200 likes | 318 Views
OS ORZAMENTOS DE 2012. FORTES RECORTES PARA O EMPREGO O EMPREGO NON É UNHA PRIORIDADE PARA O PP. RAJOY REDUCE O ORZAMENTO DE PRESTACIÓNS. No cadro macroeconómico o goberno prevé: Unha diminución do emprego de 631.100 postos de traballo fronte os 356.500 de 2011
E N D
OS ORZAMENTOS DE 2012 FORTES RECORTES PARA O EMPREGO O EMPREGO NON É UNHA PRIORIDADE PARA O PP
RAJOY REDUCE O ORZAMENTO DE PRESTACIÓNS • No cadro macroeconómico o goberno prevé: • Unha diminución do emprego de 631.100 postos de traballo fronte os 356.500 de 2011 • Un aumento da taxa de paro de 2,7 puntos fronte aos 1,5 de 2011 • Pese a elo diminúe o orzamento de prestacións en 1.637 millóns de euros, un 5,4%
DADA A EVOLUCIÓN DO GASTO EN PRESTACIÓNS NON É DE ESPERAR A SÚA DIMINUCIÓN
EN GALICIA XA LEVA CRECENDO O GASTO EN PRESTACIÓNS DENDE XUÑO DO ANO PASADO
A REFORMA LABORAL VAI AUMENTAR O GASTO • En xaneiro aumentaron os EREs de extinción nun 91% e o total nun 45%; sen requirir autorización, aumentarán moito máis. • O abaratamento do despido fará que moitas empresas, que non o facían polo custe, se desprendan dos traballadores con salarios máis altos. • Nas Oficinas de emprego xa se nota un aumento de parados afectados pola Reforma Laboral
O PP RECORTARÁ AS PRESTACIÓNS CO PRETEXTODE MANTELO DEFICIT • Se haberá máis paro que en 2011 • Se se destruirán máis postos de traballo • Se está aumentando o gasto en prestacións • Como van diminuír nun 5,4% as prestacións? Rajoy recortará a duración, a contía ou ambas cousas das prestacións por desemprego coa escusa de mantelo obxectivo do déficit. Xa negaron que foran facer outras cousas: subir os impostos, abaratar o despido …
ORZAMENTOS DE 2012PARA O EMPREGO EN GALICIA A METADE QUE EN 2009 CON UN TERZO MAIS DE PARADOS 200 MILLÓNS MENOS CON 65.000 PARADOS MAIS, DE MOMENTO
ORZAMENTOS DA CONSELLERÍA SEGUNDO AORIXE DOS FONDOS • Feijóo reducíu os fondos da Xunta en 77,8 millóns de euros, un 49,5% menos. • Rajoy presenta nos orzamentos de 2012 unha diminución de 121,8 millóns, un 52% menos. • Dos fondos do FSE destinaron a outros fins 2,3 millóns, un 7,9% menos. • Deixan 1 de cada 3 euros que se investían. O investimento por cada demandante non ocupado cae de 1.822 euros a 698 euros, un 62%.
AUSTERIDADE NOS RECORTES? Con menos persoal (Capítulo I), menos transferencias correntes e de capital (Cap. IV e VII), menos investimentos reais (Cap. VI), menos activos financeiros (Cap. VIII), que aumenten os gastos correntes (Cap. II) diminuíndo os demais, non é un despilafarro?
QUEREN ELIMINAR OS SERVIZOS PÚBLICOS DE EMPREGO • Reducen ata o 30 de xuño os contratos de 1.500 promotores que reforzan as Oficinas de emprego, cando prevén un aumento de 600 mil parados. • En Galicia, 109 promotores que traballan nas Oficinas de emprego serán despedidos o 30 de xuño. • Para Modernizar os Servizos Públicos de Emprego recortan 63,4 millóns de euros, 5,2 en Galicia. Facer que as ETT xestionen ofertas e reducir 1.500 traballadores do seu persoal técnico cando prevén que o paro medre nun 21% é deteriorar aos Servizos Públicos.
EN GALICIA XA DERON VARIOS PASOS • Eliminaron os mecanismos de análise dos mercados locais e de planificación das políticas activas. • Segue sen facerse a clasificación dos demandantes, pese o compromiso de que estaría feita fai un ano. • Reduciron a plantilla e non se cubren as vacantes. • Haberá en xuño 109 técnicos menos nas Oficinas, ademais dos 34 recortados sobre 2009: 143 técnicos menos para cen mil parados mais. Sen análise, planificación nin personal mal pode executar as súas funcións o Servicio Público de Emprego. Xustificarán así a intervención das ETT.
