220 likes | 443 Views
Corre que chove !!!. PALABRAS ENCHOUPADAS. Orballo . Chuvia miúda.
E N D
PALABRAS ENCHOUPADAS Orballo. Chuviamiúda É unha palabra galega que se estendeu por toda a Península. Chamámoslleorballo á “chuviamiúda”, esa chuvia que “non molla pero empapa”, mais non quedamos aquí porque temosunhachea de maneiras de chamarlle a este tipo chuvia: babuña, babuxa, barbaña, barbuña, barbuza, barrallo, barrufa, barruñeira, barruzo, breca, chuvisca, froallo, lapiñeira, mexadeira, mocalleira, morriña, morriñada, orballeira, orballada, parrumada, patiñeira, poalla, poalleira, zarzallo. E aíndapoderíamosengadir: chuviñada, chuviscada “chuviamiúda e lenta que dura pouco tempo”. Fixémonos no matiz “que dura pouco tempo”. “Son as seis da tarde dun día de outono. A vilavai-se mollandodunorballooubabuxeira fina que, xuntocoempardecer, axuda a anubiá-los recantos das prazas e rúas. A augaescorregasolermiña, queda, polaslousas da vilavella e polo asfalto da zona nova da vila.” Antón Tovar, A grande ilusión e outros contos, Galaxia, Vigo, 1989 (TILGA)
PALABRAS ENCHOUPADAS Melura Neste caso imos facer algo de mestura, imos mesturar a augacoanéboa e así temos esta palabra que ten como significado: “Chuviamoi fina que se desprende da néboa” Coma no caso anterior, aquítamén temos outras maneiras de chamarlle a esta realidade: meleada, molura. Un exemplo do uso desta palabra na linguaxeliteraria: “Casal do verme que no froito cava o agraz, a polpa de auga onde se enterra, e na melura, polasveigas, erra o can que morre e que aínda baba;” Anos de viaxe (Poesía 1981-1987) Rodríguez Baixeras, Xavier, Ed.Xerais, Vigo, 1987 (TILGA)
PALABRAS ENCHOUPADAS chuvascada Imos aumentando a intensidade e a forza da chuvia, pero non a duración. O significado que esta palabraten é “Chuvia forte que dura pouco tempo” e tamén pode ter outros sinónimos como: basto, bátega, bategada, chaparrada, chuvasco, chuvieira, treixada. Entre a chuvascada e o trebón temos tamén outras palabras que podemos considerar case sinónimos das anteriores son: ballón, balloada “Golpe de chuvia forte, abundante e de pouca duración.” Velaquívarios exemplos: “Co medo de que caese outra, chuvascada, tangueron o gandoaxiña para a casa.” Raíces rurais, Rodríguez Troncoso, Manuel, Ed. O Castro, Sada, 1996(TILGA) “Senprevio aviso caeu unha bategada de auga e refrescou o aire.” Morning Star, Miranda, Xosé, Ed. Xerais, Vigo, 1998 (TILGA) “Cando escampou, navegaba a enchente desatada polabáteganunha canoa.” Ganga, Lopo, Antón, EdiciónsXerais de Galicia, 2001 (CORGA)
PALABRAS ENCHOUPADAS trebón Imos “in crescendo” e agora temos o trebón que é unha “Chuvia intensa e súbita que pode ir acompañada de vento e que adoita ter pouca duración.”, ademais de chuvia, agora imos ter vento, pero non nos asustemos que é de “pouca duración”. Obviamente coma no resto das palabras das que estamos falando, esta tentamén, como é de esperar, diferentes sinónimos ou variantes dialectais como son: treboada, torboada, torbón, trebón, tromba, tromba de auga. Incluso unha palabra como farrapada coaacepción de “Golpe de vento e chuvia”, nos pode dar idea das mil e unha variantes que esta realidade cultural-meteorolóxica dá de si na nosa terra. Algúns exemplos de uso: “Inda bruase o trebón, o fríoentalase os dedos e verteranauga as nubes cal se baleiraranxerros pra afogá-la humanidade naquela tarde do inferno...” Enredadas, Tettamancy Gastón, Francisco, Tipografía La Constancia, Coruña, 1901 (TILGA) “Bo é que te deches conta a tempo e antes de rompe-la treboadapuxeches todo benarranxado.” O soño perdido de Elvira M., Heinze, Ursula, EdiciónsXerais de Galicia,1982 (CORGA)
