AFECTAR O NOSO CONSUMO NAS CONSECUENCIAS DEVASTADORAS DO TSUNAMI? O deterioro ambiental na zona ¿afectou ás consecuencias do desastre?

  5. ¿Que é un “Tsunami”? Un tsunami (do xaponés TSU: porto ou baía e NAMI: onda) é unha serie de ondas causadas normalmente pola actividade sísmica no leito mariño ou cerca del.

  6. ¿Como se forma un “tsunami”? Os tsunamis son causados pola “subdución” que é o fenómeno que ocorre cando unha placa tectónica se desliza por debaixo doutra facendo que esta se levante.

  7. Pero amodiño… ¿Subdución? ¿Placas tectónicas?

  8. Para que un terremoto orixine un tsunami debe mover o leito mariño en sentido vertical impulsando así ó océano fóra do seu equilibrio normal. Cando o océano trata de reestablecer o seu equilibrio é cando se xeran as ondas.

  9. As ondas producidas polo vento, veñen e van sen inundar grandes áreas A diferencia doutro tipo de ondas, as ondas dun tsunami non xiran nin rompen. Desprazamento en círculos O tsunami inunda todo o que encontra no seu camiño Desprazamento lineal

  10. A velocidade das ondas pode determinarse pola ecuación:               . Onde h é a profundidade á que se produce o sismo e g a gravidade terrestre (9,8m/s2).

  11. A velocidade disminúe ó chegar á costa, sen embargo, a altura das ondas pode incrementarse ata superar os 30 metros.

  12. Zonas afectadas polo maremoto

  13. A súa intensidade de 8,9º na escala Richter converteo no máis poderoso dos últimos 40 anos. Foi o quinto en magnitude de todos os ocorridos desde o comenzo do século pasado.

  14. Durou tres minutos e liberou unha enerxía de 475 megatones, o equivalente a 23.000 bombas atómicas como a de Hiroshima.

  15. CONSECUENCIAS Diminuíu en 3 microsegundos a lonxitude do día. Desviou a posición media do Polo Norte da Terra uns 2,5 centímetros na dirección 145 graos lonxitude leste. O achatamento da Terra nos polos diminuíu aproximadamente unha parte en 10 mil millóns.

  16. O MÁIS TRÁXICO 300.000 mortos MOITÍSIMOS FERIDOS DEVASTACIÓN, DESTRUCIÓN…

  17. ¿Por que tantas vítimas? • Inadecuada urbanización e turismo. • Falta dunha rede alerta no Índico • Falta de educación cidadá ante este tipo de sucesos. • Destrución das defensas costeiras naturais.

  18. ¿Por que tantas vítimas? • Inadecuada urbanización e turismo

  19. Os habitantes dos países afectados nunca se instalaban na costa, senón no interior. Os hoteis e urbanizacións foron construídos na mesma praia.

  20. ¿Por qué tantas victimas? • Falta dunha rede alerta no Índico.

  21. Moitas vítimas puideronse salvar cunha rede de alerta de maremotos no Índico. Medida sinxela de aplicar e de grande eficacia. Os países ribeiráns do Pacífico, como os EEUU contan con estes sistemas de detección. Os impactos golpean a todos… As vulnerabilidades son moi distintas.

  22. ¿Por qué tantas vítimas? • Falta de educación cidadá ante este tipo de sucesos.

  23. O caso de Tilly Smith, unha nena británica de 10 anos "¡VEN UNHA ONDA XIGANTE!" Uns minutos antes de que a grande onda destrutora fora visible desde a costa, a auga retrocedeu afastándose da praia. Moitos o viron, pero só Tilly soubo interpretalo. Era o sinal de que se aveciñaba un tsunami.Estudárao na escola unhas semanas antes. - "¡Vén unha onda xigante!", gritou. Ninguén sabe por que os turistas fixeron caso da alarma dunha nena, pero esa credulidade salvoulles a vida, porque lles deu tempo de saír correndo antes de que o tsunami fora visible, e a súa praia foi unha das poucas da illa de Phuket que non rexistraron mortos.

  24. Necesidade dun coñecemento básico da física dun tsunami. Poucos minutos antes de que un tsunami choque contra a costa, a auga retirarase e poderá verse o fondo mariño. Polo xeral, a primeira onda non é a máis grande e o perigo dun tsunami pode durar moitas horas despois da primeira onda.

