90 likes | 291 Views
P.C.P.I. de SERVIZOS ADMINISTRATIVOS. TIPO A. Servizos administrativos. Todos os módulos obrigatorios se imparten nun mesmo centro educativo, agás o de formación en centros de traballo. Servizos administrativos. Servizos administrativos. Competencia xeral:.
E N D
P.C.P.I. de SERVIZOS ADMINISTRATIVOS TIPO A
Servizos administrativos • Todos os módulos obrigatorios se imparten nun mesmo centro educativo, agás o de formación en centros de traballo.
Competencia xeral: • Realizar operacións de verificación e gravación de datos. • Transcribir, distribuír, reproducir, transmitir e arquivar a información e a documentación requiridas nas tarefas internas e externas administrativas e de xestión. • Realizar trámites elementais con documentos, consonte as instrucións, a normativa e os procedementos establecidos, de xeito coordinado e con criterios de calidade, produtividade, seguranza e respecto polo medio.
Ámbito profesional: • Este profesional desenvolverá a súa actividade por conta allea, en calquera empresa ou entidade do sector privado ou público, principalmente en oficinas, despachos ou departamentos de administración ou servizos xerais.
Ocupacións e postos de traballo relevantes: • Auxiliar de oficina. • Auxiliar de servizos xerais. • Auxiliar de arquivo. • Clasificador/a e/ou repartidor/a de correspondencia • Ordenanza • Auxiliar de información. • Telefonista en servizos centrais de información. • Vendedor/a de billetes.
Por experiencia, de todos estes anos, sabemos que as empresas non admiten alumnado deste perfil na modalidade C porque prefiren recoller alumnado con preparación previa. Logo, aconsellamos ao alumnado que desexe desempeñar algún dos postos de traballo que se relacionan no perfil tipo A, se matriculen no mesmo.