250 likes | 441 Views
O PERÍODO DE ENTREGUERRAS (1919-1939). 1 . A REVOLUCIÓN RUSA E A CONSTRUCIÓN DA URSS. 2 . O CRAC DO 29 E O NEW DEAL. 3 . O FASCISMO ITALIANO. 4 . O NAZISMO ALEMÁN. 1. A REVOLUCIÓN RUSA. 1.1 Os grupos de oposición 1.2 A Revolución de 1905 1.3 A Revolución de 1917
E N D
1. A REVOLUCIÓN RUSA E A CONSTRUCIÓN DA URSS. 2. O CRAC DO 29 E O NEW DEAL. 3. O FASCISMO ITALIANO. 4. O NAZISMO ALEMÁN.
1. A REVOLUCIÓN RUSA 1.1 Os grupos de oposición 1.2 A Revolución de 1905 1.3 A Revolución de 1917 a. Revolución de febreiro b. Revolución de outubro 1.4 Guerra civil e a creación da U.R.S.S.
1.1 Os grupos de oposición ao tsarismo • Partido KADET (Partido Constitucional Democrático), integrado pola burguesía liberal que lle pedía ao Tsar unha Constitución, un Parlamento ou Duma, etc. • Partido Socialdemócrata, creado en 1898 e formado polo proletariado urbano. En 1903 divídense en: • menxeviques, (minoritarios) querían primeiro unha revolución burguesa, e posteriormente proletaria. • bolxeviques, (maioritarios) querían unha revolución proletaria co apoio do campesiñado, sen pasar pola revolución burguesa. • Partido ESERITA (PSR: Partido Socialista Revolucionario), integrado por campesiños; querían unha revolución campesiña para impoñer unha propiedade colectiva das terras e o reparto destas entre os campesiños.
1.2 A Revolución de 1905 • Causada pola guerra ruso-xaponesa (1904-1905). A derrota fronte ao Xapón supuxo un desastre. A guerra provocou carestía e fame. • Unha protesta espontánea da poboación fronte ao Palacio de Inverno en San Petersburgo provocou o chamado Domingo Sanguento (xaneiro 1905). • As folgas xeralizáronse como método de protesta. Formáronse os primeiros SOVIETS (comités de traballadores) en San Petersburgo e logo en Moscova. • O Tsar (Nicolás II) tivo que ceder: legalizou os soviets e no Manifesto de Outubro permitiu a formación dunha Asemblea ou Duma, e concedeu certas liberdades. • En 1906 , coa chegada dos exércitos a Rusia , o Tsar anula os manifestos anteriores e recorta as liberdades concedidas.
1.3 A Revolución de 1917a. Revolución de febreiro • Causas: fracaso das ofensivas rusas na Primeira Guerra Mundial; cansanzo, fame, mortalidade, descenso da produción agrícola pola mobilización dos campesiños, etc. • As protestas levaron a revoltas que culminaron coa Revolución de febreiro, derrocando ao tsar e impoñendo un goberno provisional liberal, dirixido polo príncipe Lvov e os Kadets de Kerenski. Rusia convértese nunha República parlamentaria. • O goberno provisional recibiu o apoio dos principais soviets de obreiros, campesiños e soldados. • Os bolxeviques opuxéronse a este goberno, e o seu líder, Lenin, expuxo as Teses de Abril: - firma inmediata da paz. - nacionalización da terra, a banca e as fábricas. - todo o poder para os soviets. • En xuño sube ao poder Kerenski e os principais líderes bolxeviques son detidos.
b. Revolución de outubro • O 9 de outubro, Lenin regresa do exilio, e reúnese en Petrogrado co Comité Central do Partido Bolxevique (Troski, Stalin, Kamenev e Zinoviev) para organizar a Revolución. • O 25 de Outubro, Troski, encabezando o exército vermello toman os puntos estratéxicos de Petrogrado. Kerenski logra fuxir. • O día 26 de Outubro, no II Congreso Panruso dos Soviets apróbanse os primeiros decretos do goberno de Lenin: -Decreto sobre a Paz: saír da 1ª Guerra Mundial e asinar a paz con Alemaña. -Decreto sobre a terra: expropiación de terras e reparto entre os campesiños. -Novo goberno: o executivo pasa aos Comisarios do Pobo.
