160 likes | 285 Views
A Lei de Orzamentos e a Universidade. Mentiras e verdades. Financiamento. “O Sistema Universitario de Galicia ten en execución un Plan de Financiamento 2011-2015 que se caracteriza por ser dinámico, flexible, sostible , equitativo e eficiente”
E N D
A Lei de Orzamentos e a Universidade Mentiras e verdades
Financiamento “O Sistema Universitario de Galicia ten en execución un Plan de Financiamento 2011-2015 que se caracteriza por ser dinámico, flexible, sostible, equitativo e eficiente” “Os 371,5 millóns con que está dotado o Plan de Financiamento do SUG para 2013 distribuiranse entre as tres universidades en base aos resultados en áreas clave: Financiamentoestrutural, subvención por resultados, e financiamento por mellora da calidade” JoséAlbertoDíez de Castro Secretario xeral de Universidades da Xunta de Galicia
Financiamento • Orzamentosostible? Dinámico e flexible, si…. • O proxecto de lei de orzamentos: • Rebaixa un 6,5% os recursos respecto a 2012 • Consolida unharedución de case o 17% respecto a 2009 • Voltamos a niveis de financiamento de 2005
Financiamento • O financiamentoestrutural, que garante o funcionamento ordinario da universidade, baixa de 290,06M de euros a 250,74 (39,32M menos) • As subvencións por resultados docentes (26,90M) corresponden en realidade a un plan a tres anos. • Asigna 47,97M de euros para convocatorias competitivas de I+D+i. Dende 2010 non chegou a executarsemáis do 20% e nada indica que vaia ser diferente este ano. • Daquela, os 371,5 M de euros do plan de financiamento para 2013 son poucomáis de 320 M.
Financiamento “O capítulo IV do Plan de Financiamento reduciuse noutros 6 millóns de euros, polo incremento dos ingresos propios das universidades, procedente dos ingresos extraordinarios obtidos polas segundas e sucesivas matrículas” Jesús Vázquez Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Financiamento Os ingresos non puideron incrementarse por: • Os límites dos números de alumnos dos novos graos e o feito de pasar de 5 a 4 anos de carreira • A baixa matrícula nos máster (a crise…) • O aumento dos impagos de taxas (a crise…) • Os ingresos das 2ª-3ª matrículas estiveronnaliña de anos anteriores e non chegan para compensar as perdas anteriores • A conxelación das taxas coa redución de financiamento, pode provocar un burato económico nas universidades de 3-4 millóns de euros, polas malas previsións da Xunta de Galicia.
Persoal “Se ben a redución da masa salarial da Xunta de Galicia é do 6,3% respecto das contas de 2012, a repercusión desta baixada no eido das universidades foi atenuada de xeito consciente, aplicando unha redución do 5,4%, isto é case un punto porcentual inferior á aplicada para a Xunta.” Jesús Vázquez Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Persoal • “La Xunta recortará una media del 4% el salario de los funcionarios en el 013.”(http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2012/12/21/ xunta-bajara-media-4-salarios-funcionarios/00031356099764112941604.htm) • O proxecto de lei de orzamentos reduce as retribucións de todo o persoal das universidades galegas, no seuconxunto, nun5% da masa salarial. • A autonomía universitaria será para aplicar o recorte en cada universidade (recortes salariais, despedimentos e non renovacions de contratos…) • A Lei de orzamentosxa é seguro que: • Vai afectar aos complementos autonómicos do PDI, que incentivan a produtividadena docencia e na investigación, entre outros. • Obriga a que as vacantes que se produzan se supriman das RPT. Iso implica que, por exemplo, interinos e contratados van saltar nos concursos de traslado.
Docencia “As universidades teñen que ser motor do desenvolvemento de Galicia cumprindo a súa función académica” José Alberto Díez de Castro Secretario xeral de Universidades da Xunta de Galicia
Docencia • Lévase perdido nos últimos anos máis de 150 postos de PDI • A taxa de reposición do 10% está elevando a carga docente, especialmente nalgunhas áreas • As universidades de Galicia, después das das Illas Baleares, Madrid e Canarias, son as de peor ratio alumnos/profesor: 13,8 alumnos (en 2011) • A intervención da Xunta naxestión de persoal (todas as contrataciónsteñen que ser permitidas polaConsellaría de Facenda) provoca baleiros e atrasos docentes, como o que reflicteestes días a prensa en Políticas • A USC está facendosimulacións para aumentar a xornada do PDI • As retribuciónspolaprodutividade e a excelencia na docencia vanse recortar
Investigación “En consonancia coa aposta do goberno galego pola I+D+i, e en cumprimento das evolucións previstas para estas partidas do Plan, os fondos de transferencia tecnolóxica e de resultados de investigación, increméntanse en 2 millóns de euros. Contrariamente á tendencia xeral, en Galicia auméntanse ano a ano os recursos en I+D+i.” Jesús Vázquez Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Investigación • As convocatorias competitivas de I+D+i case non se están executando. En 2009, cunha execución próxima ao 90%, foron 39M de euros. En 2011 só se executaron 6M. • Como consecuencia, pérdese persoal de apoio á investigación (na USC, uns 400 contratos menos con cargo ao capítulo VI) e pérdese competitividade a medio e longo prazo • As retribucións por produtividade e excelencia na investigación vanse recortar
Alumnado "No contexto duns orzamentos cada vez máisaxustadosteño que destacar o incremento do 2% na partida orzamentaria destinada a bolsas e axudas para os estudantes universitarios, para paliar as consecuencias da crise nas economías das familias galegas e evitar situacións de exclusión ou abandono da educaciónuniversitaria por motivos económicos. Seguiremos apostando por repercutir o menor incremento posible nas taxas de matrícula". JesúsVázquez Conselleiro de Cultura, Educación e OrdenaciónUniversitaria
Alumnado • En 2011-2012 as bolsas e axudas da Consellería de Educación tiveron como beneficiarios a 1.962 estudantes universitarios, sobre uns 76.000, e foron axudas de apoio á mobilidade, aprendizaxe de linguas, imprevistos por causas sobrevidas, premios... • As bolsas de estudo do Ministerio, as que realmente sustentan o alumnado universitario, minguaron en número de beneficiarios, polos requisitos de esixencia, e están a sufrir importantes atrasos (moitosaíndahoxe non cobraron), que asfixian as familias • O conxunto das axudas a Erasmus e Séneca reducíronse á metadedende 2012. • Aínda que as taxas da 1ª matrícula se conxelen, xa aumentaron espectacularmente as de 2ª e sucesivas. Haicarreiras con especial dificultade académica que se van facer imposibles economicamente.
En resumo, para a universidade… • O financiamento non abonda para o funcionamento ordinario da universidade • Redución de persoal por non renovacións,despedimentosou falta de financiamento dos proxectos de investigación • Redución retributiva e maior carga de traballo • Redución da calidade da docencia • Retroceso de anos nacalidade da investigación, que perderá competitividade • Perda de competitividadefronte á universidade privada • Elitización do alumnado por causas económicas
E para a sociedade galega… • Menor riqueza directa: menos alumnado desprazado, menos gasto do persoal, menos investimento en congresos, etc. • Menor riqueza indirecta: resultados de investigación, formación da sociedade… • Aposta por un modelo non innovador e de alta eficiencia, senón por un modelo privatizador, que traslada a riqueza xa existente a un modelo de negocio privado que explota o sector público