1 / 40

O Departamento de Orientación.

O Departamento de Orientación. C.E.P. PILAR MAESTÚ SIERRA E.E.I. CONCHIDO E.E.I. ANGUSTIA CURSO 2007-2008. QUE É?. QUE É?. É un órgano especializado:. Que apoia a labor do profesorado. Que apoia a labor das familias. Que analiza as dificultades de aprendizaxe dos nenos -as.

maeve
Download Presentation

O Departamento de Orientación.

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. O Departamento de Orientación. C.E.P. PILAR MAESTÚ SIERRA E.E.I. CONCHIDO E.E.I. ANGUSTIA CURSO 2007-2008

  2. QUE É? QUE É? É un órgano especializado: • Que apoia a labor do profesorado • Que apoia a labor das familias • Que analiza as dificultades de aprendizaxe dos nenos-as Para dar a respostaaxeitadaássúas necesidades

  3. QUEN O FORMAMOS?

  4. CALES SON AS SÚAS FUNCIÓNS? ORIENTADORA

  5. A AUTONOMÍA NOS NENOS DE 3 6 ANOS.

  6. “OS NENOS E NENAS APRENDEN O QUE VIVEN” • Educar na familia e naescolaesixe: • EnsinarcertasNORMASdendemoipequenos -adaptadas á súa idade -cunha organización FAMILIAR / escolar axeitada Permite vivir nas condicións axeitadas para aprender

  7. “OS NENOS E NENAS APRENDEN O QUE VIVEN” • Ensinar HÁBITOS de vida -AUTONOMÍA ALIMENTACIÓN VESTIDO DESVESTIDO -ESTUDO… ASEO E HIXIENE SONO ORDE E LIMPEZA

  8. ¿Que é un hábito? • É unha forma de reaccionar fronte a unha situación determinada EX: chegamos a casa e sacamos o abrigo, deixámolo no seu sitio, e non tirado no primeiro lugar que atopamos, ou o calzado e poñemos as zapatillas… • Obtense a súa adquisición a través dunentrenamento sistemático Repetimos a conduta varias veces e interiorizámola REALÍZANSE AUTOMATICAMENTE, SEN NECESIDADE DE ANALIZAR O QUE ESTAMOS A FACER.

  9. ¿Por que é importante a familia na adquisición destes hábitos? • Porque os hábitos fundamentais adquírense na etapa de 0-3 anos Nesta etapa os nenos-as ,namaioría dos casos, non asisten a centros educativos • Porque a familia e os hábitos de vida que están instaurados na mesma, serán imitados polos seus fillos-as “A FAMILIA É O PRIMEIRO LUGAR DE SOCIALIZACIÓN DO NENO-A, ONDE ADQUIRE AS PRIMEIRAS NORMAS / PAUTAS DE COMPORTAMENTO E ONDE SE ADQUIREN TAMÉN OS PRIMEIROS HÁBITOS BÁSICOS DA VIDA DIARIA” Pais e Nais establecen horarios de vida: Horario de comida, de deitarse, de levantarse, de asearse, de ordenar as cousas de cadaquén… • Porque a SOBREPROTECCIÓN perxudica o desenvolvemento do neno-a

  10. ¿Que é un hábito básico de autonomía? • Son comportamentos principalmente domésticos • Son imprescindibles para o desenvolvemento do neno-a • Permítenlles enfrontarse as esixencias do entorno ( escola, rúa, parque…) sen ter que precisar da axuda do adulto. Eu lavo as miñas mans soa!!!! Mamá estame peiteando!!!! AUTÓNOMA NON AUTÓNOMA

  11. QUERO COMER SÓ?Como me podes ensinar? Quero comer só? Como me podes ensinar? • Acostúmame a comer sempre á mesma hora. Debemos ensinaraoneno-a a comer sempre á mesma hora sen “chuches” polo medio das comidas principais. • Non me obrigues a comer. Non fagas da comida unha hora de imposicións. A hora de comer non se debe asociar con algo imposto, senón como a satisfacción dunha necesidade básica. • Dame alimentos variados para que me acostume a todos os sabores. “SÓ SE LLES ENSINAMOS A COMER SÓS, FARANO BEN E ADQUERIRÁN ESTE HÁBITO DE AUTONOMÍA” • Quero comer con vós. A comida debe converterse nun momento agradable para compartir cos pais/nais. • Quero comer só, vou intentalo ainda que non o faga ben, só así aprenderei • Ensíname a permanecer sentado mentras como, a empregar ben os cubertos…: Debémoslles ensinar aos nosos fillos-as as pautas básicas de comportamento na mesa.

