200 likes | 339 Views
Grupo Local A Coruña. O sistema financeiro. -A actividade económica non é neutral: o intercambio de cartos por bens, préstamos e hipotecas, seguros... exclúe sistematicamente a moita xente da sociedade.
E N D
O sistema financeiro • -A actividade económica non é neutral: o intercambio de cartos por bens, préstamos e hipotecas, seguros... exclúe sistematicamente a moita xente da sociedade. • - O sistema financeiro tradicional réxese de modo case exclusivo por criterios de beneficios e tamaño, contribuíndo a incrementar as diferenzas de renda e riqueza, a fomentar o consumo irresponsable, e consolidar a exclusión social dos sectores máis desfavorecidos.
Que financian os nosos aforros? • Cando pos os teus cartos nun banco tradicional, sen ti sabelo estás apoiando e permitindo: • - a especulación; • - o tráfico de armas e as guerras; • - a escravitude infantil; • - a trata de brancas; • - a prostitución infantil; • - a desertización e destrucción do espazo natural.
Outra economía é posible. • - Existen diversas aplicacións da economía á marxe do funcionamento ao que estamos afeitos na sociedade actual: • Troco, cooperativas de consumo, comercio xusto, bancos de tempo, banca ética... son outros medios de relacionarse económica e socialmente coa xente do noso entorno. • - A Banca Ética nace como unha ferramenta para satisfacer as necesidades das persoas, colectivos e movementos sociais que conciben a Economía ao servizo da transformación social.
Qué é a banca ética? Principios • A Banca Ética baséase na economía solidaria e estes son os seus principios: • Equidade- Asistindo a iniciativas de inclusión de todas as persoas sen distinción de xénero, raza, nacionalidade... • Emprego- Potenciando proxectos de autonomía persoal que impulsen a creación de postos de traballo. • Medio Ambiente- Primando proxectos de sustentabilidade que impliquen a recuperación dos distintos ecosistemas. • Cooperación- Impulsando accións de reconstrución do tecido social e cultural que favorezan modos de vida harmónicos- • Sen ánimo de lucro- Concebindo a riqueza ao servizo da Comunidade
Qué é a banca ética? • • A aforradora ten dereito a saber de que modo se está a utilizar os seus cartos; que proxectos, ideas ou empresas estanse a financiar con el. • • Os recursos económicos deben utilizarse cun proveito social, creando emprego, axudando á inserción sociolaboral de persoas excluídas, apoiando procesos produtivos limpos, etc. • • As promotoras dun modelo alternativo non deben centrarse unicamente na recuperación das cantidades prestadas ou invertidas, senón tamén realizar labores de apoio. • • Os recursos económicos deben invertirse en proxectos viables, de maneira que non se incurra en perdas que afecten aos/ás aforradores/as ou mermen a capacidade de reutilización dos recursos.
O proxecto Fiare. Orixes. • O Proxecto Fiare nace para construír unha cooperativa de crédito que permita dirixir o aforro de persoas, familias e organizacións cara a proxectos que supoñen unha transformación da nosa sociedade. • FIARE parte dunha convicción: a actividade económica non é neutral. Non se desenvolve mediante mecanismos automáticos, involuntarios. Toda decisión económica é, en último termo, unha decisión ética cunhas consecuencias que favorecen a uns e prexudican a outros.
O proxecto Fiare. Que é? (I) • O proxecto Fiare é unha rede: • A) De PERSOAS • - Que non estamos de acordo co sistema que xenera ou promove actividades económicas inxustas, nin cos bancos. • - Que tentamos tomar decisións sobre o destino dos nosos aforros, sobre as solicitudes de crédito ou os nosos investimentos baseándonos nunha información fiable e suficiente. • - Que queremos facelo participando na construcción dunha economía e dunha sociedade onde as persoas sexan o fin e a economía un medio. • - Que queremos poñer un grao de area ao servizo dunha cidadanía activa e participativa.
O proxecto Fiare. Que é? (II) • B.- de ORGANIZACIÓNS SOCIAIS: • As Organizacións sociais detectan as inxustizas e as carencias da realidade que nos rodea. Ao mesmo tempo constitúen un tecido social participativo que trata de ir cambiando a realidade. Por iso, as Organizacións sociais CONSTITÚEN O PIAR DE ASENTAMENTO E DESENVOLVEMENTO DE FIARE. • 300 ASOCIACIÓNS (AQUI COMEZAMOS 14 E AGORA SOMOS 25) (3/3/2012)
O proxecto Fiare. Qué é? (III) • O proxecto Fiare é unha organización alternativa dentro do mercado bancario: • - Organización: FIARE é axente exclusivo de Banca Popolare Etica, S. Coop, cooperativa de crédito que opera en Italia como banco a todos os efectos. Como tal ofrece todo tipo de produtos e servizos, sen perder as súas características de ausencia de lucro, democracia cooperativa (unha persoa, un voto) e construcción de abaixo a enriba. • Banca Popolare Etica, S. Coop opera en España sen establecemento permanente, sendo FIARE o seu axente exclusivo.