PALABRAS ENCHOUPADAS arroiada Chegamos ao punto de que a auga “caedirectamente a xerros”, “a cachón” ou como queiramos dicir, pero isto xa é chover encondicións. A arroiada é unha “Chuvia forte e abundante”. Outras maneiras de diciloseríandiluvio, dioivo, decembra. Pero se ademais de chuvia, queremos vento forte, como é de esperar tamén temos outras palabras para chamarlle: cebra, cebrina, ondada, zarracina. “A chuva caía entónenarroiada turbulenta”. Bretaña Esmeraldina, MéndezFerrín, Xosé Luís, Ed. Xerais, Vigo, 1987(TILGA) “Amañeceuundía de verdadeiro dioivo e o máis cativo dos raparigosnonpoido ir á escola”. Andrómenas. Contos pra o pobo, Fernández-Oxea, Xosé Ramón (Ben-Cho-Shey), Ed. Monterrey, Vigo, 1953 (TILGA)
PALABRAS ENCHOUPADAS sarabia Agora imos conxelarnosun pouco, que vén de cheo o inverno. Comezamospolasarabia “Chuviaconxelada que caeen forma de gransmáis ou menos grandes”. Esta mesma definicióntémola para outros sinónimos, variedades que son as que lledan riqueza ao noso léxico: graínzo, pedra, pedrazo, salpedrés. Ao respecto como somos unterritoriomoi variado, hai lugares onde se distingue sarabia dos seus sinónimos pedra e pedrazo, segundo o tamaño do gran. Normalmente, a pedra e o pedrazorefírense ao granmáis groso, mentres que a sarabiafaialusión ao máis pequeno. “E traballara, aguantando vendavais, chuvias, sarabia, nevazón e xeadas.” Latitude austral, Alcalá, Xavier, Editorial Galaxia, 1991 (CORGA) “O trebón fixo abalar o pazo e, abrindo as cataratas do ceo, guindou na terra o chuvasco de pedrazo que destroza os agros i esnaquiza os corazóns dos labregos.” Vaosilveiro, López Abente, Gonzalo, Editorial Nós, A Coruña, 1929 (TILGA)
PALABRAS ENCHOUPADAS xistra Para rematarmos este Setestrelochuvioso, entraremos xa no territorio da neve, porque aínda que nonsexamos unha terra de neves perpetuas, tamén nos toca o noso. En concreto xistra, a palabra da que estamos a falar, fai referencia á “Chuvia ou neve acompañada de vento forte e xélido.” Outras maneiras de referirse a esta realidade son: brea, cifra, ciobra, rebelaxe. “Si o sol ás vecesloce, nonquenta; corre tal xistra, que as maus degresa.” Montañesas, Noriega Varela, Antonio, Ed. Mondoñedo, 1910 (TILGA) “Foi dunha destas veces que empezou a vir un vento de cifra que deixaba a uncallado(...)” Loita e morte, Laxe Freire, Manuel Anxo, Editorial Xerais, Vigo, 1986 (TILGA)
PALABRAS galegas para a chuvia Chuviamiúda e fina 14. borrallada 15. Breca 16. chuviñada 17. chuviñeira • 18. chuvisca19. chuviscada • 20. froallo • 21. lapiñeira • 22. marmaña • 23. mera • 24. morriña • 25. morriñada • 26. orballada 1. babuña 2. babuxa 3. barbaña 4. barbuña 5. barbuza 6. barrallo 7. barrufa 8. barrufo 9. barruñeira 10. barruzada 11. barruzo 12. bátega 13. borralla 27. orballeira 28. orballiscada 29. orballo 30. patiñeira 31. patumeira 32. poalla 33. poallada 34. poallo 35. poalleira 36. salseiro 37. zarapallada 38. zarzallo
PALABRAS galegas para a chuvia Chuviaforte • 12. chaparrada • 13. chaparrazo • 14. chuvascada • 15. chuvasco • 16. chuvieira • 17. chuviñeira • 18. cifra • 19. ciobra • 20. coriscada • 21. corisco • 22. decembra 1. arroiada 2. ballón 3. balloada 4. basto 5. bátega 6. bategada 7. brea 8. calistro 9. cebra 10. cebrina 11. cebrisca 23. diluvio 24. dioiva 25. dioivo 26. torba 27. torbada 28. torboada 29. torbón 30. treboada 31. trebón 32. xistra 33. zarracina
PALABRAS galegas para a chuvia • Chuviacon néboa • barruzo • breca • mera • salseiro Chuvia con moito aire 1. brea 2. cebrina 3. cebrisca 4. chuvascada 5. chuvasco 6. cifra 7. ciobra 8. coriscada 9. corisco 10. zarracina Chuvia con neve 1. calistro 2. cebrina 3. cebrisca 4. coriscada 5. corisco 6. torba 7. xistra
