250 likes | 369 Views
Algúns aspectos a ter en conta. O COMUNICADOR COMO ACTOR Xosé López García xose.lopez.garcia@usc.es Universidade de Santiago de Compostela (USC). Hai posibilidades de mellorar a capacidade de dramatización.
E N D
Algúns aspectos a ter en conta O COMUNICADOR COMO ACTOR Xosé López García xose.lopez.garcia@usc.es Universidade de Santiago de Compostela (USC)
Hai posibilidades de mellorar a capacidade de dramatización NA COMUNICACIÓN HAI ALGO DE TEATRO E, POLO TANTO, O COMUNICADOR TEN QUE TER ALGO DE ACTOR.
Aspectos presentes nos actos de comunicación que debemos coidar 1.-TEMOS CAPACIDADE DE COMUNICAR CON ELEMENTOS SIMBÓLICOS. A estética é importante na comunicación.
Aspectos presentes nos actos de comunicación que debemos coidar 2.-TEMOS QUE VENCER O MEDO ESCÉNICO. Axuda un sorriso, falar despacio, utilizar volume de voz medio-alto, utilizar o humor (se podes), moverse, evitar tópicos…
Obxectivos da comunicación 1.-CONVERSAR. Cando o obxectivo é conversar, a construcción da mensaxe debe ser moi xinxela.
Obxectivos da comunicación 2.-INFORMAR. Cando o obxectivo é informar, hai que construir a mensaxe de maneira obxectiva, facendo referencia a feitos e datos, e priorizando os máis relevantes.
Obxectivos da comunicación 3.-FORMAR. Cando o obxectivo é formar, é preciso un amior exercicio de adaptación para que os interlocutores teñan a ocasión de aprender. (Pódese elixir un orde deductivo, inductivo, temporal, de prioridades…)
Obxectivos da comunicación 4.-PERSUADIR. Cando o obxectivo é persuadir, o obxectivo do comunicador é influir nas creenzas e conductas dos interlocutores, que manterán a súa liberdade de elección.
Obxectivos da comunicación 4.- Para PERSUADIR, podemos utilizar: argumentos lóxicos e emocionais -equilibrio entre razón e emoción-; estatísticas e experiencias persoais; plantear un punto de vista sen negar o contrario…
Estrutura da mensaxe A MARXE DO OBXECTIVO DA COMUNICACIÓN, HAI TRES MOMENTOS CLAVE NA ELABORACIÓN DA COMUNICACIÓN:
Estrutura da mensaxe 1.-APERTURA.- Hai que ganar o dereito a ser escoitado. Podemos: -Definir o obxecto da comunicación. -Comentar os puntos que se desean abordar. -Hai formas máis conservadoras e outras máis arriscadas.
Estrutura da mensaxe 2.-DESENVOLVEMENTO. Hai que conseguir que as mensaxes sexan trasladadas seguindo un fío conductor para facilitar ao auditorio a súa comprensión. Hai que ir aclarando ideas con argumentos e implicando ao auditorio.
Estrutura da mensaxe 3.-PECHE. Hai que identificar e reforzar as mensaxes fundamentais a modo de conclusións. O peche brinda a oportunidade de reiterar a mensaxe clave da presentación, recomendar accións, suxerir acordos, obter un compromiso…
A esencia: a mensaxe A SÍNTESE DA MENSAXE TEN QUE SER UN OBXECTIVO PRIORITARIO PARA O COMUNICADOR -HAI UN ENTORNO NO QUE EXISTE UNHA INXENTE CANTIDADE DE INFORMACIÓN XENERADA POR MÚLTIPLES FONTES…-
A esencia: a mensaxe A IDEA FORZA É A COMUNICACIÓN O QUE O ÁTOMO Á FÍSICA (Recordar: O átomo é a unidade máis pequena dun elemento químico que mantén a súa identidade ou as súas propiedades).
Anatomía da idea forza TEN QUE SER: -Breve -Xinxela -Memorable (que quede na mente dos interlocutores) -Inequívoca -Construída con palabras simbólicas (vida, morte, liberdade…) -Relacionada co discurso xeral…
A percepción humana: unha actividade selectiva O PROCESO PERCEPTIVO DO SER HUMÁN ESTÁ CONDICIONADO POR: -1.-A intensidade do estímulo/ a atención selectiva (O que nos chama a atención). -2.-A percepción selectiva (aquelo que entendemos que nos serve para algo). -
A percepción humana: unha actividade selectiva O PROCESO PERCEPTIVO DO SER HUMÁN ESTÁ CONDICIONADO POR: -3.-A Interpretación (Empregamos unha serie de experiencias, valores… que condicionan a nosa forma de interpretar). -4.-O xuizo (xenera unha emoción positiva ou negativa)
A necesidade de coñecer ó interlocutor A COMUNICACIÓN DESENVÓLVESE EN DOUS NIVEIS PARALELOS, QUE DETERMINAN O ÉXITO DA RECEPTIVIDADE E ACOLLIDA DE MENSAXES: O NIVEL LÓXICO E O NIVEL PSICOLÓXICO.
A necesidade de coñecer ó interlocutor 1.-NIVEL LÓXICO. O coñecemento curricular dos interlocutores (nivel formativo, experiencia profesional, contexto…). 2.-NIVEL PSICOLÓXICO. As motivacións, o estado de ánimo…
A importancia de cómo se dice 1.-PARA FALAR BEN HAI QUE LER MOITO. 2.-HAI QUE CREAR EMOCIÓN POSITIVA (CON DETALLES, GUIÑOS Á AUDIENCIA…). 3.-OS SILENCIOS TAMÉN “COMUNICAN” 4.-OS MEDIOS NON SON FINS..
Principios da comunicación sostible ADEMAIS DE BOA ORATORIA –COMO SE DICEN AS COUSAS-, DE APROVEITAR BEN O ESCENARIO E COIDAR O DISCURSO, HAI QUE PRESTAR ESPECIAL ATENCIÓN Á LINGUAXE DO COMPORTAMENTO.
Principios da comunicación sostible 1.-FALAR CON FEITOS –non se pode predicar austeridade e dar mostras de despilfarro- 2.-SER PREDECIBLE -evitar oportunismos-. 3.-ASUMIR OS ERROS 4.-PRACTICAR A ARTE DA PRUDENCIA
Principios da comunicación sostible 5.-PERSUADIR FRENTE A MANIPULAR A liña que separa a persuasión da manipulación é moi fina. Aristóteles dicía que “se podía iluminar a verdade” –persuadir-.Platón dicía que non existía diferencia entre persuadir e manipular. Dicía que persuasión era unha manipulación da verdade.
Principios da comunicación sostible 6.-SUPERAR O AFÁN DE PROTAGONISMO (hai que actuar con humildade e deixar que todos se poidan expresar). 7.-RENOVARSE (espíritu de innovación).