330 likes | 454 Views
Realización dunha actividade da área de economía e xeografía 21 de outubro de 2009. Economía Empresas Os sectores de actividade Macromagnitudes Prezos e inflacción Mercado laboral. Xeografía Estrutura da poboación Movemento natural da poboación Movementos migratorios.
E N D
Realización dunha actividade da área de economíae xeografía21 de outubro de 2009
Economía Empresas Os sectores de actividade Macromagnitudes Prezos e inflacción Mercado laboral Xeografía Estrutura da poboación Movemento natural da poboación Movementos migratorios Os contidos do portal educativo do IGE:
Actividade que vamos a realizar: “Cambios na estrutura da poboación e no mercado laboral no último século”
Fontes de información demográficas: • Censos de poboación • Enquisas • Enquisa de condicións de vida das familias (IGE) • Enquisa nacional de inmigrantes (INE, MTIN) • Rexistros administrativos • Padrón municipal de habitantes • Movemento natural da poboación • Movementos migratorios
Fontes de información relacionadas co mercado laboral: • Censos de poboación • Enquisas • Enquisa de poboación activa (INE) • Enquisa de condicións de vida das familias (IGE) • Enquisa trimestral de custos laborais, ... • Rexistros administrativos • Paro rexistrado • Contratos • Afiliados á seguridade social • Contas de cotización, ...
Investigación exhaustiva Existencia de datos moi antigos Facilitan gran cantidade de información: datos de poboación, actividade, ... Gran desagregación da información Fanse cada dez anos Desfase entre a realización do censo e a publicación dos datos Gran custo Censos de poboación VANTAXES DESVANTAXES
Menor custo Datos actuais e rápidos Permiten ter datos conxunturais Menor desagregación da información Os datos que nos proporcionan son estimacións Cando o tamaño mostral non é suficiente poden darse errores de mostraxe altos Enquisas VANTAXES DESVANTAXES
Aproveitase a información existente nos rexistros do Padrón, Inem, Seguridade Social, ... Non están deseñados para a explotación estatística Non recollen situacións “ilegais” Rexistros administrativos VANTAXES DESVANTAXES
Fontes para a realización da actividade: “Cambios na estrutura da poboación e no mercado laboral no último século” • Censos de poboación (INE, IGE) • Padrón municipal de habitantes • Enquisa de poboación activa (INE)
Problemas á hora de utilizar estas fontes: • Poboación de feito e de dereito • Distinta clasificación da poboación en relación coa actividade económica • En 1910 “parece” non existir o paro • Cambio na idade laboral • Cambian as situacións de inactividade • Para 1910 existe un importante número de traballadores que non se poden clasificar en ningún sector económico
Obxectivos da actividade: • Saber como cambiou a estrutura da poboación • Analizar os cambios da poboación galega en relación coa actividade económica no último século • Estudar a incorporación da muller ao mercado laboral • Coñecer os cambios da poboación ocupada segundo o sector onde desenvolve a súa actividade económica • Analizar o diferente comportamento do mercado laboral nas catro provincias galegas
Pasos a seguir: • Elaboración das pirámides de poboación • Evolución dos índices de envellecemento e recambio da poboación activa • Cálculo das taxas de actividade segundo sexo e provincia • Estudo das situacións da poboación inactiva • Calculo das taxas de ocupación segundo sexo e provincia • Distribución porcentual dos ocupados segundo sector • Distribución porcentual dos ocupados segundo sector e sexo • Distribución porcentual dos ocupados segundo sector e provincia • Cálculo das taxas de paro segundo sexo e provincia
Observacións sobre as pirámides de poboación galegas: • Características básicas da pirámide de 1910 (expansiva) • Base ancha Altas taxas de natalidade • Cume estreito Alta mortalidade • Poucos homes Emigración • Pirámide irregular Epidemias, guerras, malas colleitas • Pirámide de 1981 (estacionaira) • Pirámide de 2001 (regresiva) Envellecemento da poboación
Índice de envellecemento: • Relación entre a poboación maior de 64 e a poboación menor de 20
Índice de recambio da poboación activa: • Relación entre a poboación entre 60 e 64 anos e a poboación entre 20 e 24 anos. Mide a capacidade dunha poboación para substituír os individuos que van xubilando
Clasificación da poboación en relación coa actividade económica
Cambios nas taxas de actividade Fonte: INE, IGE. Censos de poboación
Cambios nas taxas de actividade Taxa de actividade: Poboación activa (ocupada+parada) entre poboación total en idade laboral, multiplicado por cen Fonte: INE. Enquisa de poboación activa
