330 likes | 439 Views
Algunhas ideas a ter en conta. DETRÁS DE CADA TEXTO Xosé López García xose.lopez.garcia@usc.es Universidade de Santiago de Compostela (USC). Algunhas ideas xerais (Daniel Cassany). 1.-DETRÁS DE CADA TEXTO SEMPRE SE ESCONDE ALGUÉN.
E N D
Algunhas ideas a ter en conta DETRÁS DE CADA TEXTO Xosé López García xose.lopez.garcia@usc.es Universidade de Santiago de Compostela (USC)
Algunhas ideas xerais (Daniel Cassany) 1.-DETRÁS DE CADA TEXTO SEMPRE SE ESCONDE ALGUÉN. 2.-CALQUERA ESRITO EXPRESA UNHA IDEOLOXÍA, UNHA FORMA DE PENSAR, UNHA FORMA DE CONTAR...
Algunhas ideas xerais 3.-A ESCRITA É UNHA CONSTRUCCIÓN SOCIAL, UNHA ACTIVIDADE SOCIALMENTE DEFINIDA -a humanidade inventou sucesivas tecnoloxías de escritura e en cada momento adoptou prácticas propias en forma de xéneros discursivos particulares-.
Algunhas ideas xerais 4.-PARA CADA XÉNERO, A ESCRITA CUMPRE FUNCIÓNS CONCRETAS; AUTOR E LECTOR ASUMEN ROLES ESPECÍFICOS, MANÉXANSE UNS RECURSOS LINGÜÍSTICOS PREFIXADOS E PRACTÍCASE UNHA RETÓRICA PREESTABLECIDA.
Algunhas ideas xerais 5.-QUEN ESCRIBE TEN QUE PENSAR EN QUEN VAI LER PORQUE NON EXISTE UNHA ACTIVIDADE NEUTRA DE LECTURA, SENÓN MOITAS, VERSÁTILES E DINÁMICAS MANEIRAS DE ACERCASE PARA COMPRENDER CADA XÉNERO DISCURSIVO.
Algunhas ideas xerais 6.-AUTOR E DESTINATARIO TEÑEN QUE COÑECER: USOS PREESTABLECIDOS POLA TRADICIÓN, O SIGNIFICADO SEGÚN AS CONVENCIÓNS ESTABLECIDAS, TIPO DE VOCABLOS E LÓXICAS DE PENSAMENTO QUE MANEXA CADA DISCIPLINA… -BÁSICO AVOGADOS-.
Algúns exemplos para entender A.-PARA LER UNA NOVA XORNALÍSTICA HAI QUE COÑECER AS PARTES –ANTETÍTULO, TÍTULO, LID E CORPO-, A ORGANIZACIÓN EN PARÁGRAFOS INDEPENDENTES QUE ORDENA DATOS DE MÁIS RELEVANTES A MENOS –NA PIRÁMIDE INVERTIDA-… B.-PARA ENTENDER UNHA SENTENCIA XUDICIAL TEMOS QUE COÑECER A SÚA ESTRUTURA BÁSICA –ANTECEDENTES, FUNDAMENTOS DE DEREITO, E FALLO- , O CONTIDO E CARACTERÍSTICAS DE CADA APARTADO, COMO SE MENCIONAN OS FEITOS, E COMO SE CITAN AS LEIS E NORMAS –QUE VALOR E IMPORTANCIA TEN CADA UNHA, ESTILO E TERMINOLOXÍA USADOS…
Algunhas ideas xerais 7.-QUEN ESCRIBE TEN QUE TER EN CONTA QUE LER É RECUPERAR O VALOR SEMÁNTICO DE CADA PALABRA E RELACIONALO CO DAS PALABRAS ANTERIORES E POSTERIORES.
Algunhas ideas xerais 8.-QUEN ESCRIBE SABE QUE O CONTIDO DO TEXTO XURDE DA SUMA DO SIGNIFICADO DE TODOS OS VOCABLOS E ORACIÓNS. *Polo tanto, diferentes lectores deberían obter un mesmo sigificado.
Algunhas ideas xerais 9.-QUEN ESCRIBE TAMÉN DEBE SABER QUE AS VECES ENTENDEMOS COUSAS QUE NON FORON DITAS NOS TEXTOS ESCRITOS –o lector aporta datos ó texto procedentes do seu coñecemento-.
Algunhas ideas xerais 10.-QUEN ESCRIBE TEN QUE CONTEMPLAR, POIS, QUE O SIGNIFICADO DO TEXTO NIN SE ALOXA NAS PALABRAS NIN É ÚNICO; AO CONTRARIO, UBÍCASE NA MENTE DO LECTOR -ELABÓRASE A PARTIR DE COÑECEMENTO PREVIO-.
Algunhas ideas sobre prácticas de comprensión de textos O TERMO MÁIS PRECISO E XENERALIZADO PARA REFERIRSE ÁS PRÁCTICAS DE COMPRENSIÓN DE ESCRITOS É LITERACIDADE (un anglicismo que provén do termo inglés literacy).
Algunhas ideas sobre prácticas de comprensión de textos. O que inclúe o termo literacy 1.-O CÓDIGO ESCRITO -As regras lingüísticas que gobernan a escritura -ortografía, sintaxis, morfoloxía…-.
Algunhas ideas sobre prácticas de comprensión de textos. O que inclúe o termo literacy 2.-OS XÉNEROS DISCURSIVOS -As convencións de cada tipo de discurso (informe, carta…). Inclúen a función que desempeña o texto na comunidade, o seu contido (temas, enfoque) e a forma (estrutura, rexistro).
