1 / 27

O MUNDO GREGO

O MUNDO GREGO. Ciencias sociais, xeografía e historia Primeiro Curso. 11. 2. As polis gregas. 6. A Grecia helen ística. O mundo grego. 1. O nacemento do mundo grego. 3. As colonizacións gregas. 4. A democracia ateniense. 5. O esplendor de Atenas. 11. Introduci ón.

lethia
Download Presentation

O MUNDO GREGO

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. O MUNDO GREGO Ciencias sociais, xeografía e historia Primeiro Curso www.vicensvives.es

  2. 11 2. As polis gregas 6. A Grecia helenística O mundo grego 1. O nacemento do mundo grego 3. As colonizacións gregas 4. A democracia ateniense 5. O esplendor de Atenas

  3. 11 Introdución • A civilización grega naceu nas costas da Península Balcánica e nas illas do mar Exeo, e estendeuse por boa parte do litoral mediterráneo. • Os gregos organizáronse en pequenas cidades independentes: as polis. No século V a.C., na cidade de Atenas, impúxose un novo sistema político: a democracia. • Todas as polis gregas estaban unidas por indestrutibles lazos culturais: unha mesma lingua e unha mesma relixión. Con Alexadre Magno a cultura grega espandiuse cara ao Oriente.

  4. 11 1.1. O espazo físico • A civilización grega naceu nas costas da Península Balcánica e nas costas e illas do mar Exeo. • Este medio físico deu lugar a unha agricultura de tipo mediterráneo: oliveira, vides e trigo. • A súa enorme fachada marítima permite a pesca e o comercio por toda a costa mediterránea.

  5. 11 1.2. Unha mesma civilización • Os gregos posuían unha cultura que os irmandaba: falaban unha mesma lingua e utilizaban un alfabeto común para escribila. • Tamén practicaban unha mesma relixión e adoraban aos mesmos deuses. • Por todo isto os gregos tiñan moitos lazos en común que os facían sentirse membros dunha mesma civilización: a Hélade.

  6. 11 1.3. Os primeiros gregos • Os gregos son o resultado dunha mestura de pobos que se instalaron nas terras de Grecia. • Cara ao 2000 a.C., os aqueos (ou micénicos), procedentes do Norte, chegaron ás terras gregas. • Cara ao 1200 a.C., irrompeu un novo pobo, os dorios. Asentáronse en Grecia e convertéronse no novo grupo dominante. • Presionados polos dorios, moitos aqueos desprazáronse cara ás costas de Asia Menor, onde fundaron diversas cidades.

  7. 11 2.1. As polis: unha cidade-Estado • O mundo grego estaba organizado en pequenas cidades-Estado independentes, chamadas polis. • Cada polis tiña as súas leis, a súa moeda, o seu exército e o seu goberno. • A cidade tiña dúas partes ben diferenciadas: • A parte baixa onde se atopaban as vivendas, as tendas e os edificios públicos, situados ao redor dunha gran praza (ágora). • A parte alta (ou acrópole) onde se atopaban os principais edificios relixiosos, e que lle servía de refuxio á poboación en caso de perigo.

  8. 11 2.2. As polis aristocráticas • Nas primeiras polis existía un goberno oligárquico, composto por un reducido número de aristócratas, grandes propietarios agrícolas. • O resto de cidadáns masculinos podían reunirse en Asemblea, pero as súas opinións só eran escoitadas. • Durante o século VI a.C., nalgunhas polis producíronse graves revoltas sociais contra o poder dos aristócratas.

  9. 11 2.3. A evolución cara ádemocracia • As demandas de maior participación política deron lugar a reformas sociais e políticas a favor do pobo. • Foi na cidade de Atenas onde estas reformas adquiriron maior importancia. • Ao longo do século VI a.C., reformadores como Solón ou Clístenes anularon a escravitude por débedas e introduciron o dereito de todos os cidadáns a participaren no goberno da cidade. • Estas reformas culminaron coa instauración dunha nova forma de goberno coñecida como democracia, na que o poder era exercido polos cidadáns.

  10. 11 3.1. As causas das colonizacións • Entre os séculos VIII e VI a.C., numerosos habitantes das cidades de Grecia emigraron a diferentes lugares das costas mediterráneas e do mar Negro. • As condicións de pobreza nas que vivían moitos campesiños, forzáronos a abandonar as súas cidades de orixe e instalarse definitivamente noutros lugares, onde fundaron colonias. • Os gobernos das polis gregas promoveron e organizaron estas migracións porque resultaban moi vantaxosas para as cidades.

  11. 11 3.2. A expansión grega • A bordo de lixeiras embarcacións, os gregos percorreron as costas na procura de lugares axeitados para establecerse e dos que extraer produtos e comerciar cos indíxenas. • As novas polis (colonias), aínda que eran independentes da cidade de orixe (metrópole), mantiñan con esta estreitos lazos comerciais e culturais. • No Mediterráneo, as zonas más importantes de asentamento foron: o sur de Italia e Sicilia (Magna Grecia), Massalia (Marsella) e Emporion (Ampuries).