Observacións sobre a taxa de actividade: • A taxa de actividade feminina sempre é inferior á masculina • A principios do século pasado case a totalidade dos homes galegos estaban traballando ou dispoñibles para facelo. Na actualidade a taxa de actividade masculina situase entorno o 63% • Desde o ano 1981 a taxa de actividade feminina está aumentando de maneira significativa • As provincias atlánticas presentan taxas de actividade máis elevadas que as do interior desde o censo de 1991 Proceso de envellecemento da poboación
Cambios na poboación inactiva. Galicia • En 1910 o 92% da poboación inactiva de 12 ou máis anos eran mulleres, que se dedicaban maiormente ás tarefas do fogar • Para 2001 esta porcentaxe baixa ata o 63%. Ademais baixa a porcentaxe das que se ocupan do seu fogar • Increméntase o número de estudantes e de xubilados ou pensionistas Fonte: INE, IGE. Censos de poboación
Cambios nas taxas de ocupación Fonte: INE, IGE. Censos de poboación
Cambios na taxa de ocupación Taxa de ocupación: Poboación ocupada entre poboación total en idade laboral, multiplicado por cen Fonte: INE. Enquisa de poboación activa
Observacións sobre a taxa de ocupación: • Para 1910 case non hai diferenzas entre a taxa de ocupación e a de actividade baixo número de parados • ¿Cal é o motivo de que Pontevedra en 1910 tivese unha taxa de ocupación feminina moito maior que a do resto das provincias? • A taxa de ocupación feminina sempre é inferior á masculina • A principios do século pasado algo máis do 90% dos homes de 12 ou máis anos estaban traballando. • Na actualidade a taxa de ocupación é do 50%, a máis alta dos últimos anos. • Existen diferencias moi importantes entre a taxa de ocupación masculina e a feminina, aínda que cada vez son menores.
Cambios nos sectores de actividade. Galicia Fonte: INE, IGE. Censos de poboación
Observacións sobre os sectores de actividade: • A principios do século XX case tres cuartas partes dos galegos traballaban no sector primario Abundancia de explotación agrarias de tipo familiar • No censo de 1981 apreciase unha importante diminución na ocupación na agricultura e pesca A mecanización da agricultura, o desenvolvemento do sector industrial e do sector servizos en España provocaron o éxodo rural • Os descensos de ocupación no sector primario levaron consigo aumentos no resto de sectores, sobre todo nos servizos • O sector servizos é o que experimentou unha maior expansión e ocupa na actualidade arredor do 63% dos traballadores galegos
Cambios nos sectores de actividade. Análise por sexo. Galicia Fonte: INE, IGE. Censos de poboación
Observacións sobre as diferenzas de xénero nos sectores de actividade: • Para 1910 a distribución dos ocupados por sectores é moi similar nos homes e nas mulleres, a excepción do sector da construción. • O sector primario perdeu moito peso tanto entre as mulleres coma nos homes, aínda que parece que para estes últimos o proceso foi máis rápido. • O sector da construción case non da emprego ás mulleres galegas. • A proporción de mulleres ocupadas nos servizos aumentou espectacularmente. En 2008 máis das tres cuartas partes das traballadoras galegas desempeñan a súa labor neste sector. • A proporción de galegos e galegas que traballan na industria e na construción case non variou desde o censo de 1981.
Cambios nos sectores de actividade. Análise por provincias Fonte: INE, IGE. Censos de poboación
Observacións sobre as diferenzas nos sectores de actividade segundo as provincias: • Ganancia de peso do sector servizos en detrimento do sector primario en todas as provincias • Lugo é a provincia con maior porcentaxe de ocupados na agricultura e pesca • Pontevedra é a provincia que ocupa unha maior porcentaxe de traballadores na industria
Cambios nas taxas de paro Taxa de paro: Poboación parada entre poboación activa, multiplicado por cen Fonte: INE, IGE. Censos de poboación INE. Enquisa de poboación activa
Observacións sobre a taxa de paro: • Ata os anos 70 as cifras de paro son moi baixas gran número de persoas traballaban na agricultura en pequenas explotacións familiares e emigracións dos galegos ao exterior • As mulleres son o colectivo máis afectado polo paro • Lugo e Ourense teñen as taxas de paro máis baixas Fonte: INE. Enquisa de poboación activa
Contactar co IGE: • Páxina web do IGE: http://www.ige.eu • Teléfono de información estatística: 981 541589 • Peticións de información por correo electrónico: ige@ige.eu • Peticións de publicacións por correo electrónico: ige.difusion@ige.eu