400 likes | 662 Views
A II GUERRA MUNDIAL E O PERÍODO DA GUERRA FRÍA. 1 . A II GUERRA MUNDIAL 2 . A FORMACIÓN DE BLOQUES E A GUERRA FRÍA 3 . A DESCOLONIZACIÓN. 1. A II GUERRA MUNDIAL. A ) CAUSAS B ) MARCHA CARA Á GUERRA C ) DESENVOLVEMENTO DA GUERRA Vitorias do Eixe Triunfo Aliado
E N D
1. A II GUERRA MUNDIAL • 2. A FORMACIÓN DE BLOQUES E A GUERRA FRÍA • 3. A DESCOLONIZACIÓN
1. A II GUERRA MUNDIAL • A) CAUSAS • B) MARCHA CARA Á GUERRA • C) DESENVOLVEMENTO DA GUERRA • Vitorias do Eixe • Triunfo Aliado • D) CONSECUENCIAS DA GUERRA • E) CONFERENCIAS DE PAZ
A) CAUSAS DA II GUERRA MUNDIAL • O Tratado de Versallestivo un efecto vingativo sobre alemáns e italianos. • A crise de 1929 e a posterior depresión favoreceu a aparición dos fascismos. Mussolini e Hitler desenvolveron unha política exterior agresiva e expansionista. • Debilitamento das democracias, e illamento dos EEUU. • Fracaso da SDNante as agresións dos fascistas italianos e alemáns e o imperialismo xaponés no Pacífico.
Desenvolvemento da I Guerra Mundial (3) ► Tratados de Paz ► En 1919 Conferencia de París. Sen contar cos vencidos, Francia, Gran Bretaña, EEUU e Italia tomaron as decisións e obrigaron a aceptar as condicións impostas aos países derrotados. ► Na Conferencia de París acordaron crear a Sociedade de Nacións, para manter a paz e solucionar os conflictos entre países mediante a negociación. Instalouse en Xenebra e quedaron establecidos dous organismos: Asemblea (todos os Estados membros) e Consello (potencias vencedoras). ► No Tratado de Versalles (1919) culparon a Alemaña da guerra e lle impuxeron duras sancións: perda de territorios, limitación do exército, desmilitarización da beira esquerda do Rin e Francia ocupou a rexión do Sarre. Isto alimentou os desexos de vinganza de Alemaña.
3.3 A ditadura fascista Mussolini perseguiu aos seus adversarios políticos (comunistas, socialistas e democratacristiáns) e restrinxiu as liberdades. En 1924 impón un réxime autoritario. Mussolini adquire plenos poderes e faise chamar Duce. Os partidos políticos prohibíronse, o Parlamento foi substituído por unha Cámara dos Fasci. As folgas foron prohibidas e os sindicatos substituídos por un sistema de corporacións por oficios, que abranguían a representantes dos obreiros, dos patróns e do Estado. En política económica buscouse a autarquía. En política exterior, mediante o expansionismo, tratouse de recuperar a antiga gloria do Imperio Romano, intentando a conquista doutros territorios, como Etiopía en 1935 e Albania en 1939.
4.3 A ditadura nazi O Estado alemán converteuse nun Estado policíaco (corpos policíacos como as SS e a GESTAPO) que perseguía calquera conato de oposición. Mantemento da pureza racialimplicou a persecución dos xudeus. No ano 1935 ditáronse as leis de Nuremberg, que impedían os matrimonios mixtos e excluían aos xudeus da cidadanía alemá. En 1938 foron obrigados a levar o distintivo. Creáronse campos de concentración. Dende un punto de vista económico, o III Reich propuxo un relanzamento para enfrontarse nunha guerra a Francia e Gran Bretaña. A política económica nazi respondía aos proxectos militaristas e expansionistas de Hitler. O Estado nazi buscaba conseguir a autarquía económica. Priorizouse a industria pesada, sobre todo a de armamento. Para frear o paro, impulsáronse as obras públicas. Hitler iniciou tamén unha política militarista: creou un novo exército, a Wehrmacht, e unha aviación moderna, a Lufwaffe. Hitler sentiuse preparado para construír un grande imperio e conquistar o “espazo vital” ao leste de Europa. O camiño cara a II Guerra Mundial estaba preparado.
