120 likes | 372 Views
As relacións semánticas. SEMÁNTICA. Disciplina lingüística que estuda o significado das palabras (signo lingüístico) e as relacións de sgdo que entre elas se establecen. Dende un punto de vista sincrónico (nun período de tempo dado) ou diacrónico (ao longo do tempo).
E N D
SEMÁNTICA • Disciplina lingüística que estuda o significado das palabras (signo lingüístico) e as relacións de sgdo que entre elas se establecen. • Dende un punto de vista sincrónico (nun período de tempo dado) ou diacrónico (ao longo do tempo).
Hai dous tipos básicos de sgdo: • Denotativo: propio, real, obxectivo. • Mar: gran masa de auga. • Connotativo: adquirido nun contexto determinado, subxectivo. • Mar: liberdade, morte, traballo, esperanza…
Poden darse os seguintes casos: • Un sgte = un sgdo: monosemia. • Un sgte = varios sgdos: polisemia e homonimia • Un sgdo = varios sgtes: sinonimia.
Polisemia • Unha mesma palabra ten varios sgdos condicionados por contextos determinados. • As palabras polisémicas figuran no dicionario cunha soa entrada. • Teñen a mesma orixe (un só sgte no seu étimo) • Xeralmente pertencen á mesma clase de palabras. • Xeralmente hai algunha semellanza no seu sgdo. • Serra: 1. Instrumento cortante. 2. Sucesión de montañas • Xornal: 1. Soldo, paga. 2. Publicación diaria.
Homonimia • Coincidencia formal de dúas palabras (dous sgtes) orixinariamente distintas (étimos diferentes) con distintos sgdos. • Un sgte e dous sgdos. • Figuran no dicionario con entradas distintas. • Xeralmente pertencen a diferente clase de palabra. • Xeralmente non hai ningunha semellanza nos sgdos. • Golpe1 (<colpu): pancada, choque. • Golpe2 (<vulpu): raposo. • Doce (numeral)/Doce (dozura)
Sinonimia • Dúas palabras coinciden nos seus sgdos. • Varios tipos de sinónimos: • Perfectos ou absolutos: identidade total de sgdos, intercambiables en todos os contextos. • Xabaril/Porco Bravo • Imperfectos ou parciais: non hai identidade total entre os sgdos e só son intercambiables nalgún contexto. • Morrer/Falecer
Antonimia • Prodúcese entre palabras (sgtes) que presentan oposición de sgdos. • Tres tipos: • Complementarios: afirmar un termo implica negar o outro. • Entrar/saír • Antónimos: admiten gradación intermedia. • Grande/(mediano)/pequeno • Recíprocos ou inversos: implícanse mutuamente, se hai un, hai outro. • Mercar/vender
Campo semántico • Conxunto de palabras que comparten trazos semánticos (semas), é dicir, un núcleo de sgdo común. • Rosa, margarida, papoula, caravel…compoñen o campo semántico “Flores”
Hiperonimia, Hiponimia e Cohiponimia • Son relacións de inclusión de sgdos, un sgdo está incluído no de outro. • Flor é hiperónimo de rosa ou margarida. • Rosa ou margarida son hipónimos de flor • Rosa e margarida, entre eles, son cohipónimos.
Hiperónimo: Asento Hipónimo Hipónimo Hipónimo cadeira sofá banco Cohipónimo Cohipónimo