Sustantivos en galego para a chuvia 1. arroiada: choivaforte e intensa 2. babuña: chuviamiúda e pouco intensa 3. babuxa: chuviamiúda e pouco intensa 4. ballón: tromba de augaforte e intensa 5. balloada: chuvia intensa que se prolonga varios días seguidos, : chuvia repentina, intensa e curta 6. barbaña: chuviamiúda e pouco intensa 7. barbuña: chuviamiúda e pouco intensa 8. barbuza: chuviamiúda e pouco intensa 9. barrallo: chuviamiúda e pouco intensa 10. barrufa: chuviamiúda e pouco intensa 11. barrufo: chuviamiúda e pouco intensa 12. barruñeira: chuviamiúda e pouco intensa 13. barruzada: chuvia fina e persistente 14. barruzo: chuviamiúda e pouco intensa, mesturada con néboa 15. basto: chuvia repentina, intensa e curta
Sustantivos en galego para a chuvia 16. bátega: chuvia repentina, intensa e curta 17. bategada: tromba de auga forte e intensa, : chuvia repentina, intensa e curta 18. borralla: chuvia miúda e pouco intensa 19. borrallada: chuvia miúda e pouco intensa 20. boubizo: chuvia miúda e pouco intensa 21. brea: chuvia forte e con vento 22. breca: chuvia miúda e pouco intensa, mesturadaconnéboa 23. cairo: chuvia forte e, normalmente, de duracion breve 24. calistro: trebón de augafríacon vento ou neve miúda 25. cebra: chuvia repentina, intensa e curta .. acompañada de vento 26. cebrina: temporal de chuvia e neve con vento forte 27. cebrisca: temporal de chuvia e neve con vento forte. Sarabiada forte 28. chaparrada: choiva forte e intensa, tromba de auga forte e intensa, chuvia repentina, intensa e curta 29. chaparrazo: choiva forte e intensa, tromba de auga forte e intensa, chuvia repentina, intensa e curta 30. choiva: precipitaciónen forma de pingas, chuvia
Sustantivos en galego para a chuvia 31. chuiva: variante dialectal de chuvia 32. chuva: variante dialectal de chuvia 33. chuvascada: precipitación intensa e abundante, acompañada case sempre de vento forte 34. chuvasco: precipitación intensa e abundante, acompañada case sempre de vento forte 35. chuvia: precipitaciónen forma de pingas, choiva 36. chuvieira: chuvia forte e intensa, tromba de auga forte e intensa 37. chuviñada: chuvia miúda e pouco intensa 38. chuviñeira: chuvia repentina, intensa e curta 39. chuvisca: chuvia miúda e pouco intensa 40. chuviscada: chuvia miúda e pouco intensa 31. cifra: chuvia forte e con vento 42. ciobra: chuvia forte e con vento 43. coriscada: trebón de augafríacon vento ou neve miúda 44. corisco: trebón de augafríacon vento ou neve miúda 45. decembra: chuvia forte e prolongada habitual endecembro
Sustantivos en galego para a chuvia 46. diluvio: chuviamoi abundante e intensa 47. dioiva: chuviamoi abundante e intensa 48. dioivo: chuviamoi abundante e intensa 49. escarabana: augamoi fría con sarabia 50. froallo: chuviamiúda e pouco intensa 51. lapiñeira: chuviamiúda e pouco intensa 52. marceada: tempo con claros e chuvias propio de marzo 53. marmaña: chuviamiúda e pouco intensa 54. mera: chuviamoi fina que se desprende da néboa mesta 55. morriña: chuviamiúda e persistente 56. morriñada: chuviamiúda e persistente 57. orballada: chuviamiúda e de pouca duración 58. orballeira: chuviamiúda e de pouca duración 59. orballiscada: orballomoi fino, que case non chove nada 60. orballo: chuvia fina e persistente,
Sustantivos en galego para a chuvia 61. patiñeira: chuvia fina e persistente 62. patumeira: chuvia fina e persistente 63. poalla: chuviamiúda e pouco intensa, 64. poallada: chuviamiúda e pouco intensa 65. poallo: chuviamiúda e pouco intensa 66. poalleira: chuviamiúda e pouco intensa 67. salseiro: pingas de auga que producen unhanéboa mesta provocada polo ventona superficie do mar 68. seca-fría: un pequenotorbón que cae moi raras veces co aire norte ousarandón e que non chega case nin a mollar a terra pero, iso si, é moi frío 69. torba: auga de chuvia mesturada con neve fina 70. torbada: tromba de augaforte e intensa, tormenta 71. torboada: tromba de augaforte e intensa, tormenta 72. torbón: tromba de augaforte e intensa, tormenta 73. treboada: tromba de augaforte e intensa, tormenta 74. trebón: tromba de augaforte e intensa, tormenta 75. xistra: chuvia e neve con ventomoi frío 76. zarapallada: chuviamiúda e pouco intensa 77. zarracina: chuvia abundante con moitovento 78. zarzallo: chuviamiúda e pouco intensa
