300 likes | 570 Views
O APARELLO LOCOMOTOR. ¿ QUÉ É O APARELLO LOCOMOTOR?. O aparato locomotor humano é un sistema orgánico composto por diversas estruturas anatómicas (osos, articulacións e músculos) que lle permiten ao ser humano interactuar co medio que lle rodea mediante o movemento ou locomoción.
E N D
¿QUÉ É O APARELLO LOCOMOTOR? • O aparato locomotor humano é un sistema orgánico composto por diversas estruturas anatómicas (osos, articulacións e músculos) que lle permiten ao ser humano interactuar co medio que lle rodea mediante o movemento ou locomoción.
¿QUÉ SON OS OSOS? Os osos son estruturas ríxidas compostas fundamentalmente por sales de calcio. As súas funcións no organismo son: • Proporcionar unha estrutura ríxida que serve de armazón ao organismo • Permitir o movemento • Protexer, nalgúns casos estruturas extremadamente delicadas como son a médula espinal, o cerebro ou órganos como os pulmóns e o corazón. • Depósito de calcio e fósforo para o organismo • Os osos tamén son órganos hematopoéticos (albergan á médula ósea: formadora das compoñentes celulares do sangue).
O ESQUELETO • O esqueleto humano está formado por un conxunto de 208 osos. • Este número non é constante en todas as persoas debido á existencia duns osos de pequeno tamaño denominados supernumerarios que poden aparecer no no cranio ou nas articulacións dos dedos. • O esqueleto supón aprox. un 10% do total do peso do noso corpo
TIPOS DE OSOS CURTO PLANO LONGO
PARTES DUN OSO LONGO DIÁFISE: a parte alongada do óso EPÍFISE: extremos ou terminacións do óso METAFISIS: unión da diáfise coas epífise. No óso adulto esta parte é ósea, sendo catilaxinosa na fase do desenvolvemento do mesmo. CARTILAXE ARTICULAR: é unha fina capa de cartilaxe hialino que recobre a epífise onde o óso artéllase con outro óso. A cartilaxe reduce a fricción e absorve choques e vibracions. PERIOSTIO: membrana que rodea a superficie do óso non cuberta por cartilaxe. contén os vasos sanguíneos, vasos linfáticos e nervios que pasan ao óso. CAVIDADE MEDULAR: é un espazo cilíndrico situado na parte central na diáfise que nos adultos contén a medula ósea amarela
AS ARTICULACIÓNS • Unha articulación é a zona de contacto entre dous ou mais osos • A parte da anatomía que se encarga do estudo das articulacións é a artroloxía. • A función das articulacións e a de proporcionar ao esqueleto os puntos de unión que lle permiten o movemento, a elasticidade e plasticidade ao corpo
PARTES DUNHA ARTICULACIÓN (I) • Superficies articulares: Partes do oso que entran en contacto • Cartilaxe articular ou hialino: Recobren as superficies articulares e protéxenas dos efectos do choque e o roce. • Cápsula articular: É una estrutura de tecido fibroso pouco elástico que envolve toda a articulación e se inserta nos osos que forman parte dela A súa función e a de protexer a articulación e contribuír a manter a súa estabilidade. • Membrana sinovial e liquido sinovial: Tapiza a cara interna da cápsula articular e a súa función é a de segregar o líquido sinovial que lubrica e nutre á cartilaxe. • Ligamentos: Estruturas fibrosas que dan estabilidade á articulación e guían e restrinxen os movementos. • Fibrocartilaxes interarticulares ou meniscos: Estruturas presentes en articulacións como a do xeonllo e que teñen como función proporcionar estabilidade cando as superficies articulares non teñen unha grande congruencia.
