120 likes | 266 Views
REUNIÓN FAMILIAS 3º ESO. Depto Orientación Curso 2013-14. ¿ Quen é o meu fillo /a?. 3º da ESO é un curso que destaca pola inmersión total na ADOLESCENCIA, unha etapa que se caracteriza por: O desenvolvemento físico e sexual.
E N D
REUNIÓN FAMILIAS 3º ESO DeptoOrientación Curso 2013-14
¿Quen é o meufillo/a? • 3º da ESO é un curso que destaca pola inmersión total na ADOLESCENCIA, unha etapa que se caracteriza por: • O desenvolvemento físico e sexual. • A crise de identidade. O adolescente encóntrase entre un mundo que se extingue (o da infancia) e outro que se aproxima (o de adulto). Séntesedistinto, tanto do que era como dos que o rodean, e isto lleproduce unha grande inestabilidade emocional, conflitos persoais, incerteza e desconcerto. • Pecharseen si mesmo. Este feito convértese ás vecesnunhaloita contra a angustia do adolescente que non acaba de encontrarse a si mesmo, de atopar o seu sitio,e as dificultades para delimitar o seu propio corpo e o seu eu. • Cústallessometerse ásregras, as obrigas, as esixencias da vida en sociedade. Son intolerantes ante calqueratipo de disciplina e rexeitan toda imposición de autoridade. Esta é a etapa de rebelión contra os pais e profesores; non soportan que se lles controle e se lles guíe.
Pero tamén… • A familiaseguesendofonte de seguridade. Ofrécelles un seguro, un refuxio, un lugar onde resolver as súas necesidades de carácter material. Esta oscilación será causa de grandes ansiedades. • Para chegar a ser adulto o adolescente necesitaemanciparsepersoalmente. O grupo será o apoio e o medioadecuado para poder facelo. Nel, expresa a súaurxencia de comunicación, de intimidade; alíexpresará e manifestará con liberdade as súasopinións, no grupo será aceptado tal e como é. A adolescencia é ademais, a idade dos grandes entusiasmos, de fe nas grandes ideas como a eternidade, a entrega, etc. • Aparece o estadio do "pensamento formal". O rapaz é capaz de razoar dun modo hipotético e dedutivo, é dicir, organizando os actos do coñecemento e da experiencia sobre unconxunto de suposicións e procesoslóxicos, senconexiónnecesariacoa realidade. O adolescente é capaz de entender conceptos desvinculados do concreto para crearideasabstractas.
Todo istoinflúe • No académico:
A nosa valoración sobre estes datos O nosoalumnado pode mellorar estes resultados notablemente. Para isto é necesario que todo o equipo docente se implique nesta mellora.
¿Cómo o facemos? • Desde a titoría: realizando entrevistas coas familias para favorecer unha comunicación fluída e tomando as medidas oportunas con cada caso. Entrevistándonos con aqueles alumnos/as que precisen dunha guía para mellorar. • Desde a dirección: acompañando aonoso alumnado cunseguimentomáis exhaustivo, aumentando o control nos cambios de clase nos corredores, favorecendoespazos de encontro para compartir as vivencias de cada alumno/a. • Desde o Depto de Orientación: realizando titorías enfocadas a estes temas, realizando seguimento de casos individuais e de atención á diversidade, intervindo nos casos que afectan á convivencia dentro da aula. Taméntraballamos a orientación vocacional-profesional, de cara a xerar expectativas de futuro estables e realistas.
Xuntos podemos mellorar • Desde o colexio seguimos traballando para que o nosoalumnado se implique e teña unha visióncoherente e constructivado seu futuro a medio e longo prazo. • Pero ademaisvémonosnaobriga de favorecer momentos de encontrocomo este nos que podamos compartir a nosa labor e buscar a vosa implicación incondicional na educación dos vososfillos/as.
Recordade que… • A familiasodes a principal alianza para o desenvolvemento dos vososfillos e fillas. • Detrás da máscara da adolescencia atópaseunhanecesidade enorme de atención e acompañamentonesta etapa da vida. Necesitan que lles recordemos a importancia de asumir responsabilidades e ser constantes no traballo. • A comunicación e a confianza son a base para desenvolver unha autoestima forte. • Os nosofillos están preparados para falar do que lles sucede e ás veces proporsoluciónsássituaciónsnas que se atopan. • Contades co apoio do centro para tratar as posiblesdificultades que poidanxurdir durante o curso.
Seguimos á vosaenteiradisposición. ¡Grazaspolavosa atención!