90 likes | 381 Views
COMPOSICIÓN DE TEXTO HISTÓRICO: GUERRA DA INDEPENDENCIA. Pasos fundamentais a seguir á hora de elaborar a composición : O asunto central a tratar está claro: a Guerra da Independencia e os comezos da revolución liberal española coas Cortes de Cádiz .
E N D
COMPOSICIÓN DE TEXTO HISTÓRICO: GUERRA DA INDEPENDENCIA
Pasos fundamentais a seguir á hora de elaborar a composición: • O asunto central a tratar está claro: a Guerra da Independencia e os comezos da revolución liberal española coas Cortes de Cádiz. • Le con atención os documentos propostos: subliña as frases, apartados, nomes ou datos que consideres de interese. • Numera as liñas para referirte a elas no teu comentario e non ter que copiar frases enteiras. • Fai un esquema no que esboces as ideas principais e secundarias que vas desenvolver
Cómo prantexar a composición • Cos documentos correspondentes, deberías elaborar un texto que tivese en conta os seguintes puntos: • Introducción: breve introdución sobre o feito histórico a tratar (podemos sacalo do primeiro apartado da páxina 1 dos apuntes) • -Trátase dunha síntese dos sucesos claves do período • 1808 – 1814. • Composición do texto a partir da análise dos documentos: sublevación popular, formación de Xuntas, guerra de guerrillas, obxectivos das distintos grupos antifranceses, Cortes de Cádiz. • - Desenvolve a composición relacionando a información cos • documentos (non “redactes por libre”) • Conclusións: regreso de Fernando VII e restauración absolutista • -Breve valoración ou reflexión sobre os avances e retrocesos • do liberalismo nos primeiros momentos do século XIX ata a • súa definitiva implantación co reinado de María Cristina
INTRODUCCIÓN • Coa Guerra da lndependencia comeza a Revolución liberal en España. Influencia previa da Revolución Francesa • Feitos clave destes comezos: Cortes de Cádiz e Constitución 1812. Medidas tomadas polas Cortes supuxeron a abolición do Antigo Réxime • Restauración do Antigo Réxime á volta de Fernando VII
DOCUMENTO 1 Doc. 1.-Orde do mariscal Murat (2 de maio de 1808): “Soldados: a poboación de Madrid sublevouse, e chegou ata o asasinato (...). O sangue francés foi vertido; reclama vinganza. Na súa consecuencia mando o seguinte (...): Art.2. Todos os que foron presos no disturbio e coas armas na man serán arcabuceados (...). Art.5. Toda xuntanza de máis de oito persoas será considerada coma unha xunta sediciosa (...) Art.7. Os autores, vendedores ou distribuidores de libelos impresos ou manuscritos provocando a sedición serán considerados coma uns axentes da Inglaterra e arcabuceados”. SUBLEVACIÓN POPULAR • Circunstancias en que se produce a ocupación e o inicio da guerra: tratado de Fontainebleau, exilio da familia real (Doc.2), usurpación de Xosé I, sublevación do 2 de maio e represión
DOCUMENTO 2 Doc. 2.-Proclama da Xunta Central do Principado de Asturias (maio de 1808): “Asturianos leais e amados compatriotas (...). O Principado, en desempeño daqueles deberes que máis interesan ao home, xa declarou formalmente a guerra a Francia (...). A súa perfidia co noso rei e toda a súa familia, enganándoo para facelo pasar a Francia baixo palabra dun eterno armisticio para encadealos a todos, non ten igual na historia (...). ¡Á arma, á arma, asturianos!”. FORMAS DE LOITA CONTRA OS FRANCESES • Formas de loita: formación de Xuntas (Doc.1, art.5), asunción da soberanía, declaración da guerra, guerra de guerrillas, participación inglesa (Doc 1, Art.7)
DOCUMENTO 3 Doc. 3.-O militar e político liberal Evaristo San Miguel expón neste escrito (1836) os diversos proxectos dos combatentes contra os franceses: “De todos os xeitos non é menos certo que a invasión dos franceses foi o principio das nosas diferenzas internas e a guerra da independencia unha especie de guerra civil ao mesmo tempo. Aos nobres, a dinastía estranxeira éralles odiosa menos polo nova que polos indicios que daba de reformadora. Do lexislador dun pobo onde todo estaba nivelado pola lei da igualdade debía desconfiar moito o privilexio das clases exclusivas. O berro de guerra na súa boca foi a oposición ao espírito innovador que os ameazaba (...). Os ilustrados eran un número considerable e non podían ter, no seu pronunciamento contra o emperador, só a mira de volver ao Estado anterior. Non era posible (...) que gustasen de volver ao antigo despotismo os que o consideraban como unha das causas dos males que os aflixían. O berro de guerra dirixido contra os franceses tiña tamén por branco os excesos, as desordes que afearan as administracións anteriores”. OBXECTIVOS E INTERESES DIVERSOS • Enfrontamento interno entre o bando antifrancés: desexo dos privilexiados de voltar ao absolutismo fronte aos partidarios das reformas (Absolutismo contra liberalismo, características)
DOCUMENTO 4 Doc. 4.-Constitución de 1812: “Art. 1. A nación española é a reunión de todos os españois de ámbolos doushemisferios (...). Art. 3. A soberanía reside esencialmente na nación e polo mesmo pertence a esta exclusivamente o dereito de establecer as súas leis fundamentais (...). Art. 14. O goberno da nación española é a monarquía moderada hereditaria. Art. 15. A potestade de facer leis reside nas Cortes co rei. Art. 16. A potestade de facer executar as leis reside no rei. Art. 17. A potestade de aplicar as leis en causas civís e criminais reside nos tribunais”. CORTES DE CÁDIZ: COMEZO DA REVOLUCIÓN LIBERAL • Primer intento de construir unha España liberal, alusión ás medidas máis importantes (Decretos que abolen o Antigo Réxime e Constitución): cidadáns non súbditos, equiparación dos americanos (Art.1), soberanía nacional (Art.3), monarquía de poder limitado (Art.14), separación de poderes (Art.15-17)
CONCLUSIÓN OU VALORACIÓN FINAL • Valoración das Cortes de Cádiz e a Constitución de 1812 como o comezo do liberalismo español • Fin da guerra pola derrota de Napoleón, devolución da coroa a Fernando VII, restauración absolutista polos apoios de nobreza, clero e Santa Alianza • Absolutismo como solución xa inviable, loita do liberalismo por impoñerse durante o reinado de Fernando VII (Trienio liberal) • Instauración definitiva do sistema liberal a súa morte