1 / 35

TECTÓNICA GLOBAL OU DE PLACAS

TECTÓNICA GLOBAL OU DE PLACAS. INTRODUCCIÓN. A dinámica cortical estuda os movementos que teñen lugar na codia debido a súa actividade. Hai dous tipos de movementos:

krikor
Download Presentation

TECTÓNICA GLOBAL OU DE PLACAS

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. TECTÓNICA GLOBAL OU DE PLACAS

  2. INTRODUCCIÓN A dinámica cortical estuda os movementos que teñen lugar na codia debido a súa actividade. Hai dous tipos de movementos: Os movementos verticais ( debidos a axustes isostáticos): responsables dos procesos de elevacións (epiroxénicos) e afundimentos (subsidencia) sen gran deformación interna.  Os movementos horizontais (oroxénicos ou tectónicos): responsables dos procesos de formación de oróxenos ou montañas. Uns e outros están orixinados polas correntes que axitan o interior terrestre.

  3. ISOSTASIA Teoría que explica os movementos verticais da litosfera Darwin, aportou unha das 1ª probas de movementos verticais na superficie da Terra Subsidencia dun cono volcánico e crecemento de corais Material erosionado Materia l que será erosionado Principio de Arquímedes: bloques de litosfera soben e baixan de acordo coa súa densidade

  4. RECONSTRUCCIÓN DE PANXEA COMO SE PENSA QUE ERA HAI 200 MILLÓNS DE ANOS

  5. TECTÓNICA GLOBAL PRECEDENTES: • A DERIVA CONTINENTAL • A EXPANSIÓN DO FONDO OCEÁNICO

  6. DERIVA CONTINENTAL HAI 220 MILLÓNS DE ANOS

  7. DERIVA CONTINENTAL NA ACTUALIDADE DENTRO DE 50 M. A.

  8. A DERIVA CONTINENTAL Wegener (1912) propuxo que todos os continentes estaban unidos (hai 200 m.a.) nun supercontinente chamado PANXEA Argumentos:  Probas xeográficas  Probas paleoclimáticas  Probas paleontolóxicas  Probas xeolóxicas Aspectos incorrectos:  Os continentes desprázanse sobre o fondo mariño que era inmóbil.  Apuntaba que as causas do desprazamento debíanse á atracción luar e a forza centrífuga AXUSTE ENTRE SUDAMÉRICA E ÁFRICA AO LONGO DO TALUDE CONTINENTAL

  9. ¿CÓMO EXPLICABAN OS CIENTÍFICOS DA ÉPOCA DE WEGENER O DESCUBRIMENTO DE ORGANISMOS FÓSILES IDÉNTICOS EN LUGARES SEPARADOS POR MILLEIROS DE QUILÓMETROS? ESTES BOCETOS DE J.HOLDEN ILUSTRAN VARIAS EXPLICACIÓNS PARA A APARICIÓN DE ESPECIES SIMILARES EN MASAS DE TERRA QUE NA ACTUALIDADE ESTÁN SEPARADAS POR UN ENORME OCEÁNO.

  10. A EXPANSIÓN DO FONDO OCEÁNICO Harry Hess(1962), postulou esta teoría segundo a cal polas dorsais oceánicas producíase un ascenso do material procedente do manto que formaba a codia do océano e desprazábase a ambos lados. Vine e Mathews(1963) probaron a teoría de Hess:  Idade da codia oceánica  Bandeado magnético  Fluxo térmico  Sismicidade FOSA FOSA DORSAL CÉLULAS DE CONVECCIÓN MANTO

  11. ILUSTRACIÓN ESQUEMÁTICA DO PALEOMAGNETISMO CONSERVADO EN COADAS DE LAVA DE VARIAS IDADES

  12. CRESTA DORSAL MAPA DE LOCALIZACIÓN BUQUE DE INVESTIGACIÓN QUE PASA O MAGNETÓMETRO SOBRE A CRESTA DA DORSAL

  13. A MEDIDA QUE SE ENGADE NOVO BASALTO AO FONDO OCEÁNICO NAS DORSAIS, MAGNETÍZASE DE ACORDO CO CAMPO MAGNÉTICO EXISTENTE NESE MOMENTO NA TERRA

  14. TECTÓNICA DE PLACAS WILSON (1965), Le PICHON e MORGAN (1968) e outros son os autores da teoría da Tectónica de Placas, segundo a cal, por efecto das dorsais a litosfera está dividida en grandes placas ríxidas, que se desprazan sobre a astenosfera cuns poucos cms por ano, deformándose nos seus bordos, mentres que o interior das placas (zonas intraplaca) permanece estable. A actividade xeolóxica concéntrase ao longo de estreitos cintos móbiles: dorsais, fosas oceánicas e fallas transformantes. Unha placa pode ter natureza continental, oceánica ou mixta. Hai 7 grandes placas: Pacífica, Norteamericana, Sudamericana, Africana, Indoaustraliana, Euroasiática e Antártica e 5 máispequenas: Nazca, Cocos, Juan de Fuca, Filipinas e Caribe.