  12. Quero vestirme e espirme só?Como o fago? • Déixame que me desvista sacando algunhas prendas de roupa. Debemos deixarlle en primeiro lugar que saque aquelas prendas máis sinxelas para ir as máis complexas. • Eu podo abotoar e desabotoar botóns. Ensíname como facelo. • Eu sei porme os zapatos. Déixame facelo. • Eu podo atar os cordóns das zapatillas e dos zapatos. Ensíname e déixame facelo. ENSÍNAME E DÉIXAME FACELO!!!!

  13. NECESITO DURMIR PARA ESTAR BEN. FAIME FALTA… • Deitarme sempre á mesma hora. • Durmir as horas necesarias ( oito-dez horas como mínimo). • Durmir só. Non quero durmir cos meus pais, nin na súa habitación. • Teño que acostumarme a durmir coa luz apagada Debemos evitar alteracións, nos momentos de xogos, ou nos horarios de alimentación

  14. Sepoido ….sereimáis autónomo-a. Lavar eusó/soa as miñasmans. Lavar eusó/soa os meusdentes. Ir ao baño eusó/soa, cada vez con menos axuda. Limparmeeusó/soacunpano

  15. A orde é básica para o meu desenvolvemento Necesito saber colocar cada cousa no seu sitio

  16. A orde e os xoguetes • O xogo é un elemento básico na vida dos nenos-as, xa que é a súa forma de comprender e asimilar o seu entorno e de desenvolver e afirmar a súa identidade. • A través do xogo podemos ensinar hábitos de orde: • Sinalamos un lugar onde gardar os xoguetes, que sexa axeitado á estatura do neno-a. • Ensinarémoslle dende moi pequeno- así terá o hábito de gardar os xoguetes ao final do día. • Quizáis non o faga como ti queres, pero establece expectativas razonables • Recompensa o bo comportamento do teu fillo-a.

  17. A orde e os xoguetes ¿Como deben ser os xoguetes que compremos no Nadal, ou noutras datas? • Deben ser axeitadosaoneno-a, tendo en conta as características do neno-a e do xoguete. • Debemos ter en conta a idade do neno-a á hora de elexir o xoguete que lleimos a regalar. • Debemos ter en contapara que se van a empregaros xoguetes que merquemos. • Teñen que ser seguros ( que non causen accidentes aosseus usuarios) • Mercaremos xogos educativos, fundamentalmente: puzzles, contos, xogos de ordenador, e aqueles que aosnenos-as lles gustan. Que non inciten á violencia, agresividade, ou que produzan adicción

  18. ¿Cómo lograr que o neno-a adquira progresivamente os hábitos de autonomía? • Trátase dun proceso normal que na maioría dos casos se realiza de forma “NATURAL”. • Cando queremos que o neno-a aprenda un comportamento debemos formular un obxectivo moi concreto: SÍ • Quero que ( o meu fillo-a), aprenda a comer só, usando a cuchara, o garfo e o coitelo, sen tirar comida o chan e inxerindo todo tipo de alimentos. non • Quero que ( o meu fillo-a), coma de forma correcta e civilizada. • O neno-a ten que ter a oportunidade de practicar o que desexamos que faga,pero iso supón: • MÁISTEMPO • PACIENCIA • ESFORZO CONTRIBÚE Á ADQUISICIÓN DO HÁBITO