B) MARCHA CARA A GUERRA • Xapón invade Manchuria (China) en 1931 e en 1937 a propia China. • Italia ocupa Etiopía e Albania en 1935-39. • Italia e Alemaña apoian a sublevación militar en España no 1936 con homes e con armamento. • Alemaña seguindo a teoría do Espazo Vital, remilitariza a rexión de Renania en 1936, ocupa Austria (Anchluss) e a zona dos Sudetes en Checoslovaquia (1938), e trala Conferencia de Munic,Bohemia e Moravia pasan a Alemaña, co que Checoslovaquia desaparece como Estado. • En 1936 Alemaña firma un tratado con Italia (Eixe Roma-Berlín) que en 1939 se denomina Pacto de Aceiro. Alemaña tamén asina con Xapón o Pacto Antikomintern. • Hitler en 1939 asinou o Pacto Xermano-Soviético para repartirse Polonia coa URSS. Os británicos e os franceses declaráronlle a guerra a Alemaña, co que comeza a II Guerra Mundial (setembro do 39)
C) DESENVOLVEMENTO DA GUERRAVitorias do Eixe • Alemaña para a invasión de Polonia utiliza a Guerra Lóstrego (Blitzkrieg). • En 1940, Hitler invade a maior parte de Europa Occidental (Francia cae a pesares da liña Maginot), só resistindo Gran Bretaña (a Lufwaffe alemá bombardeou as cidades inglesas na Batalla de Inglaterra). Hitler decreta un bloqueo das Illas na chamada Batalla do Atlántico. Tamén combateu aos ingleses no Mediterráneo e no Norte de África (tropas do Africakorps). Os Balcáns caeron en 1941. • En 1941, os alemáns mediante a operación Barbarosainvaden a Unión Soviética. • Os alemáns atoparon resistencia nos territorios sometidos (Resistencia), polo que a Gestapo e mais as SS implantaron un réxime de terror e violencia, sobre todo contra os xudeus (Holocausto). • En decembro, os xaponeses bombardearon a base naval norteamericana de Pearl Harboure EEUU entrou en guerra (decembro de 1941)
Liña Maginot francesa Avance alemán polas Ardenas belgas
DESENVOLVEMENTO DA GUERRATriunfo aliado • A partires de 1942, EEUU e a URSS reforzaron aos aliados. • Entre 1942-43 EEUU frea aos xaponeses na Batalla de Midway; franceses e británicos vencen aos alemáns na Batalla de El-Alamein (Norte de África); Hitler tivo que retroceder na URSS trala Batalla de Stalingrado. • En Xuño de 1944 os aliados dirixidos polos norteamericanos desembarcan en Normandía. Angloamericanos avanzan desde o Oeste e os soviéticos desde o leste. Hitler suicídase no seu búnker o 30 de abril de 1945 e a guerra en Europa finaliza o día 8 de maio. • Xapón tardou máis e caer, e tras sufrir o bombardeo de dúas bombas atómicas (sobre Hiroshima o día 6 de agosto e sobre Nagasaki o día 9). Xapón capitula o 2 de setembro.
Catro imaxes da bomba atómica e dos seus efectos sobre Hiroshima
D) CONSECUENCIAS DA GUERRA • Perdas humanas e económicas. Houbo máis de 50 millóns de mortos. As destrucións materiais foron enormes: cidades bombardeadas, centros industriais arrasados, agricultura abandonada e campos queimados, etc. • Forte impacto moral. Modificacións de fronteiras e expulsións de minorías étnicas provocaron un elevado número de desprazamentos forzosos. • En Nuremberg (Alemaña) iniciouse un proceso para xulgar e castigar aos principais dirixentes nazis. • Europa Oriental quedou baixo o dominio da URSS. Europa Occidental buscou a alianza cos EEUU. • Asia e África iniciaron o proceso da súa independencia: a descolonización. • Alemaña perdeu territorios e quedou dividida en catro zonas: soviética, norteamericana, británica e francesa. O mapa europeo cambiou sobre todo na zona oriental, coas anexións da URSS.
