590 likes | 883 Views
A ARTE DO SÉCULO XIX. O NEOCLASICISMO O ROMANTICISMO O REALISMO O IMPRESIONISMO O MODERNISMO. NEOCLASICISMO. A expansión das ideas ilustradas, a Revolución Francesa e o descubrimento de restos arqueolóxicos da antigüidade explican o nacemento do Neoclasicismo.
E N D
O NEOCLASICISMO • O ROMANTICISMO • O REALISMO • O IMPRESIONISMO • O MODERNISMO
NEOCLASICISMO A expansión das ideas ilustradas, a Revolución Francesa e o descubrimento de restos arqueolóxicos da antigüidade explican o nacemento do Neoclasicismo. Os artistas buscan a beleza pola pureza das liñas e non pola ornamentación e o luxo. A arquitectura inspirouse nos modelos gregos: orde dórica, columnas e frontóns; arcos e cúpulas romanas para crear grandes espazos. A escultura realizada en mármore imita a estatuaria grega e romana, pero resulta excesivamente fría e convencional. Destaca Canova e Thorvaldsen. En pintura, destaca a temática histórica de Jacques-Louis David.
Paulina Bonaparte, obra de Canova Gamínedes e a aguia, de Thorvaledsen
ROMANTICISMO Nova estética e novos valores, como a liberdade, a exaltación do individualismo e a defensa dos sentimentos. Todo iso se traduciu nunha busca do pasado, no pracer de gozar da natureza e o gusto polo exotismo e o descoñecido. Os románticos rexeitaban as regras e as normas da arte clásica vixentes no século XVIII. No canto dos modelos clásicos, reivindicaron como modelo a Idade Media. O romanticismo foi sobre todo un movemento pictórico, literario e musical. As características da pintura: -Movemento fronte ó inmobilismo clásico. -Cores brillantes para encher os cadros de luz. -Paisaxe. Destacan Eugéne Delacroix, Géricault, Caspar David Friedrich, John Constable e Joseph W. Turner.
O REALISMO Fronte ao idealismo, simbolismo e o subxectivismo dos románticos, os realistas interesáronse por coñecer a realidade concreta da súa época e describila. Na pintura, a diferenza co romanticismo reside na temática, pois agora píntase a vida cotiá, os problemas sociais da industrialización e os desencantos polos fracasos revolucionarios. Os artistas máis importantes foron Millet que pinta aos labregos, Courbet que facía retratos colectivos, Daumier, pintor de gran contido social. Ademais, na vila de Barbizón, xuntáronse varios pintores que tiñan gran interese por plasmar a realidade, como Camille Corot, e Théodore Rousseau. Carpeux destaca como escultor realista, e a arquitectura do aceiro e do cemento imponse na segunda metade do XIX, onde destaca Gustave Eiffel e os membros da Escola de Chicago.
O IMPRESIONISMO Corrente artística, especialmente pictórica, de finais do século XIX. O seu principio fundamental era que o artista debe pintar o que ve, pero de maneira en que o ve. Os artistas intentan plasmar a sensación, a “impresión” do observado, segundo a luz, a cor e a atmosfera de cada momento. Para iso pintaban con paletadas soltas e rápidas, manchas de cor que nos amosan a visión que o autor tivera da escena. Ao aparecer a fotografía, a reprodución exacta da realidade xa non era importante. Os principais impresionistas foron: Eduard Manet, Claude Monet, Auguste Renoir, Edgar Degas, Camille Pissarro e Alfred Sisley. Como mestres postimpresionistas destacan: Touluse-Lautrec, Vicent Van Gogh, Paul Cèzanne, e Paul Gauguin. En España destacou Joaquín Sorolla.
O MODERNISMO Tamén chamado Art Nouveau. A súa estética inspírase na natureza, da que pretende copiar as súas formas. Dominan, logo, nos edificios, as formas curvas e unha decoración exuberante. O modernismo desenvolveuse sobre todo en tres cidades: Bruxelas, Viena e Barcelona. Nesta última cidade destaca o traballo de Gaudí. Gaudí viuse favorecido polo mecenado da familia Güell, para os que constrúe o Palau Güell e o Parc Güell. As súas casas como a casa Milá e a casa Batlló son as obras máis fantasiosas e arriscadas. A súa obra magna, aínda non rematada e a Sagrada Familia.