Algunhas ideas sobre prácticas de comprensión de textos. O que inclúe o termo literacy 3.-OS ROLES DE AUTOR E LECTOR. -Refírese á función que desempeñan os interlocutores, os seus dereitos e deberes, a imaxe que adopta cada un, as formas de cortesía -tratamento, referencias…-.
Algunhas ideas sobre prácticas de comprensión de textos. O que inclúe o termo literacy 4.-AS FORMAS DE PENSAMENTO *Os procedementos de observación da realidade (punto de vista, enfoque, métodos), de presentación de datos e razoamento (estilo retórico) asociados ao discurso escrito.
Algunhas ideas sobre prácticas de comprensión de textos. O que inclúe o termo literacy 5.-A IDENTIDADE E O ESTATUS COMO INDIVIDUO, COLECTIVO E COMUNIDADE. *Os rasgos e os atributos (estatus, poder, valores, recoñecemento) que as persoas e os grupos conseguiron a través do discurso escrito.
Algunhas ideas sobre prácticas de comprensión de textos. O que inclúe o termo literacy 6.-OS VALORES E REPRESENTACIÓNS CULTURAIS. *Os rasgos e os atributos de calquer elemento da realidade (relixión, deporte, ecoloxía) que se elaboraron e diseminaron a través do discurso escrito.
Algunhas ideas sobre prácticas de comprensión de textos. O que inclúe o termo literacy HAI, POLO TANTO, UN CAMPO AMPLO E PROFUNDO NO TEXTO, COUSA QUE DEBE SABER QUEN ESCRIBE E QUEN LE. -PORQUE AO ESCRIBIR E LER NON SÓ EXECUTAMOS REGRAS ORTOGRÁFICAS SOBRE UN TEXTO; TAMÉN ADOPTAMOS UN PUNTO DE VISTA, UTILIZAMOS ESTILOS DE PENSAMENTO PREESTABLECIDO PARA CONSTRUIR UNHAS CONCEPCIÓNS CONCRETAS SOBRE A REALIDADE.
Algunhas ideas sobre prácticas de comprensión de textos. O que inclúe o termo literacy
Algunhas ideas sobre texto e paratexto 1.-OS TEXTOS NON SE PRENSENTAN SÓS. ACOMPÁÑANNOS OUTROS ELEMENTOS QUE INTENTAN ESTABLECELO, ORIENTAR A LECTURA E A INTERPRETACIÓN. TÍTULOS, SUBTÍTULOS, PRÓLOGOS, EPÍLOGOS, ADICATORIAS, EPÍGRAFES, NOTAS… COMPOÑEN O PARATEXTO.
Algunhas ideas sobre texto e paratexto 2.-UN PARATEXTO É AUTÓGRAFO CANDO ESTÁ PRODUCIDO POLO AUTOR; É ALÓGRAFO CANDO O PRODUCE OUTRO -EDITOR, IMPRESOR, DESEÑADOR…-. 3.-OS PARATEXTOS PODEN SER VERBAIS -TÍTULOS, PRÓLOGOS-, ICÓNICOS -FOTOS, ILUSTRACIÓNS- OU MATERIAL -DESEÑO, TIPOGRAFÍA…-.
Algunhas ideas sobre coherencia dos textos 1.-A COHERENCIA E A COHESIÓN SON PROPIEDADES DOS TEXTOS. *Un texto é coherente, entre outras razóns, cando os contidos que desenvolve son pertinentes e están organizados. *Tamén é coherente cando garda unha certa relación co universo referido ou representado e co contexto.
Algunhas ideas sobre coherencia dos textos 2.-A COHESIÓN É UNHA PROPIEDADE SUPERFICIAL DA EXPRESIÓN SINTÁCTICA E ORACIONAL QUE CONSISTE EN QUE AS UNIDADES LINGÜÍSTICAS OU SINTAGMAS SE ENCADEAN EN UNIDADES MAIORES E ESTABLECEN RELACIÓNS.
Algunhas ideas para convencer co texto escrito 1.-PARA CONVENCER CUN TEXTO ESCRITO HAI QUE ARGUMENTAR -E PARA ARGUMENTAR, ANTES HAI QUE DOCUMENTAR-. 2.-PARA CONVENCER CON ARGUMENTOS HAI QUE BUSCAR CASOS, EXEMPLOS, DATOS QUE APOIEN AS IDEAS, QUE AS ILUSTREN.
Algunhas ideas para resolver dúbidas RECORDEMOS.- *ALGÚNS DOS ELEMENTOS PARA CONSEGUIR UNHA BOA REDACCIÓN SON: -ORDENACIÓN E ESQUEMA -ESTILO -DESENVOLVEMENTO (INTRODUCCIÓN, DESENVOLVEMENTO E CONCLUSIÓN) -CORRECCIÓN DE ESTILO/EDICIÓN -COMEZOS E FINAIS COIDADOS
Algunhas ideas para resolver dúbidas RECORDEMOS.- *HAI SEMPRE DÚBIDAS MOI FRECUENTES CANDO CONSTRUIMOS UNHA PEZA ESCRITA. *MOITAS SON DE USOS LINGÜÍSTICOS, DE NORMATIVA… PARA RESOLVELAS, IR AOS DICCIONARIOS E AS FONTES ORIXINAIS DE MATERIAIS DE REFERENCIA.
Algunhas ideas para resolver dúbidas RECORDEMOS.- *HAI SEMPRE MODELOS DE DESEÑO ESTANDARIZADOS DE DOCUMENTOS QUE SE PODEN APROVEITAR E ADAPTAR. -Un documento ben presentado implica que, desde o punto de vista comunicativo, ten valor engadido e polo tanto debe ser máis eficiente.