E) CONFERENCIAS DE PAZ • Conferencia de Teherán (novembro de 1943) onde se reúnen Gran Bretaña, EEUU e a URSS, á que asistiron Churchill, Roosevelt e Stalin. Así tomáronse as primeiras medidas militares conxuntas. • Conferencia de Ialta (febreiro de 1945), cos mesmos protagonistas, onde se decidiu a eliminación do réxime nazi, a división de Alemaña e Berlín en catro zonas de influencia, etc. • Conferencia de Potsdam (agosto de 1945), esta vez asistindo Atlee por Gran Bretaña, Truman polos EEUU e Stalin pola URSS, onde acordan devolver todos os territorios ocupados por Alemaña, separación de Austria, desmantelamento da industria militar, etc. Nesta conferencia comezan as desconfianzas entre os EEUU e a URSS ao se acusar mutuamente de querer ampliar a súa área de influencia e a súa hexemonía. • Na Conferencia de París de 1946 acórdanse os tratados de Paz co resto de aliados de Alemaña. • Na Conferencia de San Francisco (1945) fundouse a ONU.
2. A FORMACIÓN DE BLOQUES E A GUERRA FRÍA • A) A FORMACIÓN DE BLOQUES ANTAGÓNICOS • B) A GUERRA FRÍA • Conflitos durante a Guerra Fría • C) FINAL DA GUERRA FRÍA E COEXISTENCIA PACÍFICA
A) A FORMACIÓN DE BLOQUES ANTAGÓNICOS As Conferencias de Paz dividen Europa en dúas zonas de influencia: norteamericana e soviética. Xorde a bipolarización. Os americanos prohibiron os partidos comunistas nos gobernos de coalición de algúns países europeos. Os soviéticos impuxeron gobernos comunistas nas súas zonas de influencia (países satélites), que se chamaban democracias populares. En 1946, Winston Churchill, comentou que Stalin deixara caer un pano de aceirosobre Europa pechando así os países de Europa Oriental. En 1947, coa Doutrina Truman, ou doutrina de contención, a ruptura agudizouse.
Os EEUU convertéronse nos xendarmes do mundo occidental, incrementando as súas tropas nos países de Europa Occidental. Co Plan Marshall, os EEUUaxudaban economicamente ao vello continente, para impulsar a súa reconstrución. Esta axuda foi rexeitada pola URSS ( informe Jdanov) e os seus países satélites, que crearon a Kominform. Par afirmar a cohesión dos bloques, cada potencia organizou un bloque militar cos países aliados. EEUU impulsou, en 1949, a creación da OTAN (Organización do Tratado Do Atlántico Norte) e a Unión Soviética en 1955 forma cos seus aliados o Pacto de Varsovia.
B) A GUERRA FRÍA Consistiu nun modelo de relacións internacionais que se desenvolveu despois da II Guerra Mundial e se baseaba nun estado de desconfianza, rivalidade, tensión e ameazas entre as dúas superpotencias (EEUU e a URSS). Non houbo enfrontamentos directos, o que suporía unha guerra quente, pero si houbo unha gran carreira de armamentos. A tensión entre os bloques tamén supuxo unha propaganda hostil contra o inimigo e da espionaxe. Houbo choques en escenarios fóra das súas fronteiras: Berlín, Corea, Vietnam, etc.
Conflitos durante a Guerra Fría ►Crise de Berlín: trala guerra, Alemaña dividiuse en 4 zonas, e Berlín, a capital, tamén. En 1949, nace a RFA trala unión da zona americana, francesa e británica. A URSS negouse a esta unión e cercou Berlín Occidentalimpedindo a comunicación coa RFA. Optouse por unha ponte aérea que levara subministros á cidade. En 1961, os comunistas da RDA construíron un muro de 160 km para evitar as fuxidas dos alemáns orientais ao Berlín Occidental. O muro da vergoña foi derrubado en 1989. ► Crise de Hungría, en 1956. Tratou de separarse do bloque comunista. A represión do exército soviético causou miles de mortos e centos de miles de exiliados. ► Crise de Checoslovaquia, en 1968. Ocurriu algo moi semellante na chamada Primavera de Praga, onde os checos demandaban liberdades que os soviéticos reprimiron.