DESAPARECE OS MECANISMOS DE INTERVENCIÓN NAS POLÍTICAS DE EMPREGO • A Xunta eliminou todos os seus fondos de orientación e programas experimentais (1,4 millóns) e o Estado reduciunos ao 32% (8 millóns menos). • Desaparecen practicamente os axentes de emprego. Dos 16,5 millóns de 2009, a Xunta eliminou os 10,2 que aportaba e o Estado reduciu os 6,3 millóns do 2011 a 94 mil euros. • Eliminase deste xeito a intervención da administración local na planificación e dinamización das políticas de emprego • Os axentes sociais e as entidades sen ánimo de lucro quedan tamén sen ese persoal técnico. O PP elimina a todas as institucións que deben intervir na planificación, análise e avaliación das políticas de emprego ao eliminar aos seus técnicos.
ELIMINAN OS FONDOS PARA CONTRATAR PARADOS • A Xunta eliminou o 96% dos seus fondos (8,1 millóns) e o Estado o 99% (84 millóns). • Non poderá contratarse a case ningún dos 113 mil demandantes non perceptores de prestacións. • Nas ordes xa publicadas están comprometidos 64,8 millóns de euros, de onde sairán? • Os concellos e entidades galegas non poderán contar con traballadores financiados pola Xunta. O PP elimina os fondos para contratar parados non perceptores coa vista posta nos programas de colaboración social.
FOMENTAN O EMPRENDEMENTO… SEN FONDOS • A Xunta reduciu 10,6 millóns os seus fondos para emprendedores e o Estado 10,4 millóns. • Hoxe hai 21 millóns menos que en 2009, un 68% menos de fondos para investimento en activo fixo, en cotas da Seguridade Social, … • O emprendemento está recoñecido por todos como un instrumento válido para facer fronte á situación actual. O PP fai unha vez mais política de imaxe: crea unha desgravación fiscal de 3.000 euros a bombo e platillo e elimina os fondos existentes que tiñan maior contía.
ESQUILMAN Á FORMACIÓN DOS DESEMPREGADOS • Feijóo xustificou os recortes dicindo que impartir formación supoñía ter parados mellor formados, pero parados. • A Xunta diminuíu os fondos do programa de formación de desempregados de 7,5 millóns a soamente 400 mil. • Nestes orzamentos o Estado destina 10,7 millóns menos á formación dos parados galegos • Os 65,6 millóns de 2009, convértense en 51,9 millóns; os 310 euros por parado quedan reducidos a 187 euros. Se en 2009 puidéronse formar 20.147 parados, ¿cántos en 2012? As bases dun novo sistema produtivo e a saída a sectores saturados (construción, téxtil, …) pasa pola formación dos parados. Estes recortes déixannos sen alternativa.
A FORMACIÓN DOS OCUPADOS TAMÉN SE RESINTE • En relación cos ocupados, Feijóo dirá algo parecido: “será ter ocupados, mellor formados, pero ocupados”. • O investimento de 2009, 32,2 millóns de euros, queda reducido nun 56%. En 2012 destínanse 14,2 millóns. • Redúcese os fondos transferidos pero aumentan os destinados a devolver as cotas de formación. • A formación para o emprego que abarca necesidades mais amplas, redúcese deste xeito ao posto de traballo. A formación para o emprego dos ocupados destinábase mais aos traballadores e as cotas aos directivos; é claro que implica aumentar os fondos de cotas.
MENOS EMPREGO, MAIS PARO E MENOS POSIBILIDADES DE SAÍDA DA CRISE • Feijóo reducíu os fondos da Xunta para o emprego nun 49,5% e Rajoy os do Estado nun 52%. Unha coincidencia ou unha decisión política de partido? • Menos instrumentos de intervención no mercado laboral é o resultado dunha ideoloxía neoliberal. Desaparecen case todos • O meirande recorte se fixo en políticas activas de emprego, tanto na Xunta como no Estado. Teñen de común ser do PP. • Menos contratacións, menos apoio ao emprendemento, menos formación... En definitiva, menos futuro As políticas activas de emprego, nas que non cre o PP, son o instrumento básico para saír da crise cun novo modelo produtivo. O recorte nestas políticas, ademais do que implica de falta de sensibilidade social, perpetuará unha economía mais especulativa que produtiva, o que parece ser o seu modelo.