320 likes | 464 Views
ESPAZOS NATURAIS Río Eo. Inclúe a ría de Ribadeo, o curso do Río Eo desde Santalla, na Ribeira de Piquín, ata a desembocadura e os seus afluentes Rodil, Turia e Trabada.
E N D
ESPAZOS NATURAIS Río Eo
Inclúe a ría de Ribadeo, o curso do Río Eo desde Santalla, na Ribeira de Piquín, ata a desembocadura e os seus afluentes Rodil, Turia e Trabada. É unha área con importantes valores ecolóxicos onde podemos atopar varias zonas diferenciadas cos seus ecosistemas específicos: a costa rochosa de mar aberto fora da ría de Ribadeo, a ría, o esteiro e o río Eo cos seus afluentes. É unha zona de gran interese para o descanso das aves invernantes. LIC, ZEPVN: “RÍO EO” EXTENSIÓN: 781,13 ha CONCELLOS: Ribadeo Meira, A Fonsagrada, A Pontenova, Ribeira de Piquín, Trabada, Riotorto. ZEPA “RIBADEO” DATA: 12-1-1990 SUPERFICIE: 614 ha CONCELLOS: Ribadeo, Trabada Humidal RAMSAR: “RÍA DO EO” (563,44 ha) VALORES NATURAIS: bosque de ribeira, esteiro, río, aves acuáticas...
O río Eo nace en Fonteo (Baleira) e percorre 79 km, compartidos en parte con Asturias, ata desembocar na ría de Ribadeo onde forma un amplo esteiro. Os seus afluentes pola dereita son o Rodil,o Bidueiro e o Turia, e pola esquerda o Martín, o Lúa, o Xudán, o Riotorto, o Carreirachá e o Trabada. Conserva unha boa e variada flora e fauna acuática e de ribeira con bosques mixtos de amieiras, salgueiros, freixos, carballos... É dos poucos ríos galegos onde se pesca habitualmente o salmón. Tamén hai lampreas e cangrexos de río.
O río Rodil nace na Serra do Invernal (A Fonsagrada) e percorre as terras da Fonsagrada e Ribeira de Piquín onde se xunta co Eo.
Antes de xuntarse o Eo e o Rodil circulan paralelos en sentido contrario separados por un lombo rochoso que foi perforado para facer pasar a auga do Rodil e mover este muíño situado á beira do Eo.
Amieira (Alnus glutinosa), unha árbore totalmente dependente da auga.
(Filipendula ulmaria), florece en beirais e lugares húmidos.
Ra patilonga (Rana tiberica). Vive nas beiras dos rios limpos e con corrente.
A Ría de Ribadeo ten forma alongada e estreita (10 km de lonxitude e 800 m de anchura media) e está limitada por unha costa de cantís rochosos de lousas, xistos e areiscas. O curso baixo do Eo forma chairas aluviais moi planas e terrazas dando lugar a un esteiro de extensas marismas que quedan ao descuberto na baixamar no que abondan as sebas, os xuncos, os carrizos e as canaveiras. Boca da ría de Ribadeo
Esteiro do Eo. Os esteiros son lugares onde bule a vida, onde existe unha gran variedade de plantas e animais especialistas en soportar os cambios que se producen varias veces ao día.
Faro na Illa da Pancha na costa exterior da Ría de Ribadeo, no linde do espazo.
A ría de Ribadeo, acolle importantes poboacións de aves acuáticas invernantes. Destaca o número de especies pouco comúns noutras áreas como o pato asubiador (Anas penelope), o pato rabudo (Anas acuta), o mazarico real (Numenius arquata), o mergullón de pescozo negro e o bilurico escuro (Tringa erythropus). Está incluída no Inventario de Áreas Importantes para as Aves da Sociedade Española de Ornitoloxía (SEO/BidLife). Patos rabudos (Anas acuta),
Bilurico bailón (Actitis hypoleucos). Percorre as beiras do esteiro buscando invertebrados para alimentarse
Exemplar xuvenil de lavanco real (Anas platyrrhynchos). Os alavancos crían entre a vexetación dos tramos lentos dos ríos e nas beiras dos esteiros.
Montaxe: Adela Leiro Fotos: Adela Leiro, Mon Daporta