AS LESIÓN QUE AFECTAN ÁS ARTICULACIÓNS (I) A ARTROSE • A artrose é a doenza articular máis frecuente, especialmente entre persoas de idade avanzada. • É unha doenza producida polo desgaste da cartilaxe articular (o tecido que fai de amortecedor protexendo os extremos dos ósos e que favorece o movemento da articulación.Na artrose, a superficie da cartilaxe rompese e desgástase, causando que os ósos friccionen un contra o outro e provocando dor, hinchazón e perda de movemento na articulación. • A artrose pode afectar a calquera articulación do corpo. Non obstante, as máis frecuentes son a artrose de costas, que adoita afectar ao pescozo e a zona baixa da costas (artroses lumbar); a artrose da cadeira e o xeonllo, e a artrose de mans e pés, que adoita iniciarse a partir dos 50 anos.
AS LESIÓN QUE AFECTAN ÁS ARTICULACIÓNS (II) ESCORDADURA (“ESGUINCE”) • Unha escordadura é a distensión, estiramento excesivo ou rotura dalgún ligamento (banda resistente de tecido elástico que une os extremos óseos nunha articulación). • Prodúcese debido a un movemento brusco, caída, golpe ou unha forte torsión da mesma, que fai superar a súa amplitude normal. Tamén se denomina "torcedura" en linguaxe común.As escordaduras causan dor, inflamación e impotencia funcional da articulación. • O seu tempo de recuperación varía en función da gravidade e a cronicidade da lesión. • Distínguese 3 tipos de escordaduras: • Grao I: distensión parcial do ligamento • Grao II: rotura parcial ou total do ligamento • Grao III: rotura total do ligamento con arrincamento óseo
O SISTEMA MUSCULAR • En anatomía humana, o sistema muscular é o conxunto dos máis de 600 músculos do corpo. A súa función primordial é a de xerar movemento, xa sexa voluntario (músculos esqueléticos) ou involuntario (músculos viscerais). • Aproximadamente o 40% do corpo humano está formado por músculos. • O sistema muscular é responsable de: • A actividade motora voluntaria • A actividade motora dos órganos internos. • A mímica: o conxunto das accións faciais, tamén coñecidas como xestos, que serven para expresar o que sentimos e percibimos. • A estabilidade: os músculos conxuntamente cos ósos permiten ao corpo manterse estable, mentres permanece en estado de actividade. • A postura: o control das posicións que realiza o corpo en estado de repouso. • A produción de calor: ao producir contraccións musculares orixínase enerxía calórica. • A forma do noso corpo: Os músculos e tendóns dan o aspecto típico do corpo. • Axudar a circulación de retornonas extremidades inferiores.
O MÚSCULO ESQUELÉTICO • O tecido muscular está constituído por células alongadas denominadas fibras musculares caracterizadas pola presenza de grande cantidade de filamentos compostos por proteínas contráctiles denominadas actina e miosina. • As fibras musculares agrúpanse en fas musculares e estes a súa vez en fascículos musculares.
AS PARTES DUN MÚSCULO • Un músculo está formado por unha parte contráctil que o ventre muscular (pode ser un ou mais) e unha parte non contráctil que é o tendón constituído por fibras de tecido conectivo e que teñen como función a facer de nexo de unión entre o músculo e o oso. • O tendón insértase no osos e trasmítelle a estes a forza da contracción muscular desplazándoos e producindo o movemento.
AS LESIÓNS DO SISTEMA MUSCULAR (I) CONTRACTURA MUSCULAR • Unha contractura muscular é, tal e como o seu nome indica, unha contracción continuada e involuntaria do músculo ou algunhas das súas fibras que aparece ao realizar un esforzo. • Maniféstase como un abultamento da zona, que implica dor e alteración do normal funcionamento do músculo. • Adoita aparecer cando dito músculo realiza unha actividade desaxeitada en intensidade ou en función. ROTURA FIBRILAR • Rotura microscópica das fibras musculares que forman parte dun músculo
AS LESIÓNS DO SISTEMA MUSCULAR (II) TENDINITE • É a inflamación dun tendón producíndose síntomas como a dor e a incapacidade funcional do músculo afectado. • As súas causas soen ser unha sobrecarga ou movemento repetitivo en posicións inadecuadas do músculo implicado nun determinado deporte ou actividade laboral. • As tendinites mais comúns son as do tendón de aquiles (xemelgos), as do tendón rotuliano (cuádriceps), as tendinites da musculatura do ombro e do cóbado.