1 / 26

A literatura galega medieval

A literatura galega medieval. Introdución Autoría e interpretación Xéneros literarios A cantiga de amor A cantiga de amigo Cantigas de burlas ou d´escarnho e maldizer As cantigas de Santa María Os manuscritos A prosa medieval. Introdución.

john
Download Presentation

A literatura galega medieval

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. A literatura galega medieval Introdución Autoría e interpretación Xéneros literarios A cantiga de amor A cantiga de amigo Cantigas de burlas ou d´escarnho e maldizer As cantigas de Santa María Os manuscritos A prosa medieval

  2. Introdución • Lírica galego-portuguesa nace de dúas correntes: • Lirismo tradicional autóctono (pobo = oral) • Lirismo provenzal culto (Occitania / vía camiño Santiago) • Periodización ( fins do XII-XV): • etapa esplendor ou trobadoresca (1200-1354) • etapa de decadencia ou postrobadoresca (1354-1500)

  3. Autoría e interpretación • Cantigas (canto): execución oral , acompañamento musical. • Axentes literarios: • Trobadores: nobres-poetas e compositores. • Xograres: intérpretes-compositores (ás veces) • Segrel: interpreta as súas cancións e cobra. • Menestreis: músicos • Soldadeiras: bailarinas e danzarinas.

  4. Xéneros literarios • Lírica profana: • Temática amorosa: • Cantigas de amor • Cantigas de amigo • Temática satírica (de burlas): • Cantigas de escarnio • Cantigas de maldicicir • Lírica relixiosa: • Cantigas de Santa María • Xéneros menores: • Pastorelas, tenzóns, prantos…

  5. A cantiga de amor • Introdución • O amor cortés • Temática • Como se dirixe á senhor? • Recursos formais

  6. Introdución • O amor cortés: feudalismo, cristianismo e neo-platonismo • A temática: o modelo da cansó provenzal /vs/ notábeis variacións nas nosas cantigas de amor na orde temática e formal • Os recursos formais: paralelismo de repeticións léxicas e conceptuais, o dobre, o mordobre, a fiinda, a atafiinda…

  7. O amor cortés • Cortes reais e señoriais: público e ambiente cortesán • Cansó provenzal: traslación literaria da teoría do amor cortés • Características amor cortés: • Senhor: • Aristocrática • Trobador =servo (vasalaxe amorosa) • Mesura • Recompensa final: goce amoroso (o “joi” occitano=plena felicidade)

  8. Temática • A voz poética (eu lírico) é un home (trobador): fala dos tormentos produce o amor • Temas principais: coita de amor, o eloxio da dama, a declaración do amor e a reserva da dama • Amor platónico (predomina nas nosas c. de amor) • Dama (“senhor”): • Nobre • Solteira • Idealizada • Caracteres pouco definidos:ausencia case total de descrición física // loanza de cualidades morais

  9. Como se dirixe á senhor? a) Directamente Estes meus olhos nunca perderán, senhor, gran coita, mentr´eu vivo for. E direi-vos, fremosa mia senhor, destes meus olhos a coita que han: choran e cegan quand´alguén non veen, e ora cegan per alguén que veen. b) Indirectamente(o destinatario pode ser un auditorio indeterminado, Deus, o Amor, os amigos do trobador...) Amigos, non poss´eu negar a gran coita que d´amor hei, ca me vejo sandeu andar, e con sandece o direi: os olhos verdes que eu vi me fazen ora andar assí. Johán García de Guilhade

  10. Recursos formais • Estrofas (cobras) de catro ou sete versos • Tipos: • Refrán: maior influxo da lírica popular autóctona • Mestría: máis achegada ao modelo provenzal da cansó • Fiinda: grupo de versos que completa e conclúe o contido da cantiga. • Ata-fiinda: recurso concatenación de cobras polo cal o significado dun verso complétase no verso seguinte. • Dobre: repetición dunha palabra ou dun grupo de palabras en lugares simétricos da mesma cobra. • Mordobre: repetición de palabras da mesma familia léxica (normalmente formas verbais) en lugares simétricos dunha cobra.

  11. A cantiga de amigo • Introdución • Personaxes • Símbolos no discurso amoroso • Monologadas e dialogadas • Como se dirixe ao amigo? • Recursos formais • Tipos

  12. Introdución • Composicións postas en boca dunha muller namorada (eu lírico/voz poética) que lamenta a ausencia do seu amigo (non confundir con autoría real=un home). • Orixe autóctona (semellanza coas kharjas mozárabes) • Personaxes: a moza namorada, o amigo, nai, irmá(s), amiga(s), natureza personificada • Ambientación naturalista. • Recursos repetición máis habituais: paralelismo (literal, estrutural, semántico), leixaprén e refrán.

  13. Personaxes A amiga: moza solteira, ten unha valoración positiva do propio físico(“velida, louçana, delgada...”), aínda que a descrición é escasa en detalles. O amigo: figura da que fala a protagonista, rara vez participa directamente na acción. Ás veces aparece como mentirán ou falso. A nai: nalgúns textos aparece como un obstáculo para a relación amorosa. A súa postura vai da oposición agresiva á relación da filla até o de confidente e mesmo conselleira(“voz da experiencia”)na relación amorosa. As irmás e amigas: adoitan actuar como confidentes, aínda que nalgúns casos poden converterse en rivais amorosas. A natureza: leves referencias que axudan para situar a cantiga nun espazo concreto. Alén dunha función referencial, a natureza convértese tamén en personaxe, a quen a amiga dirixe queixas e preguntas, e en ocasións responde. Pode ter unha función simbólica moi importante.