1.4 Guerra civil e a creación da URSS • Os bolxeviques aproban novos decretos: recoñecemento das nacionalidades da nova Rusia, nacionalización da Banca, creación da Cheka (policía política), propiedade das fábricas pasa a mans dos comités obreiros, eleccións dos membros da Asemblea Constituínte. • Os bolxeviques non foron o partido máis votado, polo que Lenin disolve a Asemblea. • Firma da Paz de Brest-Litovsk entre Rusia e Alemaña. • No III Congreso Panruso dos Soviets, Rusia declárase como unha República dos Soviets. • Os seguidores tsaristas, liberais de Kerenski forman en 1918 o exército branco, que co apoio de Francia e Gran Bretaña loitara ata 1921 co exército vermello. Durante este período xurdiu o comunismo de guerra: pretende rematar coa propiedade privada , confiscando terras , nacionalizando as empresas e requisando os bens do país para o exercito vermello. Isto levou á ruína ao país.
Despois da guerra civil, o país estaba esnaquizado. Lenin tivo que substituír o comunismo de guerra pola NEP (nova política económica), que permitiu a propiedade privada nas pequenas e medianas empresas e tamén no campo, para fomentar a produción. • En 1922 creouse a URSS. Estaba gobernada por un Parlamento (Soviet Supremo), e por un único partido, o PCUS. • En 1924 morre Lenin, e dous bandos loitan polo poder: - os troskistas, querían exportar a revolución a outros países. - stalinistas, partidarios do socialismo nun só país. • Stalin faise co poder e Troski ten que exiliarse. • Stalin baseouse nos plans quinquenais, destacando a eliminación do sector privado, a colectivización do campo (koljoses e sovjoses), priorizouse a industria pesada e de bens de equipo. • Instituíuse unha economía dirixida polo Estado. • Para asentar a Revolución, Stalin exerceu unha ditadura e exerceu unha forte represión a calquera sospeitoso de ser inimigo do socialismo. Nas súas famosas purgas depuráronse aos disidentes, e moitos foron executados.
2. O CRAC DO 29 E O NEW DEAL 2.1 Os felices anos vinte nos EEUU 2.2 A crise de superprodución 2.3 Do crac bursátil á Gran Depresión 2.4 A loita contra a crise: o “New Deal”
2.1 Os felices anos vinte nos EEUU Trala guerra, os EEUU convértese na primeira potencia económica mundial. Europa quedou arruinada, perde a hexemonía e EEUU pasa a ser o principal acredor. A guerra non supuxo unha experiencia de dor e destrución como en Europa. EEUU e tamén o Xapón ocupan o baleiro deixado por Europa nos mercados de Iberoamérica e Extremo Oriente. Para axudar á economía alemá, e que esta cumprise os pagos sinalados no Tratado de Versalles, os EEUU lan- zaron un programa de axuda econó- mica (plan Dowes). Nos EEUU viviuse unha década de prosperidade, de consolidación do “modo de vida americano” baseado no consumismo. Eran os felices ou loucos anos vinte…
2. 2 A crise de superprodución Grazas á transformación no proceso de produción, o aumento dos salarios obreiros, as campañas publicitarias, a compra a prazos e os préstamos bancarios, xurdiu o consumo de masas. Isto reflíctese no auxe da Bolsa, que levou a unha gran burbulla especulativa (aumento do valor das accións pola crecente demanda e non polo aumento dos beneficios das industrias). Moitos especuladores pedían créditos para comprar accións e vendelas pouco despois. Os campesiños, que durante guerra se endebedaran para vender produtos agrarios a Europa, viron diminuír as exportacións, e producíronse stocks, provocando a baixada dos prezos, e os campesiños non puideron devolver os préstamos. Na industria aconteceu o mesmo. A acumulación de stocks fixo baixar os prezos e moitas em- presar pecharon. O paro obreiro provocou a baixada do consumo…
