130 likes | 248 Views
UNIDADE 01. Comunicámonos. Contidos Comunicación 1. A comunicación: verbal e non verbal 2. O texto e os seus tipos. Os textos orais: a conversa Lingua 1. As clases de palabras 2. O substantivo. 1º ESO | UNIDADE 01 | LINGUA GALEGA E LITERATURA. Comunicámonos.
E N D
UNIDADE 01 Comunicámonos Contidos Comunicación 1. A comunicación: verbal e non verbal 2. O texto e os seus tipos. Os textos orais: a conversa Lingua 1. As clases de palabras 2. O substantivo 1º ESO | UNIDADE 01 | LINGUA GALEGA E LITERATURA
Comunicámonos 1. A comunicación: verbal e non verbal 1.1. A comunicación A comunicación é o proceso mediante o cal unha persoa ou un obxecto transmite unha información. • A comunicación pode ser... atravésde palabras, pola linguaxe Verbal con imaxes, xestos e sons principalmente. Non verbal 1º ESO | UNIDADE 01 | LINGUA GALEGA E LITERATURA
Comunicámonos No proceso de comunicación interveñen seis elementos: emisor, mensaxe, canle, receptor, código e referente ou contexto. Canle Receptor Canle Mensaxe Emisor Código Referente ou contexto
Comunicámonos 2.O texto e os seus tipos O texto é a unidade máxima de comunicación. Está formado por un conxunto de palabras que forman cláusulas e oracións. Poden ser escritos ou orais. • Os textos clasifícanse en varios tipos segundo o contido que tratan, a súa intención e o xeito en que se organizan. 1 Descrición:grazas as palabras represéntanse persoas, lugares ou obxectos. Narración:cóntanse feitos que lles ocorren a uns personaxes. 2 Diálogo: intercámbianse expresións entre varias persoas. 3 4 Exposición: explícase algunha teoría ou disciplina como a historia ou a ciencia. 5 Argumentación: deféndese unha idea ou opinión empregando argumentos razoados. 1º ESO | UNIDADE 01 | LINGUA GALEGA E LITERATURA
Os textos orales poden clasificarse en: • Planificados: se os preparamos e eliximos o tema, o tempo, etc. Por exemplo, o debate ou o coloquio. • Espontáneos: cando se fala sen preparación previa. Por exemplo, a conversa. Comunicámonos 1.3.Os textos orais: a conversa 1º ESO | UNIDADE 01 | LINGUA GALEGA ELITERATURA
A conversa é a forma básica da expresión oral. Dous ou máis interlocutores falan e altérnase nas quendas de palabra. Uso de xestos e de linguaxe non verbal (cara, mans e mirada). Presenza física dos interlocutores. 1 Comunicámonos Características da conversa: Sintaxe sinxela, repeticións, frases inacabadas, etc. 2 Uso da lingua oral. 3 Utilización de técnicas conversacionais. Fórmulas para empezar e acaba a conversa, respecto de quendas de palabra... 1º ESO | UNIDADE 01 | LINGUA GALEGA E LITERATURA
Comunicámonos Clases de palabras e a súa función 1º ESO | UNIDADE 01 | LINGUA GALEGA E LITERATURA
Comunicámonos 2. O substantivo 2.1.Que é o substantivo? O substantivo é unha palabra que nomea obxectos, conceptos,persoas,animais e lugares. • Os substantivos teñen xénero e número: nena, neno, nenas, nenos. • Poden ser núcleo dafrase substantiva:A súa tía é escritora. • Poden ir acompañados de determinantes e forman unha frase nominal: Airmámaior. 1º ESO | UNIDADE 01 | LINGUA GALEGA E LITERATURA
Comunicámonos 2.2.As clases de substantivos Segundo o seu significado os substantivos clasifícanse en... Comúns:bolígrafo, can Propios:Nigrán, Raquel 1 o Contables:libros, lapis 2 o Non contables: auga, arroz 3 Concretos:gato, goma o Abstractos:amizade, amor Individuais:irmá, coche 4 o Colectivos:equipo, manda 1º ESO | UNIDADE 01 | LINGUA GALEGA E LITERATURA
Comunicámonos 2.3.Oxénero no substantivo Os substantivos poden expresar xénero masculino (gato)ou feminino (gata). Cando os substantivos se refiren a: Seres animados: o xénero adoita coincidir co sexo da persoa ou do animal que designen: noivo (masculino); amiga(feminino). 1 Seres inanimados: o xénero é unha marca gramatical sen significado: o campo, a primavera. 2 1º ESO | UNIDADE 01 | LINGUA GALEGA E LITERATURA
Comunicámonos Os morfemas de xénero • Outras terminacións para o feminino son: -esa:alcalde / alcaldesa -á/-ana:curmán / curmá -triz:actor / actriz -isa:sacerdote / sacerdotisa • En certos casos, masculino e feminino distínguense por palabras distintas para cada xénero: cabalo / egua. 1º ESO | UNIDADE 01 | LINGUA GALEGA E LITERATURA
• Xénero epiceno: en animais, unha mesma palabra serve para o macho e a femia: o xílgaro, a balea. Comunicámonos Casos especiais de xénero • Xénero común: a mesma forma para o feminino e o masculino: o ciclista / a ciclista. • Xénero ambiguo: palabras masculinas ou femininas que significan o mssmo: o mar / a mar. 1º ESO | UNIDADE 01 | LINGUA GALEGA E LITERATURA
Comunicámonos 2.4.O número no substantivo •Os substantivos presentan variación de número: Singular: designa un só obxecto, persoa ou animal (tractor, neno, gato). Plural: designa varios seres ou realidades (tractores, niens, gatos). Cando acaba en vogal átona ou en –á, -e, -o, engádese –s:camisa / camisas. Morfemas de número para formar o plural Cando acaba en consoante, engádese –es:traductor / traductores. Cando acaba en –í, -ú engádese –s:xampú / xampús, esquí / esquís. 1º ESO | UNIDADE 01 | LINGUA GALEGA E LITERATURA