  12. 11 As migracións gregas (séculos VIII-VI a.C.) 1. Zona orixinaria do dominio grego

  13. 11 As migracións gregas (séculos VIII-VI a.C.) 2. Expansión grega

  14. 11 As migracións gregas (séculos VIII-VI a.C.) 3. Zonas de colonización grega

  15. 11 3.3. Os gregos na Península Ibérica • No século VII a.C., os gregos tamén fundaron colonias na Península Ibérica: Rhode, Emporion, Hemeroskopeion e Mainake. • Os gregos estableceron un próspero comercio cos pobos indíxenas da zona (tartesos, iberos). • O contacto cos gregos supuxo para estes pobos grandes avances: difusión de novos cultivos, coñecemento de novas técnicas, e a introdución do uso da moeda e a escritura.

  16. 11 4.1. As institucións democráticas • A Asemblea de cidadáns (Ecclesía) reuníase para votar as leis, controlar os orzamentos, declarar a guerra e elixir maxistrados. • Os maxistrados eran cidadáns elixidos pola Asemblea que se ocupaban dos asuntos públicos: os estrategos, os arcontes… • Os tribunais populares (Helie) impartían xustiza.

  17. 11 4.2. Unha democracia limitada • A democracia ateniense era moi limitada, xa que só podían participar nos asuntos públicos os cidadáns. • Eran cidadáns todos os homes libres, maiores de idade, nados de pai cidadán e nai ateniense. • Os cidadáns tiñan dereito a participar na vida política e a estar protexidos pola lei; estaban obrigados a formar parte do exército e a pagar impostos. • Os cidadáns eran unha minoría, nin as mulleres, nin os estranxeiros (metecos), nin os escravos tiñan dereitos civís.

  18. 11 5.1. A vitoria sobre os persas • No século V a.C., os persas (chamados, tamén, medos) lánzanse á conquista das polis de Grecia, son as Guerras Médicas. • Os exércitos atenienses inflixíronlles importantes derrotas (Maratón e Salamina) aos persas.

  19. 11 5.2. Atenas domina Grecia • A vitoria sobre os persas outorgoulle a Atenas un papel dominante sobre o resto de cidades gregas, as cales formaron a Liga de Delos, asociación dirixida por Atenas. • Cando algunhas polis, cansas do dominio abusivo de Atenas, quixeron abandonar a alianza, esta impedíullelo pola forza. • Ademais, trasladou o tesouro da Liga á cidade de Atenas e obrigou ao resto de polis a pagar un novo tributo; a Liga convertérase nun Imperio ateniense.

  20. 11 5.3. A fin da hexemonía ateniense • O dominio ateniense prolongouse ata as Guerras do Peloponeso, nas que Atenas se enfrontou a outras cidades gregas (Corinto, Esparta, etc.). • Medio século máis tarde, case todas as polis caeron baixo o dominio dun rei de Macedonia chamado Filipo.

  21. 11 5.4. A Acrópole de Atenas • A Acrópole era un outeiro onde se instalaron os primeiros atenienses e ao redor do cal se ergueu a primitiva cidade de Atenas. • Despois do incendio de Atenas polos persas, os atenienses reconstruíron a cidade, e converteron a Acrópole nun centro relixioso. • Grandes artistas (Ictinios e Fidias, entre outros) participaron no proxecto de reconstrución.

  22. 11 6.1. O reino de Macedonia • O rei Filipo II, aproveitando o enfrontamento entre as cidades gregas (Guerras do Peloponeso) botouse cun potente exército (falanxes) á conquista de Grecia. • Cara ao ano 338 a.C. conseguiu o dominio de toda Grecia. • O fillo de Filipo, Alexandre, que recibiu o alcume do Magno, sucedeuno no ano 336 a.C.

  23. 11 6.2. O Imperio de Alexandre • Alexandre conseguiu unificar o conxunto de cidades gregas para conducilas á conquista do Imperio Persa. • Alexandre, á fronte do seu exército, non só dominou os persas, senón que chegou aos confíns do mundo oriental (A India). • O soño de Alexandre ía máis aló da conquista militar, desexaba crear un único Imperio cunha base cultural grega, pero onde cada territorio conservase as súas formas sociais e políticas.

  24. 11 As conquistas de Alexandre Magno

  25. 11 As conquistas de Alexandre Magno

  26. 11 As conquistas de Alexandre Magno

  27. 11 6.3. Os reinos helenísticos: Alexandría • Tras a morte de Alexandre, o seu inmenso imperio dividiuse en reinos: Exipto, Macedonia, Mesopotamia, etc. Son o que chamamos reinos helenísticos. • A cidade de Alexandría converteuse no símbolo da nova civilización helenística. • Alexandría era unha cidade de planta grega, chea de templos e monumentos; o seu enorme faro, a súa impresionante biblioteca e o seu porto convertérona na maior cidade do mundo grego.

More Related