2.3 Do crac bursátil á Gran Depresión O 24 de outubro (xoves negro) saíron á venda millóns de accións. A grande oferta das mesmas fixo que o seu valor caese en picado. Prodúcese logo unha creba (crac) bolsista. Para entender o que pasou: A xente pedía préstamos Os bancos quedan Os beneficios das empresas aos bancos para mercar sen diñeiro para son investidos en comprar accións prestar a empresas accións produtivas Aumenta o paro Os bancos obrigan Os aforradores ao ir diminúe o consumo a devolver os prétamos ó banco a recuperar provoca peche de e moitas empresas e diñeiro non poden empresas e máis mesmo bancos pechan paro Estados Unidos, que era o banqueiro do mundo, arruinado, deixa de prestar cartos. O resto de de países (Gran Bretaña, Francia, Alemaña, Italia, Xapón... sofren a crise (excepto a URSS, por ser un país comunista)
2.4 A loita contra a crise: o “New Deal” • Os países adoitan unha política proteccionista, freando o comercio internacional. • Impóñense as posturas egoístas dos Estados. • En 1932, Franklin Delano Roosevelt, presidente dos EEUU impón un programa económico chamado New Deal (Nova repartición): • Axudas ás empresas en dificultades. • Creación de empresas públicas. • Deter a baixada dos prezos dos produtos agrícolas. • Control sobre os bancos, obrigándoos a facilitar • empréstitos con xuros baixos. • Plan de obras públicas para deter o paro, • aumento dos salarios para incrementar o • consumo. • Relanzamento da economía estadounidense.
3. O FASCISMO ITALIANO 3. 1 Características comúns dos totalitarismos de dereitas 3. 2 O ascenso do fascismo 3. 3 A ditadura fascista
3.1 Características comúns dos totalitarismos de dereitas • Elevación do líder ó que se obedece cegamente: Duce en Italia, Fhürer en Alemaña. • Nacionalismo radical, agresivo, expansionista e militarista (teoría do espazo vital alemán). Emprego de mitos para exaltar a patria (Imperio romano e superioridade da raza aria). • Defensa dun Estado todopoderoso, por riba dos individuos. • Existencia dun partido único. • Fanatismo, dogmatismo (posesión da verdade) e irracionalismo. • Anticomunismo violento. • Existencia de agrupacións paramilitares uniformadas (Fascios de Combate italianos, Seccións de Asalto alemás) que se enfrontan aos opositores na rúa. • Xenofobia e racismo, en contra de individuos considerados inferiores: xudeus, xitanos, homosexuais, deficientes… • Antifeminismo: a muller alemá ten que se limitar ás tres K • (Kinder, Küche e Kirche nenos, cociña e igrexa). Supe- • rioridade do home sobre a muller, do militar sobre o civil • e do membro do partido sobre o que non o é. • j) Oposición á orde internacional.
3.2 O ascenso do fascismo A Italia da posguerra vivía unha situación de crise: -a guerra deixara graves secuelas humanas e económicas. -os acordos de paz foron decepcionantes: se ben recuperaron o Trentino, Trieste e Istria non o fixeron con Fiume e Dalmacia. -o irredentismo foise estendendo entre moitos italianos. -inestabilidade política. -tensión social que se pensaba podía derivar nunha revolución social á maneira da URSS. En 1919 aparece a figura de Benito Mussolini que crea os Fasci de combate, agrupación paramilitar chamada tamén os camisas negras. Grupo formado por excombatentes que pretendían frear o auxe do movemento obreiro, atacando na rúa aos seus líderes.
1921 creación do Partido Nacional Fascista, apoiado polos grandes terratenentes, amplos sectores da burguesía, a Igrexa católica, militares descontentos e ata o mesmo monarca. Pretendían así frear os movementos revolucionarios en Italia. Nas eleccións de 1922, o Partido Fascista conseguiu uns paupérrimos resultados. Pero Mussolini con 300 mil camisas negras tras esmagar unha folga anarquista e socialista organizou unha Marcha sobre Roma, onde o monarca Víctor Manuel III nomeouno xefe de goberno.
