180 likes | 291 Views
XORNADA CONTINUA. VENTAXES. Coincidirán os horarios de saída das tres etapas. Favorece a organización familiar. Os pais que poidan atender aos seus fillos a partir das 2:15 poderán compartir a comida cos seus fillos e compartir con eles toda a súa tarde.
E N D
VENTAXES • Coincidirán os horarios de saída das tres etapas. Favorece a organización familiar. • Os pais que poidan atender aos seus fillos a partir das 2:15 poderán compartir a comida cos seus fillos e compartir con eles toda a súa tarde. • Os pais que os poidan atender a partires das 3 ou das 4:15 poderán seguir deixando aos seus fillos no comedor e vilos buscar para disfrutar deles o resto da tarde. • Para tódolos que o precisen, o centro permanecerá as mesmas horas aberto. • O rendimento dos nenos polas mañás é superior o das tardes. Notamos que desaproveitamos uns momentos de lucidez e capacidade de atención e concentración, para romper coa comida e voltar de novo. • Para ofrecer aos alumnos/as posibilidades formativas e lúdicas que completen a sua formación. • Haberá actividades culturais e deportivas alternativas a oferta actual. • Seguirá habendo servicio de comedor e atención temperá
REQUISITOS LEGAIS 1.- Acordo Consello Escolar 3/5 2.- Acordo claustro 3/5 3.- Acordo do total do censo de familias de E.I e E.P nun 58% 4.- Plan Específico de Actividades Extraescolares FASES DO PROCESO 1.- Preparación da proposta 2.- Fase de información 3.- Votacións 4.- Tramitación da solicitude
Características das actividades Son voluntarias. Os alumnos poderán elixir as que máis lles interesen Os tipos de actividades propostas completan a oferta de actividades: Propoñemos deportes alternativos aos xa practicados no colexio e en principio con carácter lúdico, non competitivo. Propoñemos unha actividade de inglés levada por un profesor nativo, que sirva de complemento a formación académica. En infantil tentamos buscar actividades que traballen necesidades que detectamos nos nenos destas idades e completen a súa formación
Características das actividades • O Equipo Directivo fará un seguimento de cada unha delas ao longo do curso. • Existirá presenza do profesorado no centro durante a duración das mesmas. • O número mínimo de participantes por actividade será de 12 nenos. • A duración de cada actividade será dunha hora. • Terán unha coste mensual e unha matrícula ao realizar a inscripción.
Existe a posibiliadade de facer actividade o venres. Dependerá da demanda que haxa
VOTA ¿Que facer agora? Tes un dereito e un deber
¿Cando? O xoves 24 de febreiro de 9:15 a 18:00
O CENSO O censo estará expostona portería do colexiodende o 7 de febreiro ata o 16. E establecerá o prazo de reclamaciónsdende o 17 ata o 23 de febreiro. Lembrade que debedes consulta-lo xa que se alguén non aparece, non poderá votar.
As votacións Só pode votar un membro por familia, o pai ou a nai ou o titor legal do neno. Vota sempre, tanto SÍ como NON. A porcentaxe faise polo total do censo de EI e EP. É dicir, se non votas contará como NON. A lei esixe que na mesa de votación do martes 24 de febreiro, estean dous pais ou nais designados por sorteo público. Así que procedamos…