Muro de Berlín Crise de Hungría, 1956 Primavera de Praga, 1968
► A guerra de Corea (1949-53). Corea, trala guerra, queda dividida en dúas zoas separadas polo paralelo 38ºN, unha prosoviética, ao Norte, e outra aliada dos EEUU, ao Sur. Corea do Norte cruza o paralelo 38º, e os norteamericanos ao fronte da ONU contraatacan durante 3 anos. China axudará aos coreanos do Norte. Ao fin da guerra vólvese ás fronteiras anteriores coa Paz de Panmunjom e a división das dúas Coreas. EEUU reforzou o seu control sobre os países veciños, como un “cordón sanitario” para evitar o “efecto dominó”. ►A crise dos mísiles de Cuba (1962). Fidel Castro chega ao poder en Cuba uns anos antes. O seu goberno era procomunista e acercouse á URSS. Os avións espías norteamericanos descubriron ramplas de lanzamento de mísiles nucleares apuntando aos EEUU. O presidente Kennedy declarou un bloqueo naval da illa. Durante uns días o mundo atopouse ao bordo da III Guerra Mundial. Ante a ameaza, o secretario xeral da URSS, Kruschev ordenou regresar ao seu país os barcos soviéticos que se dirixían á illa e tamén mandou desmantelar as ramplas de lanzamento. EEUU respectaría o réxime cubano e desmantelaría os mísiles que tiña en Turquía.
Monumento aos heroes da Guerra de Corea, Seúl Pulso entre Kruschev e Kennedy sobre bombas nucleares
►A Guerra de Vietnam (1960-75).Ó acabar a guerra, o Vietnam quedou dividido polo paralelo17ºN nunha zona comunista ao norte e capitalista ao sur. Cando o lider comunista Ho-Chi-Min decide unificar o país, os EEUU interveñen militarmente. O conflito esténdese a Laos e Camboxa. Os norteamericanos tras firmar a Paz de París (1973) abandonan Vietnam e os comunistas do norte acaban por unificar o país, nacendo así a República Democrática Popular de Vietnam. ►Guerras árabe-israelís (1948-1982). A ONU en 1947 decidiu a creación dun Estado xudeu en Palestina. Axiña xurdiron enfrontamentos entre as dúas comunidades, que ocasionaron xa cinco guerras. O conflito segue vivo no século XXI. ► Guerra de Afganistán (1978-88). Neste país, con axuda soviética, instálase un réxime comunista. A oposición da poboación musulmá, que crea guerrillas axudadas polos EEUU, provoca a invasión do país e tras dez anos de loita, a saída das tropas soviéticas pola porta de atrás.
Guerra do Vietnam Guerra de Afganistán Guerras árabe-israelís
C) FINAL DA GUERRA FRÍA E COEXISTENCIA PACÍFICA Durante anos viviuse o “equilibrio do terror” e a “doutrina da represalia masiva” e da “destrución mutua”. Kruschev e Kennedy foron os primeiros en falar do desxeo da doutrina da “coexistencia pacífica”. En 1963 instalouse o teléfono vermello nos despachos dos dirixentes ruso e norteamericano, para comunicarse directamente no caso de crise grave. No proceso de distensión tivo importancia a Conferencia de Helsinki (1975) onde os Estados participantes prometeron respectarse mutuamente. Gorvachov en 1989 tras unha reunión en Malta con George Bush (pai) anunciaron o final da Guerra Fría. En 1991 desintegrábase a URSS e desapareceu o Pacto de Varsovia, e comezouse a reducir o armamento atómico.
3. A DESCOLONIZACIÓN • A) CAUSAS • B) O PROCESO DESCOLONIZADOR
A) CAUSAS ☻ Desexo de independencia da poboación das colonias e perda da hexemonía europea. ☻ Forza dos movementos nacionalistas. ☻ Expansión dunha opinión internacional contraria ó colonialismo, expresada na Carta do Atlántico (1941), Declaración da ONU (1946) e Declaración Universal dos Dereitos Humanos (1948), que proclamaron o dereito á determinación. ☻ O apoio das grandes potencias á descolonización.
B) O PROCESO DESCOLONIZADOR ►A primeira etapa descolonizadora iniciase en Asia: en 1947Gran Bretaña acepta a independencia da India, en 1949Indonesia consegue a súa independencia. En 1954, Francia ten que abandonar Indochina e Vietnam proclamouse Estado. ► A segunda etapa afecta ó norte de África desde 1951, cando Libia, ex colonia italiana accede a súa soberanía. Francia recoñece a independencia de Marrocos e Tunes en 1956, e terá que aceptar tras unha longa guerra a independencia de Alxeria en 1962. ► A África subsahariana accede a súa independencia máis tarde, entre 1955 e 1965, sobre todo as colonias británicas e o Congo Belga. ► Nunha etapa posterior a 1970 independízanse as colonias portuguesas e españolas.