  14. Símbolos no discurso amoroso Son imaxes propias da lírica popular e nelas os elementos da natureza xogan un papel fundamental como confidentes do amor ou como símbolos do mesmo. A auga como símbolo de fertilidade O mar como símbolo de separación entre os namorados / desesperación da amiga ante a tardanza do amigo (texto de Meendinho) O vento e os cervos simbolizarían a virilidade masculina A fonte, os cabelos (“garzetas”) como simboloxía feminina Dúas leituras nalgunhas cantigas: superficial, atendendo á literalidade do poema, e profunda, como expresión de matices emotivos e eróticos. Comentario: “Sedia-m´eu na ermida de San Simón”de Meendinho /“-Digades, filha, mia filha velida”de Pero da Ponte.

  15. Voces a) Monologadas “Ai, eu coitada, como vivo en gran cuidado Por meu amigo que ei alongado! Muito me tarda O meu amigo na Guarda!” Afonso X b) Dialogadas “-Digades, filha, mia filha velida, Porque tardastes na fontana fría. Os amores ei... -Tardei, mia madre, na fontana fría, Cervos do monte á augua volvían. Os amores ei...” Pero Meogo

  16. Como se dirixe ao amigo? a) directamente “Fals´amigo, per boa fe, m´eu sei que queredes gran ben outra molher e por min ren non dades, mais, por assí é”. Afonso Méndez de Besteiros b) indirectamente “Vistes, madre, quando meu amigo pos que verría falar comigo? Hoje día cuidades que venha?”. Joam Pérez de Avoín

  17. Recursos formais • Paralelismo: repetición das estrofas con variación da parte final dos versos. Ondas do mar de Vigo Se vistes meu amigo E ,ai Deus, se virrá cedo! Ondas do mar levado Se vistes meu amado E ,ai Deus, se virá cedo!

  18. Recursos formais • Leixaprén: os segundos versos do primeiro par de cobras pasan a ser os primeiros do par seguinte, e así sucesivamente. Ondas do mar de Vigo Se vistes meu amigo …. Ondas do mar levado Se vistes meu amado … Se vistes meu amigo O por que eu sospiro … Se vistes meu amado Por quen ei gran coidado? …

  19. Recursos formais • Refrán: verso ou versos que, normalmente, aparecen ao final de cada cobra. -Digades, filla, mía filha velida, Por que tardastes na fontana fría? -Os amores ei. -Digades, filla, mia filha louçana, Por que tardastes na fía fontana? -Os amores ei.

  20. Tipos(subxéneros) • Bailadas ou bailías: composicións que invitan ao baile e á ledicia de vivir. • Mariñas ou barcarolas: composicións que se desenvolven ao pé do mar ou nas que o mar é o interlocutor. • Cantigas de romaría: composicións localizadas ou relacionadas cunha capela ou romaría. • Albas: composicións que describen a desaparición dos namorados á alba, nas primeiras horas do mencer (só un exemplo=discutíbel).

  21. Xéneros menores • Pastorela: cantigas en que a protoganista é unha pastora que recibe os amores dun cabaleiro que a atopa fortuitamente. • Pranto: composición en que o trobador se lamenta da perda dun ser querido. • Tenzón: diálogo entre dous trobadores sobre temas burlescos ou amorosos. • ...

  22. Cantigas de burlas ou d´escarnho e maldizer • Composicións de burla ou sátira (=facer rir) • Documentos de valor histórico,sociolóxico e lingüístico. • Diversidade temática: • Sátira moral • Sátira literaria • Sátira social, de tipos e costumes • Sátira política e militar • Diferenzas escarnio e maldicir: • Escarnio: crítica encuberta con palabras de duplo sentido(uso da ironía e do equívoco). • Maldicir: crítica directa.

  23. Os manuscritos • Corpus poesía galega medieval: arredor 1680 textos e máis de 150 autores coñecidos • Cancioneiro da Ajuda (Lisboa), recolle, fundamentalmente, cantigas de amor. • Cancioneiro da Biblioteca Nacionalde Lisboa (ou Colocci-Brancuti), contén cantigas de todos os xéneros. • Cancioneiro da Vaticana (Roma), cantigas de todos os xéneros. • Pergamiño Vindel (Nova York), folla solta contén as sete cantigas de Martín Codax. Aparece tamén a notación musical. • Pergamiño Sharrer (Lisboa) con sete cantigas de amor de Don Dinís, acompañadas pola notación musical. • Outros textos: a “Tavola Colocciana” (índice de autores) e a “Arte de Trovar” (tratado de poética)

  24. As cantigas de Santa María • 427 composicións en honra da Virxe. • Compostas na corte de Afonso X(1252-1284) • Tipos: • Narrativas: narran un milagre atribuído á Virxe. Intención didáctico-relixiosa. Estrutura: • Limiar: indica o milagre que se vai explicar + refrán • Presentación protagonista e do conflito • Loanza á Virxe • Líricas (“loor”): • Intercaladas entre as cantigas narrativas. • Son semellantes ás cantigas de amor: a Virxe é a “Senhor das Senhores”

  25. A prosa medieval • Son traducións de textos doutras linguas. • Máis escasa, serodia e menos orixinal que a lírica. • Textos máis antigos: Noticia do Torto, Testamento do rei Afonso II de Portugal (c.1214) + Foro do bo burgo de Castro Caldelas (1228). • Destacamos: • Materia de Bretaña (ciclo bretón ou artúrico): • Xosé de Arimatea • Merlín • A demanda do Santo Graal • Materia de Troia (ciclo clásico): • Crónica Troiana • Historia de Troia • Prosa haxiográfica ou xacobea • Prosa historiográfica

  26. O autor desta presentación é Manuel Antón Mosteiro García.(Algunhas mudanzas no deseño e nalgúns textos informativos son responsabilidade de Lois Bouzas)

More Related