  19. ¿Cómo lograr que o neno-a adquira progresivamente os hábitos de autonomía? • Debemos aproveitar o desexo espóntaneo do neno-a, axudarémoslle a realízalo e felicitarémolo polo éxito obtido. • Algúns hábitos deben ensinarse porque non se adquiren de forma natural. • Temos que ensinarlle ao neno-a os momentos, lugares ou ocasións nas que debe realizar unha conduta: HORA DE ASEARSE, HORA DE IR AO BAÑO, DE LAVAR AS MANS, DE DEITARSE, LUGAR ONDE SE GARDA A ROUPA, LUGAR ONDE SE COLOCAN OS XOGUETES… ¡Os hábitos adquírense practicando, hai que darlle oportunidades de aprendizaxe ao neno-a! • Necesitan sempre ter un horario establecido para a realización das tarefas. -Permite ter unha vida organizada -Elaborar un sistema de rutinas e costumes

  20. VEXAMOS DOUS EXEMPLOS EXEMPLO 2: “Unha nai con dous nenos-as de 3 e 1 anos entrégalle o pixama ao maior e pídelle que o poña mentras que atende ao máis pequeno. O maior queda perplexo mirando o pantalón que ten na man e tarda polo menos dous minutos en reaccionar, neste tempo a súa mamá non lle presta ningunha atención porque está cambiando un cueiro. O neno decídese a introducir un pé e levalle un minuto máis dar co burato correspondente. Mamá entón, bótalle unha mirada e observa os seus intentos, “así moi ben”, dille mentres lle axuda a colocar ben o pé “agora mete o outro”. Cinco minutos despois o pequeno aprendiz amosa orgulloso a mamá como puxo o pantalón”. EXEMPLO 1: “Xoan ten 5 anos. Cando chega do colexio, entra na casa coma un vendaval, deixa a carteira na entrada e o abrigo no primeiro lugar que atopa. Despois esixe con urxencia o bocadillo da merenda. Trala merenda a mamá de Xoan recolle o abrigo e cólgao no armario, e leva a carteira ao seu cuarto, ao mesmo tempo que lle berra e rifa dicíndolle: “Es un desastre, sempre deixas todo por aí tirado”… Non autónomo Autónomo Recoller o abrigo non Lleaxuda a que outro Día o recolla él. A través do esforzo, tempo e paciencia o neno aprenderá a por o pantalón el só.

  21. SEIS CLAVES PARA EDUCAR BEN AOS NOSOS FILLOS-AS 1.-Unidade entre o pai e a nai.Debemos consensuar a lista de valores do nosofogar. 2.-Órdes , as imprescindibles.Nonhai que dar demasiadas órdes, estas deben ser claras e concisas 3.- Os /as nenos/as son un reflexo dos maiores. Os nenos-as nunca poden dicir que fagaunhacousa se nunca a vironfacer. 4.-Coida a súa autoestima. Para que os nenos-as gañen en autoestima non basta con dar mensaxes positivos, hai que basearse en éxitos conseguidos 5.Cando estés coteufillo-a: Céntrate!!!. Eles deben sentir que son o máis importante para nós 6.-Síntonía entre a familia e a escola: O centro escolar é colaborador dos pais que son os principais educadores dos seusfillos-as.

  22. E para rematar…

  23. QUERIDO EDUCADOR

  24. recorda que a fráxil memoria dos teus fillos-as, esquece facilmente o que aprenderon

  25. Pero a memoria do seu corazón, retén para sempre o que sentiron e viviron.

  26. Se queres educar, procura non encher a súa mente de coñecementos.

  27. É moito mellor que enchas os seus corazóns de valores e de vivencias.

  28. Recorda que … Prodúcese máis calor acendendo un misto …

  29. Que falando do lume.

  30. Que iluminas moito máis acendendo unha vela que describindo o Sol.

  31. Se queres educar, non impoñas os teus camiños.

  32. Mostra os teus ideais, camiñando. Que o peso de normas e de preceptos non lles afogue.

  33. Recorda que... non se pode educar sen amor...

  34. Así pois, quere aos teus fillos-as tal como son.

  35. Se amas e vives sinceramente … Educarás sen proporcho.

  36. Se non amas, se non vives sinceramente...

  37. Non educarás, por moito que o intentes.

  38. Educar é mostrar camiños, con amor.

  39. Recordade sempre: “Os nenos e nenas aprenden o que viven e experimentan”

  40. Moitas grazas. . Silvia. Dpto. de Orientación. C.E.P. PILAR MAESTÚ SIERRA

More Related