150 likes | 334 Views
RefWorks. Manual de uso Opcións avanzadas. Importar rexistros dende Internet. Moitos provedores de información en Internet permiten a importación directa de referencias a RefWorks como CSA, OCLC, Ebsco, ProQuest, Ovid, ScienceDiret, Scopus, Google Scholar, etc. Ver a lista completa:
E N D
RefWorks Manual de uso Opcións avanzadas
Importar rexistros dende Internet • Moitos provedores de información en Internet permiten a importación directa de referencias a RefWorks como CSA, OCLC, Ebsco, ProQuest, Ovid, ScienceDiret, Scopus, Google Scholar, etc. Ver a lista completa: • Os pasos a seguir son: • Acceder ao provedor de información e realizar unha busca. En moitos casos existe a opción de importar as referencias directamente a RefWorks. • Unha vez exportados, unha nova ventá de RefWorks informará das referencias importadas, que poderán verse e editarse accedendo a Ver Carpeta de Últimas Importacións RefWorks. Direct Export Partners Ver exemplos nas páxinas seguintes
A opción Importar a RefWorks de Google Académico debe configurarse nas preferencias de Google
En SCOPUS, despois de realizar a busca, seleccionar as referencias que interesan e premer en Ouput O segundo paso consiste en premer Export e elixir o formato de saída
RefGrab-It RefGrab-It é unha ferramenta de RefWorks, que se instala no navegador, e que permite capturar información bibliográfica dende moitas páxinas web, nas que haxa números ISBN, PubMed ID ou DOI. Premer en Ferramentas e logo RefGrab-It Seguimos as instrucións para instalar o RefGrab-It no noso navegador
Despois de facer unha busca en Internet e atopar algunha páxina con información bibliográfica que interesa, premer en RefGrab-It (instalado no navegador) Ábrese unha nova pantalla dende a que é posible importar a RefWorks a referencia da páxina web e dos libros ou outros documentos atopados nela premendo en Importar
Importar RSS Feed Para engadir unha RSS Feed, temos que atopar a fonte RSS na correspondente base de datos, neste caso NLM-Pubmed. RSS (Really Simple Sindication) é un formato de datos usado para sindicar (redifundir) contidos a subscritores dun sitio web. Cada vez máis provedores de información permiten a creación de RSS segundo un criterio de busca, como NLM PubMed, Scopus, Nature... Copiar a URL da RSS Feed, para pegala na conta de RefWorks
Na conta de RefWorks premer en Buscar e logo Fonte RSS Feed Pegar a URL previamente copiada e premer en Agregar Fonte RSS Ao premer nas RSS creadas, RefWorks mostra os resultados noutra pantalla. Seleccionar as referencias que interesan e premer en Importar
Cando a importación termina aparece en RefWorks unha mensaxe coma esta Podemos ver as referencias importadas na carpeta de últimas importacións
Seguridade Aínda que RefWorks almacena toda a información de xeito seguro, é posible facer copias de seguridade no propio ordenador. Premer en Ferramentas e logo Copia de Seguridade/Restaurar RefWorks abre unha nova pantalla onde se pode realizar a copia de seguridade dos elementos seleccionados. Premer en Facer Copia de Seguridade (co que se garda un arquivo no ordenador que pode ser restaurado a posteriori)
Compartir referencias RefWorks dispón dunha utilidade que permite compartir as referencias da nosa conta con outros usuarios. Premer en Ferramentas e logo Compartir Referencias Ábrese unha nova pantalla onde se poden seleccionar as carpetas para compartir premendo en Compartir Carpeta
A continuación RefWorks permite configurar as opcións da carpeta compartida, e enviala por correo electrónico a outros usuarios
As carpetas compartidas visualízanse en RefShare (ferramenta de RefWorks que lle permite compartir a súa base de datos ou carpetas con outros usuarios)
Ficheiros adxuntos Para adxuntar un arquivo a unha referencia (texto , imaxes…), hai que editar a referencia. Refworks permite que os usuarios podan engadir ficheiros (texto completo, gráficos, imaxes, vídeo...) as súas referencias na base de datos. Logo ir á etiqueta Adxuntos, e localizar o arquivo no ordenador, por último, premer en Agregar Adxuntos
Unha vez agregado o ficheiro adxunto, créase unha miniatura do mesmo na referencia. Na lista de referencias a imaxe dun “clip” indica que a mesma ten un ficheiro adxunto