  15. JUAN DE FUCA 2 1 4 3 7 5 6 PRINCIPAIS PLACAS LITOSFÉRICAS

  16. Velocidade de extensión 2,1 cm/ano 2,1 FALLAS TRANSFORMANTES ZONAS DE SUBDUCCIÓN DORSAIS OCEÁNICAS

  17. BORDOS DE PLACA Segundo o movemento relativo entre placas contiguas os bordos ou límites de placas poden ser: • Diverxentes (bordos constructivos). Se a litosfera afectada é continental: - Continental: dá lugar a un rift continental. - Oceánica: dá lugar a unha dorsal. • Converxentes (bordos destructivos). A converxencia pode ser: - Oceáno-oceáno: dá lugar a arcos de illas. - Oceáno-continente: fórmase un oróxeno tipo andino (cordilleira perioceánica). - Continente-continente: fórmase un oróxeno tipo alpino (cordilleira intracontinental). • Transformantes (bordos pasivos): asociados a fallas transformantes

  18. BORDOS DE PLACA

  19. CAUSAS DOSMOVEMENTOS DAS PLACAS Os movementos dunha placa están sempre referidos ás demais. O motor que move as placas é a convección térmica do manto. Esta idea débese a Holmes (1930) e é retomada por Hess en 1960. Para iso ten que haber unha fonte de calor ou motor térmico. Ata 1990 foi o mecanismo aceptado para explicar o movemento das placas. Recentes teorías supoñen que a subducción xoga un papel fundamental no movemento das placas. Outra teoría é a das plumas ascendentes.

  20. CAUSAS DOSMOVEMENTOS DAS PLACAS As placas móvense por forzas aplicadas nos seus bordos: • O empuxe (Fsp) e arrastre (Fnb) gravitatorio da placa que subduce. • O empuxe na dorsal (Frp) por aumento do volume ao fundir parcialmente o manto. Frp – EMPUXE NA DORSAL Fsp – EMPUXE DA PLACA Fnb –ARRASTRE DE PLACA

  21. MODELOS PROPOSTOS PARA A FORZA MOTRIZ QUE IMPULSA A TECTÓNICA DE PLACAS • Grandes células de convección no manto poden transportar a litosfera dunha maneira semellante a como funciona unha cinta transportadora

  22. MODELOS PROPOSTOS PARA A FORZA MOTRIZ QUE IMPULSA A TECTÓNICA DE PLACAS • O arrastre das placas prodúcese porque a placa subducida é máis densa có material subxacente .O empuxeda placa é unha forma de esvaramento por gravidade causada pola posición elevada da litosfera nas dorsais.

  23. MODELOS PROPOSTOS PARA A FORZA MOTRIZ QUE IMPULSA A TECTÓNICA DE PLACAS • O modelo de pluma quente suxire que toda a convección ascendente está confinada a unhas poucas plumas estreitas , mentres que os membros descendentes desas células de convección son as placas oceánicas subducentes frías e densas.

  24. AS GRANDES ESTRUCTURAS TERRESTRES • RIFTS CONTINENTAIS • CONCAS OCEÁNICAS • DORSAIS • ARCOS ILLAS • ORÓXENOS ANDINOS • ORÓXENOS ALPINOS

  25. RIFTS CONTINENTAIS Son fosas intracontinentais limitadas por fallas normais que pasan a lístricas coa profundidade. Son bordos diverxentes nun continente. A extensión da codia vai acompañada de formación de montañas volcánicas ao longo da fosa (vales alongados ou rifts), fallas e vulcanismo. A baixa densidade da astenosfera provoca o levantamento dos bordos da fosa. Non todos os vales de rift rematan en centros de expansión completamente formados.

  26. CONCAS OCEÁNICAS • A MEDIDA QUE SE VAI FORMANDO NOVA LITOSFERA OCEÁNICA VAISE ALONXANDO DO EIXE DAS DORSAIS, POLO QUE COMEZA A ARREFRIARSE E CONTRARSE AUMENTANDO A SÚA DENSIDADE, SUFRINDO UN PROCESO DE SUBSIDENCIA TÉRMICA. • ISTO EXPLICA, EN PARTE, A MAIOR PROFUNDIDADE DA CODIA OCEÁNICA MÁIS ANTIGA E MÁIS FRÍA SITUADA NAS CONCAS OCEÁNICAS PROFUNDAS. • A PROFUNDIDADE DAS CONCAS OCEÁNICAS É PROPORCIONAL Á DISTANCIA Á DORSAL.

