40 likes | 187 Views
VOLCO DO TRACTOR Datos legais. Seguinte. Cando un tractor volca pódese producir un atrapamento ou esmagamento que se pode previr cun equipamento adecuado: .-FOPS-ROPS (cabina, pórtico ou bastidor). .-Cinto de seguridade. Con relación ás ROPS Para os traballadores por conta allea:
E N D
VOLCO DO TRACTOR Datos legais Seguinte Cando un tractor volca pódese producir un atrapamento ou esmagamento que se pode previr cun equipamento adecuado: .-FOPS-ROPS (cabina, pórtico ou bastidor). .-Cinto de seguridade. Con relación ás ROPS Para os traballadores por conta allea: O Real Decreto 1215/1997 de 18 de xullo establece: “d)nos equipos de traballo móbiles con traballadores transportados deberase limitar, nas condicións efectivas de uso, os riscos provocados por unha inclinación ou por un volco do equipo de traballo, mediante calquera das seguintes medidas: 1ª.- Unha estructura de protección que impida que o equipo de traballo se incline máis dun cuarto de volta. 2ª.- Unha estructura que garanta un espazo suficiente arredor do traballador ou traballadores transportados cando o equipo poida inclinarse máis dun cuarto de volta. 3ª.- Calquera outro dispositivo de alcance equivalente. Estas estructuras de protección poderán formar parte inherente do equipo de traballo. Non se requerirán estas estructuras de protección cando o equipo de traballo se atope estabilizado durante o seu emprego ou cando o deseño faga imposible a inclinación ou o volco do equipo de traballo.”
VOLCO DO TRACTOR Datos legais Anterior Seguinte Para os traballadores por conta propia: A normativa laboral non é a que marca a esixencia ou ausencia de esixencia de disposición de estructuras de protección contra o volco (ROPS). Esta esixencia derívase da normativa reguladora dos diversos dispositivos de seguridade dos tractores agrícolas (normativa “industrial”), que é bastante complexa. No caso de tractores agrícolas ou forestais de rodas, non é de aplicación o R.D. 1644/2008 do 10 de outubro pero si a directiva 2003/37/CE. En España, a obrigatoriedade de equipa-los tractores agrícolas cunha estructura de protección foi progresiva segundo o tipo de tractor do que se tratase: comenzaron en 1980 e estendéronse á gran maioría dos tractores agrícolas de rodas en 1993. Con relación ó cinto de seguridade Para os traballadores por conta allea: O Real Decreto 1215/1997 de 18 de xullo establece: “Cando en caso de inclinación ou de volco exista para un traballador transportado risco de esmagamento entre partes do equipo de traballo e o chan, deberá instalarse un sistema de retención do traballador ou traballadores transportados.”
VOLCO DO TRACTOR Datos legais Anterior Seguinte Para os traballadores por conta propia: Para traballadores autónomos non hai ningunha esixencia en canto a este efecto. Pero hai que facer notar que: A MAIORÍA DOS TRACTORES AGRÍCOLAS DE RODAS QUE SE COMERCIALIZAN NON DISPOÑEN DE CINTO DE SEGURIDADE. Os tractores que se comercializan actualmente xa inclúen, salvo excepcións, as estructuras de protección para garantir un espacio para o conductor en caso de volco. O problema reside nos tractores vellos. Os principais elementos de seguridade esixidos polo R.D. 1215/1997 que non figuran na homologación de tipo son: .-Sistema de retención se hai risco de volco e aplastamento (cinto de seguridade). .-Estructura de protección contra o volco para os tractores de menos de 600 Kg. de masa. ¿Que pasa coas excepcións?. Existen tres posibilidades: .Achatarrar .Elimina-lo risco: non aplicable en xeral. .Poñelas en conformidade co R.D. 1215/1997: A viabilidade ou non dependerá da antigüidade, tipo de máquina... O tractor deberase equipar con estruturas homologadas.
VOLCO DO TRACTOR Medidas Preventivas Anterior • Dispoñer de cabina, bastidor ou pórtico antivolco, e de cinto de seguridade(se non se dispón del, agarrarse fortemente ó volante en caso de volco: NUNCA SALTAR. • Non levar ferramentas ou obxectos soltos no tractor. • O tractorista deberá posui-los coñecementos e ter a experiencia suficientes e adecuados. NINGUÉN o acompañará sobre o vehículo en lugares non habilitados para tal tarefa. • Mantemento do tractor e sometelo á ITV. • Empregar apeiros acordes co tractor, e usar contrapesos en caso necesario. • Formación do tractorista:non apurar demasiado as labores en zonas de risco, uso sincronizado de ámbolos dous freos durante a circulación, punto de enganche do remolque o máis baixo posible...