330 likes | 558 Views
1.º PDC. TEMA 1 O MEDIO FÍSICO: RELEVO E CLIMAS. O PLANETA TERRA. É un dos oito planetas que xira en torno ao Sol formando (xunto con asteroides, cometas, meteoritos e satélites) o Sistema Solar.
E N D
1.º PDC TEMA 1O MEDIO FÍSICO: RELEVO E CLIMAS
O PLANETA TERRA • É un dos oito planetas que xira en torno ao Sol formando (xunto con asteroides, cometas, meteoritos e satélites) o Sistema Solar. • Os planetas que compoñen o sistema solar son: Mercurio, Venus, Terra, Marte, Xúpiter, Saturno, Urano, Neptuno.
PARTES DA TERRA • Núcleo: capa máis interna. • Manto: rodea o núcleo. • Codia: capa externa da Terra. • Hidrosfera: capa de cauga que rodea a terra. • Atmosfera: capa gasosa que envolve todas as anteriores.
OS MOVEMENTOS DA TERRA • MOVEMENTO DE ROTACIÓN: é o movemento que realiza a Terra sobre si mesma e que dá lugar á alternancia entre día e noite. • MOVEMENTO DE TRASLACIÓN: é o movemento que realiza a Terra arredor do Sol. Dá lugar á alternancia das estacións.
LOCALIZACIÓN DUN PUNTO XEOGRÁFICO • Para localizar un punto xeográfico trázanse unhas liñas imaxinarias que dividen a Terra en cuadrículas: • PARALELOS • MERIDIANOS
O Ecuador é o paralelo 0º e divide a superficie terreste en hemisferio norte e hemisferio sur. • O meridiano 0º é o de Greenwich e divide a superficie terrestre en hemisferio occidental e hemisferio oriental.
LONXITUDE E LATITUDE LONXITUDE: mídese polos meridianos e indica a distancia entre un punto xeográfico e o meridiano 0º. LATITUDE: mídese polos paralelos e indica a distancia entre un punto e o Ecuador. Ambas mídense en graos.
O relevo da Terra • Vista desde o espazo a Terra parece un planeta azul xa que o 71% é auga e só o 29% é terra. Todo o conxunto de auga (salgada ou doce) constitúe a hidrosfera. A maior parte de auga está recollida nos océanos. Distinguimos cinco océanos: Atlántico, Pacífico, Índico, Glacial Ártico e Glacial Antártico.
O RELEVO TERRESTRE • A terra que emerxeu na superficie conforma os continentes: América, Asia, África, Europa, Antártida e Oceanía. A meirande parte da superficie terrestre concéntrase no hemisferio norte.
O RELEVO TERRESTRE Está formado polas diferentes formas que constitúen a superficie terrestre. É produto da suma das forzas tectónicas (volcáns, terremotos, etc.) e dos axentes erosivos (auga, vento, accións dos seres vivos, etc.).
A orixe do relevo • O relevo terrestre ten a súa orixe nas forzas procedentes do interior da Terra. Son dúas as formas fundamentais: • Formas elevadas ou pregamentos (montañas e cordilleiras) • Depresións e vales provocados pola ruptura da superficie nunha falla.
AS PRINCIPAIS FORMAS DO RELEVO O RELEVO COSTEIRO Penínsulas: porción de terra rodeada de mar por todas as partes menos por unha (istmo). Illas: porción de terra rodeada de mar por todas partes. Un conxunto de illas denomínase arquipélago. Golfos: terra baixa na que entra o mar. Cabos: saínte rochoso que penetra no mar. Rías: entrantes de mar que inundan vales estreitos na costa.
FORMAS DO RELEVO O relevo continental: Chairas: extensións planas de altitude menor a 150 metros. Mesetas: zona chá cunha altitude de 650 metros. As mesetas situadas a grandes altitudes denomínanse “altiplanos”. Vales: zonas afundidas xeralmente percorridas por un río e situadas entre montañas. Montañas: son elevacións abruptas do relevo de altura sempre superior a 1000 metros. Agrúpanse formando cordilleiras.
O RELEVO DE EUROPA É un continente de reducida extensión (11 millón de Km2 En realidade Europa é unha prolonga ción de Asia, da que está separada polos montes Urais e a cordilleira do Cáucaso. En relación co relevo, posúe formas de pouca elevación. O pico máis importante é o Elbrus (5.633 metros), situado na cordilleira do Cáucaso. E o río máis longo é o Volga.
