290 likes | 403 Views
Algúns consellos a ter en conta. TÉCNICAS EFECTIVAS DE COMUNICACIÓN ESCRITA E ORAL PARA AVOGADOS Xosé López García xose.lopez.garcia@usc.es Universidade de Santiago de Compostela (USC). Algunhas ideas para situar a cuestión.
E N D
Algúns consellos a ter en conta TÉCNICAS EFECTIVAS DE COMUNICACIÓN ESCRITA E ORAL PARA AVOGADOS Xosé López García xose.lopez.garcia@usc.es Universidade de Santiago de Compostela (USC)
Algunhas ideas para situar a cuestión 1.DA MAN DA COMUNICACIÓN CONSEGUIMOS TRANSMITIR COÑECEMENTO DE XENERACIÓN EN XENERACIÓN, DAR A COÑECER OS NOSOS PUNTOS DE VISTA… E EXERCER A NOSA PROFESIÓN -DE AVOGADOS-.
Algunhas ideas para situar a cuestión 2.A COMUNICACIÓN É UNHA COMBINACIÓN DA LINGUAXE VERBAL E NON VERBAL, DE RAZÓN E EMOCIÓN, DE PALABRAS E FEITOS, DE TEXTOS E IMAXES…
Algunhas ideas para situar a cuestión 3.A CAPACIDADE QUE TODOS TEMOS PARA APRENDER A COMUNICARNOS DE FORMA EFECTIVA É SORPRENDENTE. SÓ PRECISAMOS TÉCNICA, PRÁCTICA, ESTRATEXIA… E VONTADE PARA ACADAR O CITADO OBXECTIVO.
Algunhas ideas para situar a cuestión 4.O QUE TODO COMUNICADOR NECESITA É DAR OS PASOS PRECISOS PARA CONSTRUIR UNHA IMAXE DE MARCA QUE TRANSMITA CREDIBILIDADE COMO BASE PARA ACADAR A INFLUENZA.
Algunhas ideas para situar a cuestión 5.PARA COMUNICAR ALGO, HAI QUE TER MOI CLARA A MENSAXE QUE QUEREMOS TRANSMITIR, A QUEN –PÚBLICO REFERENTEMENTE- E DE QUE FORMA. *E, unha forma, para evitar improvisacións, é escribir a mensaxe.
A ter en conta na escrita 1.-A LINGUA, COMO SISTEMA DE COMUNICACIÓN VERBAL, É O MÁIS PODEROSO DOS INSTRUMENTOS QUE MANEXA O XÉNERO HUMANO. *Así o recoñeceron xa os gregos.
A ter en conta na escrita 2.-A LINGUA É UN INSTRUMENTO MOI EFICAZ, PERFECCIONADO POR INCONTABLES XERACIÓNS E QUE CONSTITÚE UNHA OBRA DE ARTE SEMPRE IMPERFECTA E PERFECTIBLE. *Ó seu refinamento ou degradación constribuimos os que a usamos.
A ter en conta na escrita 3.-O COIDADO DA EXPRESIÓN ESCRITA É NORMA FUNDAMENTAL DE CALQUERA PROFESIONAL, POLO QUE CONVÉN DISPOÑER DUNHA FORMA CORRECTA E CON ESTILO DE ESCRIBIR, DE EXPRESAR IDEAS E DE TRANSMITIR COÑECEMENTOS.
A ter en conta para escribir un texto 1.-TODO FEITO HAI QUE DOCUMENTALO PARA ENTENDELO NA SÚA COMPLEXIDADE E CONTEXTUALIZALO.
A ter en conta para escribir un texto 2.-O MATERIAL REUNIDO HAI QUE ANALIZALO, EVALUALO E ORGANIZALO, XERARQUIZANDO A SÚA IMPORTANCIA E DIFERENCIANDO O QUE É O NUDO DOS FEITOS DA SÚA EXPLICACIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN.
A ter en conta para escribir un texto 3.-A ESTRUTURA DO TEXTO QUE ESCRIBIMOS TERÁ, NA MAIORÍA DOS CASOS, UNHA ENTRADA –PRIMEIRO PARÁGRAFO-, UN DESENVOLVEMENTO –EXLICACIÓN EN VARIOS PARAGRAFOS-, E UN FINAL –CON PECHE OU CONCLUSIÓN-. *Seguiremos, pois, o modelo de apertura, desenvolvemento e peche.
A ter en conta para escribir un texto 4.-OS MODELOS MÁIS HABITUAIS PARA ORGANIZAR A INFORMACIÓN XUDICIAL PODEN SER: PIRÁMIDE INVERTIDA (CON LID DE SUMARIO), RELÓ DE AREA, BLOQUES INFORMATIVOS SUPERPOSTOS, E PREGUNTA RESPOSTA (nestes dous últimos, con diferentes variantes de lid).
A ter en conta para escribir un texto 5.-OS TEXTOS DEBEN TER UN ESTILO COIDADO, ELIXINDO OS MEDIOS DE EXPESIÓN MÁIS ADECUADOS, ELIXINDO UNHAS PALABRAS E DESBOTANDO OUTRAS, RECURRINDO A UNS XIROS E PRESCINDINDO DOUTROS. *Temos que intentar ser claros, directos (na medida do posible) e precisos.
