1 / 39

Travesia Rabade Lugo

Travesia Rabade Lugo. 17 de outubro de 2009. A Crónica. 18 km 6 horas. Unha vez mais o tempo aliouse connosco, un sol atípico para a época do ano que nos atopamos, permítenos gozar dunha travesía que con frío se converteu nun inferno.

machiko-rin
Download Presentation

Travesia Rabade Lugo

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. Travesia Rabade Lugo 17 de outubro de 2009

  2. A Crónica 18 km 6 horas Unha vez mais o tempo aliouse connosco, un sol atípico para a época do ano que nos atopamos, permítenos gozar dunha travesía que con frío se converteu nun inferno. Os 22 estabamos á hora nos sitios acordados, listos para a aventura, poucos esperaban mollarse tan rápido, pero aos poucos fomos caendo todos, Gabriel o primeiro como non podía ser doutra maneira. Metidos en fariña había que rebozarse. Despois dos dous primeiros pasos de menos dun metro, achegámonos ao Paso de Presa Piago, un auténtico salto de mais de dous metros que por suposto, teremos que pasar como podemos, co kaiak en seco, sobre a escaleira de salmóns e troitas. Un a un divertirémonos cos seguintes rápidos, chegando incluso o momento de desexar que se acaben para deixar de mollarnos. Non temos moi claro canto queda, algúns dicimos 40 minutos, pero como hai dúbidas decidimos comer para recuperar forzas. Aínda teremos pasar un último salto que nos fará mollarnos novamente. Cando parecía que xa todo se terminou, e a poucos metros para a nosa meta, Pasiega, unha excelente loura galega, quixo darse un baño ao noso paso coa mala sorte que se viu incapaz de subir novamente ao prado onde estaba a pastar. Ou sexa que houbo de botar unha man á devandita vaca para saír do Miño. E si alguén ten dúbidas aí van unha chea de fotos da aventura?.

  3. GRAZAS A TODOS Ao final a vaca salvouse. A ninguén lle paso nada e quedámonos todos con moi bo sabor de boca e unha chea de recordos. E por suposto con ganas da seguinte. Isto é Kaiak de Mar? Augas Bravas? Non, aventura e bo rollo. Até pronto amigos.

More Related