260 likes | 676 Views
A orixe e evolución do galego. O galego como lingua románica. Do latín ao galego. A lingua galega é, no esencial, a derivación do latín que os romanos trouxeron ó Noroeste da Península, con pequenos aportes doutros pobos. Linguas de substrato.
E N D
A orixe e evolución do galego O galego como lingua románica
Do latín ao galego • A lingua galega é, no esencial, a derivación do latín que os romanos trouxeron ó Noroeste da Península, con pequenos aportes doutros pobos.
Linguas de substrato • Son as linguas faladas no noso territorio antes da chegada dos romanos.
O gran descoñecemento das linguas que se falaban antes da chegada do latín á Gallaecia obriga a que tódalas afirmacións que se fagan sexan sempre simples hipóteses. As linguas que forman o substrato do galego son as linguas prelatinas. Non tiñan cultivo escrito, por iso detectar a súa pegada é complicado. Linguas de substrato
Hai dous tipos de substrato • Substrato preindoeuropeo: • Idade de Pedra • 550.000-3.500 a.C • Substrato indoeuropeo: • Preceltas: 1000 a.C. • Celtas: 800 a.C.
Achegas lingüísticas do substrato celta • O principal aporte das linguas prerromanas está no léxico, sobre todo, en palabras referidas a nomes de animais, froitos e plantas, accidentes topógraficos…
Substratos preindoeuropeos • Pódense diferenciar tres grupos: • Euroafricano ou mediterráneo (desde o Norte de África ata os Alpes, pasando pola Península; situado cronoloxicamente a finais do paleolítico superior • Hispano-caucásico (desde o Atlántico ao Cáucaso, na Europa meridional; situado no terceiro milenio a.C • Tirrénico (no Mediterráneo).
Substratos indoeuropeos • A partir do primeiro milenio antes de Cristo, desprázanse até a península pobos indoeuropeos que se superpoñen ás etnias anteriores. • Linguas preceltas ou protoceltas (ano 800 a.C.). • Eran pobos do centro e norte de Europa coñecidos cos nomes de ligures, paraceltas ou protoceltas. • Linguas celtas. Houbo dúas emigracións de pobos celtas, unha de celtas goidélicos no século VIII a.C. e unha segunda de celtas britónicos no século V a.C.
O estrato latino • Os romanos chegan á Península no ano 218 a.C. • Establecense na Bética e non asimilan Galicia ata o 19 a.C. • O proceso de asimilación lévase a cabo en 3 etapas:
1ª Fase de penetración: Décimo Xunio Bruto parte da Bética e derrota aos Gallaeci ó norte do río Douro, atravesando o Limia
2ª Fase de consolidación. • Remata coa campaña de César no 61 a.C. desembarcando no porto de Brigantium.
3ª Fase de asentamento. • Entre os anos 29-19 a.C. • Augusto somete definitivamente ós cántabros,astures e galaicos.
Os superestratos • Son aquelas linguas que influíron sobre o galego despois da chegada dos romanos , achegándolle deste xeito numeroso vocabulario. • Superestrato xermánico • Superestrato árabe
Superestrato xérmánico • Os pobos xermánicos como os suevos e visigodos penetraron no Imperio romano no século V. Na Gallaecia asentáronse principalmente os suevos, que incorporaron ao idioma numerosas palabras, antropónimos e topónimos hoxe cotiáns no galego.
Superestrato árabe • A brevidade da estancia dos árabes en Galicia fai que os préstamos sexan moito menos abundantes ca no castelán.
O establecemento dun importante estado islámico no centro e sur da península Ibérica -coñecido como Emirato de Córdoba (Al-Andalus)- xa a comezos do século VIII, supuxo un novo foco cultural e científico de gran prestixio no mundo occidental .