  27. DORSAIS • SON EXTENSAS ELEVACIÓNS (2 KM) DOS FONDOS OCEÁNICOS E DE GRAN ANCHURA (1 000 – 4 000 KM), EXTÉNDENDOSE AO LONGO DE 70 000 KM. • NALGUNHAS,NO SEU CENTRO, OBSÉRVASE UNHA FOSA DE AFUNDIMENTO CHAMADA RIFT OCEÁNICO. • SON BORDOS DE PLACA ACTIVOS OU CONSTRUCTIVOS: XÉRASE LITOSFERA OCEÁNICA. • PRESENTAN ELEVADO FLUXOTÉRMICO, VULCANISMO ACTIVO E SISMICIDADE FRECUENTE,DE POUCA PROFUNDIDADE (ATA 30 KM). • Hai dorsais: rápidas ou tipo pacífico, sen rift oceánico (v.e.= 6-10 cm/ano) e lentas ou tipo atlántico,con rift oceánico (v.e.= 2cm/ano) 2,6 7,5 VELOCIDADE DE DESPRAZAMENTO DAS PLACAS (CM/ANO) 10,7 9,5 1,5

  28. OS ARCOS DE ILLAS • OS ARCOS ILLAS FÓRMANSE, NA PLACA NON SUBDUCENTE, POR UN PROCESO DE SUBDUCCIÓN CANDO CONVERXEN DÚAS PLACAS OCEÁNICAS. • O AFUNDIMENTO É “ESPONTÁNEO” NA ASTENOSFERA • NOS ARCOS ILLAS OS FOCOS SÍSMICOS SITÚANSE SOBRE UN PLANO INCLINADO DESDE A FOSA ATA O ARCO VOLCÁNICO (PLANO DE BENIOFF). • AO SUBDUCIR, SE O PLANO ESTÁ MOI INCLINADO, A FOSA É MOI PROFUNDA E NON SE FORMA “PRISMA DE ACRECIÓN”. SE O PLANO ESTÁ POUCO INCLINADO FÓRMASE UN “PRISMA DE ACRECIÓN”. CONCA ANTEARCO CONCA MARXINAL ARCO ILLA CONCA ANTEARCO PRISMA DE ACRECIÓN

  29. ORÓXENOS ANDINOS FOSA OCEÁNICA ACABALAMENTOS PRISMA DE ACRECIÓN • PRODÚCESE CANDO UNHA PLACA OCEÁNICA E OUTRA CONTINENTAL CONVERXEN DE MANEIRA QUE A PLACA OCEÁNICA “SUBDUCE” BAIXO A CONTINENTAL DEFORMÁNDOA COMO OC ORRE NOS ANDES • CARACTERÍSTICAS:  PRIMA DE ACRECIÓN MERGULLADO  FOSA OCEÁNICA  SISMICIDADE: AO LONGO DO PLANO DE BENIOFF DANSE TRES TIPOS DE FOCOS SÍSMICOS (SOMEROS, MEDIOS E PROFUNDOS).  INTENSO MAGMATISMO

  30. DISTRIBUCIÓN DOS FOCOS SÍSMICOS NA CODIA E NO MANTO (1) SOMEROS: ATA 70 KM (2) MEDIOS: 70-400 KM (3) PROFUNDOS:400 A 700KM 1 1 2 3

  31. ORÓXENOS ALPINOS • ORIXÍNANSE CANDO “COLISIONAN” DÚAS PLACAS CONTINENTAIS. • FÓRMANSE “MANTOS DE ACABALAMENTO” SOBRE UNHA DAS MARXES CONTINENTAIS E PODEN ENCONTRARSE ROCHAS OFIOLÍTICAS (CODIA OCEÁNICA) MARCANDO A ZONA DE “SUTURA” ENTRE AMBOS CONTINENTES. PRISMA DE ACRECIÓN

  32. ORÓXENOS ALPINOS • SE O ACHEGAMENTO ENTRE OS CONTINENTES CONTINUA DESPOIS DA COLISIÓN, UNHA DAS PLACAS SOFRE CIZALLAMENTO E LÁMINAS DE CODIA DESA PLACA VANSE APILANDO UNHAS BAIXO OUTRAS “INFRAACABALAMENTOS”

  33. CICLO DE WILSON • É UNHA SÍNTESE DE TODA A DINÁMICA TERRESTRE. • AS PLACAS LITOSFÉRICAS NON SÓ SE DESPRAZAN SENÓN QUE SE FRAGMENTAN, CHOCAN E PODEN SOLDARSE UNHAS COAS OUTRAS. • ESTA EVOLUCIÓN FOI SINTETIZADA POR TUZO WILSON:  UN CONTINENTE FRAGMÉNTASE FORMÁNDOSE UN “RIFT”.  FÓRMANSE FALLAS NORMAIS E “FOSAS TECTÓNICAS”.  A DEPRESIÓN ENSÁNCHASE E É INVADIDA POLO MAR.  A EXTENSIÓN CONTINUA E CANDO A CODIA ALCANZA Ó REDOR DE 200 M.A. EMPEZA A SUBDUCIR. COMO CONSECUENCIA PÉCHASE A CONCA OCEÁNICA ATA QUE COLISIONAN OS CONTINENTES SITUADOS A AMBOS LADOS .  ESTE PROCESO PRODUCIUSE VARIAS VECESNA HISTORIA DA TERRA, EN CICLOS QUE DURAN UNS 500 M.A.

  34. CICLO DE WILSON

  35. CICLO DE WILSON

More Related