3.3 A ditadura fascista Mussolini perseguiu aos seus adversarios políticos (comunistas, socialistas e democratacristiáns) e restrinxiu as liberdades. En 1924 impón un réxime autoritario. Mussolini adquire plenos poderes e faise chamar Duce. Os partidos políticos prohibíronse, o Parlamento foi substituído por unha Cámara dos Fasci. As folgas foron prohibidas e os sindicatos substituídos por un sistema de corporacións por oficios, que abranguían a representantes dos obreiros, dos patróns e do Estado. En política económica buscouse a autarquía. En política exterior, mediante o expansionismo, tratouse de recuperar a antiga gloria do Imperio Romano, intentando a conquista doutros territorios, como Etiopía en 1935 e Albania en 1939.
4. O NAZISMO ALEMÁN 4.1 A fráxil República de Weimar e o ascenso do nazismo. 4.2 Hitler e o nazismo no poder. 4.3 A ditadura nazi.
4.1 A fráxil República de Weimar e o ascenso do nazismo. En 1918 eliminouse en Alemaña o II Reich, sendo substituído pola República de Weimar, sendo esta democrática, federal e presidencialista. Causas que botaron abaixo este réxime: -as humillantes cláusulas do Tratado de Versalles. -a ruína económica sume a Alemaña nunha terrible inflación, miseria e paro. -movementos revolucionarios de esquerdas (movemento espartaquista) -para facerlle fronte, aparecen grupos armados de extrema dereita, como foi o Partido Obreiro Alemán (DAP). En 1920, un cabo da I Guerra Mundial, Adolf Hitler ingresa no DAP e en 1921 funda o NSDAP (Partido NacionalSocialista dos Traballadores de Alemaña), e é elixido como Fhürer. En 1923 intenta un golpe de Estado (putsch da cervexería en Múnic). Fracasa e é encarcerado. Será no cárcere onde escribe Mein Kampf (A miña loita), que é un catecismo do nazismo (desprezo pola democracia, odio ao bolxevismo, antisemitismo, superioridade da raza aria, teoría do espazo vital).
4.2 Hitler e o nazismo no poder Hitler usaba a demagoxia para gañar adeptos, arremetendo contra xudeus, comunistas e demócratas, causantes dos males de Alemaña, segundo el. A crise económica de 1929 relanzaron de novo o Partido Nazi e nas eleccións de 1932 conseguen o 43% dos votos. En 1933 o presidente Hindenburg nomea a Hitler chanceler. Tralo incendio do Reichstag (Parlamento) de 1933, Hitler suspende a Constitución, prohibe os partidos políticos e os sindicatos e impón como único partido o Partido Nazi. En 1934 na Noite dos Coitelos Longos, Hitler eliminou a toda a cúpula das Seccións de Asalto (SA) e disolveunas, axudándose das Seccións de defensa do Fhürer (SS). Trala morte de Hindenburg, asumirá plenos poderes (1934) En 1938 na Noite dos Cristais Rotos, os nazis realizaron un progromo antixudeu, onde as SS detiveron a miles de xudeus e destruíron os seus comercios.
4.3 A ditadura nazi O Estado alemán converteuse nun Estado policíaco (corpos policíacos como as SS e a GESTAPO) que perseguía calquera conato de oposición. Mantemento da pureza racialimplicou a persecución dos xudeus. No ano 1935 ditáronse as leis de Nuremberg, que impedían os matrimonios mixtos e excluían aos xudeus da cidadanía alemá. En 1938 foron obrigados a levar o distintivo. Creáronse campos de concentración. Dende un punto de vista económico, o III Reich propuxo un relanzamento para enfrontarse nunha guerra a Francia e Gran Bretaña. A política económica nazi respondía aos proxectos militaristas e expansionistas de Hitler. O Estado nazi buscaba conseguir a autarquía económica. Priorizouse a industria pesada, sobre todo a de armamento. Para frear o paro, impulsáronse as obras públicas. Hitler iniciou tamén unha política militarista: creou un novo exército, a Wehrmacht, e unha aviación moderna, a Lufwaffe. Hitler sentiuse preparado para construír un grande imperio e conquistar o “espazo vital” ao leste de Europa. O camiño cara a II Guerra Mundial estaba preparado.