E N D
- País de América Central - Límites con México, Belice, Honduras, El Salvador, e o Océano Pacífico.
República de Guatemala - Territorio montañoso, gran cantidade de bosques, dotado de ruinas mayas, lagos, volcáns, orquídeas e aves exóticas.
A capital é Ciudad de Guatemala chamada oficialmente Nueva Guatemala de la Asunción e coñecida como Guatemala City a nivel internacional.
Moeda de 1 Quetzal de Guatemala. Billete de 1 Quetzal de Guatemala
O español é o idioma oficial. Existen 21 línguas mayenses distintas, que son faladas especialmente nas áreas rurales, así como varias línguas amerindias non-mayas, coma o Xinca indíxena e o Garífuna. 23 línguas son recoñecidas como línguas nacionais de Guatemala.
Guatemala É a cuna da Civilización Maya, notable por lograr un complexo desenrolo social. Na civilización Maya desenvolveronse diversas manifestacións culturais como arquitectura, escultura, pintura, astronomía e impresionantes avances en matemáticas, astroloxía e o calendario.
Os mayas tiñan sistema de escritura propio, unha combinación de símbolos fonéticos e ideogramas. O desciframiento da escritura maya foi un traballo moi laborioso a fines do século XIX e principios do XX. Era un sistema composto por un conxunto de glifos (símbolos individuais) que podían representar unha palabra ou unha sílaba, pintábanse en cerámica, muros ou códices, tallábanse en madeira ou pedra, ou moldeábanse en estuco.
As cidades mayas practicaban a agricultura e o comercio. As magníficas edificacións sobreviviron o paso do tempo, moitas delas poden visitarse. Cultura que desenrolou unha lingua propia (con diversos dialectos).