¿Que debemos localizar no mapa do relevo europeo? A gran chaira europea. Cadeas montañosas de orixe antiga: Montes Urais, Montes escandinavos, Macizo Central Francés, os Vosgos e a Selva negra. Cordilleiras novas: Apeninos, Alpes, Cárpatos, Balcáns, Cáucaso.
ZONAS CLIMÁTICAS ZONA CÁLIDA: situada en torno ao Ecuador e delimitada polo Trópico de Cáncer (norte) e de Capricornio (sur). Nesta área as temperaturas son moi elevadas durante todo o ano (superiores aos 18º). Isto é así porque os raios solares inciden sobre esta zona de maneira perpendicular e o seu efecto calorífico é maior. Na zona cálida atopamos tres climas: O CLIMA ECUATORIAL, TROPICAL E DESÉRTICO. ZONA TEMPLADA: está comprendida ao norte polo T. de Cáncer e o Círculo Polar Ártico e ao sur polo T. de Capricornio e o C. Polar Antártico. As temperaturas suavízanse (18º-8º) e varían segundo as estacións do ano. Diferenciamos tres climas: MEDITERRÁNEO; OCEÁNICO E CONTINENTAL. ZONA FRÍA: delimitadas polos círculos polares e os polos. Presenta as temperaturas máis baixas do planeta xa que os raios do sol caen rasantes e apenas posúen forza. Debemos diferenciar aquí o CLIMA POLAR DO CLIMA DE ALTA MONTAÑA.
CONCEPTOS CLAVE • Amplitude térmica: é o resultado de restar a temperatura máis elevada acadada no ano e a temperatura máis baixa. • Temperatura media: consiste en sumar as temperaturas medias de cada mes e dividila entre 12. • Total de precipitacións: total de cantidade caída por litro cuadrado.
ZONA CÁLIDA: CLIMA ECUATORIAL • Temperaturas elevadas e constantes superiores aos 25º. • Mínima A.T. (1º-2º) • Precipitacións moi abundantes durante todo o ano. • Paisaxe: selva virxe.
ZONA CÁLIDA: CLIMA TROPICAL • Temperaturas superiores a 20º. • Amplitude Térmica de 5º-10º. • Precipitacións abundantes en verán e escasas no inverno. • Paisaxe: a sabana.
CLIMA DESÉRTICO • Temperaturas moi altas (grande contraste entre o día e a noite). • Precipitacións case inexistentes. • Paisaxe: deserto
ZONA TEMPLADA. CLIMA MEDITERRÁNEO • Invernos de temperaturas suaves e veráns calurosos. • Amplitude térmica de 15º aproximadamente. • Precipitacións escasas, case inexistentes no verán. • Paisaxe: bosque de encinas, alcornoques, arbustos e matorrais.
Zona templada. Clima oceánico o atlántico • Temperaturas suaves e regulares todo o ano, debido á acción do mar. • Amplitude térmica en torno a 10º. • Precipitacións abundantes todo o ano, aínda que diminúen no verán. • Paisaxe: bosque de folla caduca (faia, carballos, castiñeiros).
ZONA TEMPLADA. CLIMA CONTINENTAL • Es el clima propio del interior de los continentes, onde non chega a acción do mar, que suaviza as temperaturas. • Gran amplitud térmica, superior a 20º. Veráns calorosos e invernos moi fríos. • Precipitacións escasas (inferiores a 500 mm.), aumentan no verán debido ás tormentas. • Paisaxe característica: taiga (bosques de folla perenne, pradeiras, estepas).
CLIMA FRÍO. CLIMA POLAR • Temperaturas sempre inferiores a 10º. • Chuvias inexistentes, aínda que a neve é persistente. • Nas zonas extremas non existe vexetación. A tundra é a vexetación propia das zonas árticas non polares.
Clima frío. Clima de alta montaña • As temperaturas descenden progresivamente a medida que aumenta a altura (- 0,6º cada seis metros). • As precipitacións adquiren forma de neve a medida que ascendemos. • A vexetación varía dependendo da altura: bosque, pradeira e ausencia de vexetación do cumio.