10 likes | 137 Views
Mércores 6 marzo 2013, 19h00 Conferencia de MERCEDES ROZAS. A muller e a arte da resistencia.
E N D
Mércores 6 marzo 2013, 19h00Conferencia de MERCEDES ROZAS A muller e a arte da resistencia Para contribuír á conmemoración do Día da Muller, o Museo do Pobo Galego vén organizando desde o ano 2011 unha conferencia a cargo dunha profesional das ciencias sociais. Nesta ocasión, mércores 6 de marzo, ás 19 horas, será a patroa Mercedes Rozas Caeiro quen pronunciará a conferencia. Durante séculos muller e arte consideráronse categorías excluíntes. Aínda que os motivos de exclusión foron cambiando ao longo do tempo, moitos dos parámetros mantivéronse inamovibles, apostados en arcaicos e dominantes signos de tradición patriarcal, así como en visións intencionadas que asociaron feminidade, sensibilidade ou delicadeza con debilidade, e que son as mesmas que, en cambio, afiliaron sen rubor sempre a xenialidade só a artistas varóns. No mundo da arte, como en calquera outro ámbito, a muller nunca o tivo doado. Grazas á historiografía moderna hoxe sabemos de creadoras que no seu día nin sequera puideron asinar as súas obras, mantendo con empeño, nun contexto social e familiar adverso, unha arte da resistencia. Mentres coñecemos a súa traxectoria profesional e persoal, as súas creacións recuperan por dereito propio o seu lugar na historia da arte. Lolita Díaz Baliño Mercedes Rozas Caeiro é licenciada en Xeografía e Historia pola USC, na especialidade de Historia da Arte Moderna e Contemporánea. Membro do Padroado do Museo do Pobo Galego. Desde os anos ointenta desempeña o seu traballo entre o ámbito do comisariado expositivo e a crítica de arte, colaborando con distintas institucións e en diferentes medios de comunicación e revistas especializadas. Actualmente é crítica de arte do xornal La Voz de Galicia. San Domingos de Bonaval ▪ 15703 Santiago de Compostela 981 583 620 info@museodopobo.com