  25. Colocación de paneis informativos nas praias

  26. ¿Por que tantas vítimas? • Destrucción das defensas costeiras naturais: - Morte dos arrecifes de coral polo cambio climático.

  27. Distribución xeográfica dos arrecifes de coral

  28. O 70% dos arrecifes coralinos do planeta foron destruídos ou atópanse ameazados e cerca do 20% están tan danados que xa non poden ser recuperados. WWF (2004): O Estado dos Arrecifes Coralinos do Mundo. 0 cambio climático, a contaminación por escorrentía e os métodos de pesca destrutivos constitúen as principais ameazas ós arrecifes.

  29. Nos últimos tempos, pola acción da humanidade, aumentaron a emisión e concentración dos gases invernadoiro que existían de forma natural na atmosfera.

  30. Dióxido de carbono (CO2)

  31. ¿QUE  PODEMOS  FACER A NIVEL INDIVIDUAL PARA DIMINUÍR OS GASES DE EFECTO INVERNADOIRO? • Non malgastar a enerxía eléctrica • Uso do transporte público • Uso de materiais ecolóxicos • Uso razoable dos produtos non renovables • Eliminación de produtos que contribúen ó aumento do efecto invernadoiro, tales como os aerosoles que conteñen CFCs.

  32. ¿Por que tantas vítimas? • Destrucción das defensas costeiras naturais: - Tala dos manglares.

  33. Distribución xeográficas dos manglares

  34. Situación dos manglares na zona afectada polo tsunami

  35. IMPORTANCIA DOS MANGLARES • Son os ecosistemas naturais de maior produtividade debido á súa alta produción de materia orgánica. • Presentan unha enorme biodiversidade: aves, peixes, mariscos e outros organismos mariños. • Protexen a costa contra a erosión, as marexadas, tormentas e furacáns.

  36. Funcionan como “pulmóns’ do medioambiente porque producen osíxeno e consumen dióxido de carbono do aire. • Son usados para actividades turísticas. Manglares en Bangladesh • O manglar é o referente social, cultural e fonte de sustento diario das comunidades locais

  37. DESTRUCIÓN DOS MANGLARES As razóns son varias, pero na súa maioría relaciónanse con actividades empresariais a grande escala como: • cultivo do arroz • industria turística • extracción petroleira e de gas • explotación mineira • extracción para empresas madereiras e papeleiras • construción de estradas e urbanizacións • PERO SOBRE TODO POLA INDUSTRIA DO CAMARÓN

  38. Distribución xeográficas dos manglares e da acuicultura do camarón

  39. A INDUSTRIA DO CAMARÓN CULPABLE DA DESTRUCIÓN DOS MANGLARES A industria do camarón instálase na zona de manglares, precisamente porque alí desenvólvense naturalmente os camaróns. Prodúcese unha tala masiva, co fin de establecer unha cría de lagostinos a grande escala, establecendo enormes "piscinas", onde "sementan" os camaróns ós que alimentan artificialmente.

  40. Tratase dun monocultivo industrial de baixa tecnoloxía, propenso a todos os problemas que afectan ós monocultivos, en particular ás enfermidades. Cando estas aparecen, combátenas con antibióticos ata que a operación sexa financeiramente viable e logo a empresa retírase da zona e busca unha nova área de manglar para volver a repetir o mesmo proceso.

  41. A Unión Europea é o primeiro importador mundial de lagostinos, e España lidera a clasificación continental cunhas 127.000 toneladas/ano.

  42. A demanda de camaróns baratos dos países ricos do Norte alenta a expansión desta actividade destrutiva. Como resultado, os manglares que sustentan a comunidades locais pobres do Sur, son destruídos para alimentar a quen xa están ben alimentados e para aumentar rendibilidade de ricos produtores de camaróns e empresas multinacionais.

  43. A Terra é “unha aldea global” na que calquera acción individual ou colectiva pode ter efecto a centos de quilómetros e onde non ten sentido o concepto de fronteiras políticas.

  44. NON ó consumo de camarón producido en catividade nos países tropicais.

  45. DESTRUCIÓN DAS BARREIRAS NATURAIS DOS TSUNAMIS

More Related