O proxecto Fiare. Qué é? (IV) • No 2.011, concedéronse un total de 9.617.500 €. Algúns exemplos: • - Fundación Red de Apoyo a la Integración Sociolaboral, 230.000 € • - Associació de Paràlisi Cerebral ASPACE, 800.000 € • - Asociación educativa Barbiana, 60.000 € • Todos os créditos concedidos, • aparecen na páxina web • (www.proyectofiare.com).
Estructura Territorial asociación de apoyo a fiare en euskadi fundación fiare asociación fiare galiza asociación proyecto fiare de navarra asociación fiare castilla y león asociación proyecto fiare de catalunya asociación fiarecentro asociación banca ética fiare sur grupo promotorbaleares asociación fiare xarxa valenciana asociación fiare canarias Primeros Contactos
O proxecto Fiare. Estrutura. • Xunta estatal • Elaboran as directrices a nivel global. As reunións son trimestrais. • Está formada por persoas de cada territorial. • Operativa bancaria • É o conxunto de oficinas e persoas que desenvolven a ferramenta bancaria do proxecto. A nivel interno, a estrutura salarial de FIARE só contempla unha diferencia entre o soldo máis baixo e o máis alto, de 1 a 3. Na actualidade, hai 9 traballadores contratados por FIARE. • Comité de Ética • Ten como obxectivo asesorar aos órganos de goberno de FIARE e ás súas estruturas en cuestións de carácter ético. • Asociacións territoriais • Promoven a creación do proxecto FIARE como banco ético, cidadán e cooperativo e velan pola identidade do proxecto en cada territorio. • E aquí é onde se enmarca o GRUPO LOCAL DE CORUÑA
Entidades en Fiare GZ • EN FIARE SOMOS 2.300 PERSOAS SOCIAS (170 ENGALICIA) (3 marzo 2012) • ADEGA, AIS “O Peto”, Altermundo, Árbore, ARELA, Asociación Amarante, Asociación Xuvenil Abertal, Cáritas diocesana Tui-Vigo, Centro Cultural Rueiro, Comité Óscar Romero de Solidariedade de Vigo, Coordinadora Galega de ONG’s para o Desenvolvemento, Coto do Frade, Dominicas e Dominicos de Vigo, Enxeñería sen Fronteiras, Irimia, NiquelArte, O Grelo Verde, Panxea, Proclade, Parroquia Cristo da Victoria de Vigo, Sociedade Galega de Educación Ambiental, Sindicato Labrego Galego Solidariedade Internacional, Verdegaia, Zocamiñoca
Quen somos? O grupo local • Persoas que no noso entorno máis próximo tentamos espallar os principios de banca ética entre particulares e asociacións co fin de difundir FIARE. • Reunímonos periodicamente para planificar a formación, participación e difusión de FIARE. • Queremos construír FIARE dende abaixo.!!
Grupos locais en Galiza na actualidade • Grupo local da Coruña • Grupo local de Pontevedra • Grupo local de Santiago de Compostela • Grupo local de Vigo
Qu podemos facer? Formas de colaborar (I) • - Como socio/a • -> participando no traballo dos grupos locais • -> aportando capital social: • -> Persoas físicas: 300 euros • -> Persoas xurídicas: 600 euros • -> Institucións: 1.800 euros • -> aportando para os gastos de constitución e tesourería a fondo perdido • -> participar na toma de decisións
Que podemos facer? Formas de colaborar (II) • - Como cliente de activo e pasivo • -> abrindo un depósito • -> solicitando un empréstimo • - Como difusor/divulgador/simpatizante • -> ter información máis detallada sobre o noso proxecto para unha mellor toma de conciencia da economía social e de FIARE • -> facer divulgación do proxecto nos teus círculos de amigos, traballo, ...
GRAZAS POLA VOSA ATENCIÓN! • Sobre o proxecto a nivel estatal na web en http://www.proyectofiare.com • Sobre o proxecto a nivel galego no blog • http://www.fiaregz.com • Sobre o proxecto a nivel local escribindo a grupocoruna@fiaregz.com