260 likes | 511 Views
Salgueiro (Salix cinerea) sauce willow saule salgueiro. CLASE Anxiospermas ORDE Salicales FAMILIA Salicáceas. Arbusto ou árbore que pode acadar 10 m de altura, de copa redondeada e pouco mesta.
E N D
Salgueiro (Salix cinerea) sauce willow saule salgueiro
CLASE Anxiospermas ORDE Salicales FAMILIA Salicáceas
Arbusto ou árbore que pode acadar 10 m de altura, de copa redondeada e pouco mesta. É orixinaria de Europa e atópase por toda Galicia en ribeiras de cursos de auga, prados húmidos, sebes ou bosques. É o máis abondoso dos salgueiros.
TALO O toro é dereito e robusto e a tona de cor parda-gris.
FOLLAS Caedizas, simples, alternas, co limbo de forma oval a lanceolada coa beira finamente dentada, de 1-2 cm de ancho e ata 10 cm de lonxitude, cun peciolo curto. As follas novas están densamente cubertas de pelo, despois son escuras polo dereito e verde-azuladas polo revés, con pelos escuros nos nervos.
Amentos femininos, agrupacións de flores formadas por un único ovario cun estilo curto.. Amentos masculinos agrupacións de flores núas formadas por 2 estames de cor amarela. FLORES: Son unisexuais, agrupadas en amentos, e aparecen en distintos pés. Florece de xaneiro a abril.
FROITOS Son agrupacións (espigas) de cápsulas nas que se atopan as sementes diminutas rodeadas de peliños brancos que serven para que o vento as disperse.
Os salgueiros son árbores ou arbustos moi comúns, dos que se coñecen moitas especies e variedades, espontáneos ou cultivados, e hibridacións entre eles, algunhas presentes en todo o territorio e outras localizadas e zonas limitadas, aos que hai que engadir as variedades de adorno. En Galicia coñécense nove especies autóctonas, unha naturalizada (Salix viminalis) e dúas ornamentais (Salix babylonica e S. matsudana). Salgueiro chorón (S. babylonica)
SALGUEIRO BRANCO, VIMIEIRO, VIMBIEIRO (Salix alba). Pode acadar 25 m de altura, coa copa irregular. É orixinaria do norte de Europa e oeste de Asia.
VIMBIEIRO (Salix alba, variedade vitellina) Caracterízase polas ponlas de cor amarela-laranxa. Emprégase para aproveitar os vimbios para atar e para facer cestos.
SALGUEIRO IRTO (Salix fragilis) Pode acadar os 15 m de altura. Florece entre marzo e maio. É orixinaria de Europa e oeste de Asia. Atópase en toda Galicia, pero é máis común no litoral e zonas medias. Hibrida facilmente co Salix alba.
VIMIEIRO, VIMBIEIRO (Salix viminalis) Arbusto ou pequena árbore de ata 10 m de altura coa copa baixa e redondeada . É orixinaria de Europa Central. Atópase por toda Galicia cultivado e naturalizado para aproveitarlle as ponlas novas (vimbias) como material de cestería e para atar viñas.
SALGUEIRO CABUXO (Salix caprea) Pode acadar 11 m de altura. As follas son ovais ou elípticas, de 5-10 cm de lonxitude por 3-6 cm de ancho. Atópase nas montañas orientais de Lugo e Ourense.
SALGUEIRO NODOSO (Salix salvifolia) Arbusto ou pequena árbore de ata 6 m de altura coa copa de forma irregular. As follas teñen o peciolo moi curto, forma lanceolada a linear e teñen pelos polo dereito e polo revés.
SALGUEIRO DE FOLLAS DE AMENDOEIRA (Salix triandra). Pequena árbore na que destacan as estípulas grandes e persistentes das follas. Localízase na desembocadura do Miño, en Cabeza de Manzaneda e nas marxes do río Loúzara (O Courel).
SALGUEIRO ANANO (Salix repens) Arbusto rastreiro que se atopa en lugares húmidos e areosos.
Os salgueiros desempeñan un papel moi importante como fixadores das ribeiras dos ríos e regatos e son moi útiles para a recuperación de terreos de ribeiras.
USOS A madeira dos salgueiros é lixeira e emprégase para facer mangos de ferramentas, zocas, palillos, mistos... A tona empregábase en curtiduría, para extraer tintes e salicinina (un composto que forma parte da aspirina) e foi utilizada en medicina para combater a febre e as afeccións reumáticas. As ponlas dos vimbieiros (vimbios) empréganse para facer cestas, canizos, aros, e para atar as viñas...
ESCOLMA LITERARIA ¡Está na lama o salgueiro e medra no salgueiral! ¡Fachenda e flor do lameiro! ¡Corpo despido e xuncal! Dendes do pé deica o cimo: ¡que prodixio de feitura! ¡Os ventos danlle agarimo! ¡E danlle as aves tenrura! Manuel María “Terra Chá”. REFRÁN Se queres ter bo banastro, corta as vides no marzo. CANTIGA POPULAR Salgueiro prende de ponla, ameneiro de raíz, amores que foron doutra non servides para min. MONTAXE: Adela Leiro FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta, Internet