A ter en conta na comunicación oral 1.-PARA FALAR EN PÚBLICO HAI QUE TER CONFIANZA NUN MESMO -AUTOESTIMA- E DOMINAR OS RECURSOS BÁSICOS DA ORATORIA. 2.-PARA FALAR EN PÚBLICO HAI QUE DOTARSE DE FORTES DOSES DE AUTOMOTIVACIÓN. 3.-PARA FALAR DUN TEMA, CONVÉN DOCUMENTARSE E REFLEXIONAR ANTES DE FACER AFIRMACIÓNS. .
A ter en conta para intervir en publico 1.-HAI QUE PREPARAR A INTERVENCIÓN E, NA MEDIDA DO POSIBLE, ESCRIBILA PARA LOGO IMPROVISAR -o que se coñece como improvisación preparada-. 2.-HAI QUE FALAR DESPACIO, CO TON AXEITADO AO ESCENARIO/AUDITORIO E CUN RITMO AXEITADO AO ESCENARIO/AUDITORIO.
A ter en conta para intervir en publico 3.-HAI QUE EMPREGAR A COMUNICACIÓN XESTUAL. 4.-HAI QUE EVITAR OS TÓPICOS E CHISTES FÁCILES. 5.-HAI QUE OBSERVAR AOS DESTINATARIOS PARA INTRODUCIR ELEMENTOS QUE ROMPAN A MONOTONÍA DO DISCURSO.
A ter en conta para intervir nos xuizos 1.-NOS XUIZOS NOS PROCESOS CIVIL, PENAL, LABORAL OU NO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO -AS CATRO RAMAS DO DEREITO-, NA MAIORÍA DOS CASOS, ESTÁ CONTEMPLADA A PRESENZA DO AVOGADO –nos xuizos verbais, de faltas… non é preceptiva, pero si aconsellable-. *Polo tanto, na súa intervención, precisará da comunicación -co cliente, cos principais actores…-.
A ter en conta para intervir nos xuizos 2.-CANDO SE ABRE UN XUIZO ORAL, A PRIMEIRA INICIATIVA É COMUNICAR A CAUSA Ó FISCAL OU Ó ACUSAOR PRIVADO, PARA QUE, POR ESCRITO, CALIFIQUEN OS FEITOS. *Os avogados son profesionais que interveñen no xuizo como defensa ou acusación.
A ter en conta para intervir nos xuizos 3.-CANDO NUN XUIZO ORAL INTERVÉN O AVOGADO, AMAIS DAS CONVENCIÓNS HABITUAIS -COA VENIA, SEÑORÍA-, O PROFESIONAL DA AVOGACÍA DISPÓN DE LIBERDADE PARA ESTRUTURAR AS SÚAS INTERVENCIÓNS DO XEITO QUE CONSIDERE MÁIS EFECTIVAS.
A ter en conta para intervir nos xuizos 4.-CANDO SE CELEBRA O XUIZO, HAI FASE PROBATORIA -PRACTICANSE AS PROBAS PROPOSTAS POLAS PARTES-; CALIFICACIÓNS DEFINITIVAS -ESCRITO DAS CALIFICACIÓNS DEFINITIVAS POR PARTE DOS AVOGADOS-; INFORME ORAL -OS AVOGADOS DAS PARTES EXPOÑEN ORALMENTE AS CONCLUSIÓNS SOBRE O TRATADO NO PROCEDEMENTO-; A “ÚLTIMA PALABRA” -ÓS ACUSADOS-, E A SENTENCIA.
A ter en conta para intervir nos xuizos 5.-UNHA SENTENZA CONSTA DOS SEGUINTES APARTADOS: DATOS RELATIVOS Á IDENTIFICACIÓN -CIDADE, NÚMERO DE SENTENZA…-; ANTECEDENTES DO FEITO -PASOS SEGUIDOS NO PROCESO DESDE A DENUNCIA-; FEITOS PROBADOS -A “VERDADE OFICIAL”-; FUNDAMENTOS DE DEREITO -ARTIGOS E LEIS QUE SOSTEÑEN A LEXITIMIDADE DO VEREDICTO-, E FALLO OU SENTENZA –CONDENA OU ABSOLUCIÓN-.
A ter en conta para intervir nos xuizos 6.-TANTO AS PARTES DA SENTENZA COMO O FORMATO DOS XUIZOS PERMITEN DISPOÑER DUN MARCO PARA A APLICACIÓN DAS TÉCNICAS DE COMUNICACIÓN ESCRITA E ORAL NESTE EIDO. *Con todo, as técnicas de comunicación oral e escrita poden aplicarse en moitas outras actividades.
A ter en conta no momento actual O DOMINIO DE TÉCNICAS EFECTIVAS DE COMUNICACIÓN ESCRITA E ORAL POR PARTE DOS AVOGADOS DEBE PERMITIR MÁIS EFICACIA NOS XUIZOS E NO DESENVOLVEMENTO DE TODA A ACTIVIDADE PROFESIONAL.