Verbos galegos para a chuvia 1. arroiar: choverforte e intenso 2. baballar: caer chuviamiúda, fina 3. babuñar: caer chuviamiúda, fina 4. babuxar: caer chuviamiúda, fina 5. barbañar: caer chuviamiúda, fina 6. barbuñar: caer chuviamiúda, fina 7. barbuzar: caer chuviamiúda, fina 8. barrallar: caer chuviamiúda, fina 9. barrufar: caer chuviamiúda, fina 10. barruñar: caer chuviamiúda, fina e persistente 11. barruzar: caer chuviamiúda, fina 12. bategar: chover de xeito repentino e intenso por pouco tempo 13. brecar: caer chuviamiúda, fina 14. cebriscar: caer nevemiúda con moitovento 15. Chorrear: choverforte e intenso 16. Chover: caer auga das nubes en forma de pingas 17. Chuviñar: caer chuviamiúda, fina
Verbos galegos para a chuvia 17. Chuviñar: caer chuviamiúda, fina 18. Chuviscar: caer chuviamiúda, fina 19. Cifrar: soar o vento e choverforte 20. Coriscar: chover con frío ou caer nevemiúda 21. Decembrar: choverforte e seguido, típico de decembro 22. Diluviar: chovermoito e seguido 23. Froallar: caer chuviamiúda, fina 24. Lapiñar: caer chuviamiúda, fina 25. Marcear: facer un tempo de marzo con claros e chuvias 26. Marmañar: caer chuviamiúda, fina 27. Merar: desprenderse unhachuviamoi fina da néboa mesta 28. Orballar: caer chuviamiúda, fina 29. Orballiscar: orballarmoi suave 30. Patiñar: caer chuviamiúda, fina 31. Poallar: caer chuviamiúda, fina 32. Xistrar: caer augamoi fría con neve 33. zarzallar: caer chuviamiúda, fina
adxectivosgalegos sobre a chuvia 1. babuxado: terreohumedecidopolachuvia fina 2. babuxento: tempo húmido no que chove moito 3. barrucento: tempo húmido no que chove moito 4. barralloso: dise do tempo en que caechuvia miúda 5. barrucento: tempo húmido no que chove moito 6. chuviñento: dise do tempo en que chove moito ou ameazachuvia 7. chuviñoso: dise do tempo en que chove moito ou ameazachuvia 8. chuvioso: dise do tempo en que chove moito ou ameazachuvia 9. corisqueiro: dise do tempo no que chove confrío ou cae neve miúda 10. corisquento: dise do tempo no que chove confrío ou cae neve miúda 11. froalleiro: dise do tempo non que caechuvia miúda seguido 12. froallento: dise do tempo non que caechuvia miúda seguido 13. morriñenta: dise da chuvia miúda e persistente 14. orballento: dese do tempo no que cae unha chuvia fina e persistente 15. orballisqueiro: dise do tempo no que orballafrecuentemente 16. poallento: dise do tempo no que caechuvia fina e miúda
Frases que din que chovemoito 1. chover a arroiar 2. chover a ballón 3. chover a cachón 4. chover a caldeiradas 5. chover a canados 6. chover a ceo aberto 7. chover a chapuzos 8. chover coma quen a envorca 9. choveráscuncas 10. chover a Deus dala 11. chover a Deus dar 12. chover a manta 13. chover a mares 14. chover a varrer 15. chover a xerros 16. chover o mar chovido 17. chove que arrepía 18. chove que mete medo
Ditos sobre o chover 1. Chover sobre mollado: sucede algo malo despois de outra cousa mala xa acontecida 2. chova que neve!: pase o que pase 3. chóvelle na cabeza: está tolo 4. coma quenve chover: nonfacer caso, deixalopasar 5. nunca choveu que nonescampase: todo tenremedio 6. por min que chova!: tanto me ten 7. xa choveu!: haimoito tempo 8. chóvelle no fallado: ten problemas mentais 9. unhas pingan e outras mollan: todo é o mesmo 11. Sentar a ver chover... Deporte tradicional galego
Refráns sobre a chuvia • Abril para ser abril ten que vir conaugas mil • Abril augas mil, se non é no comezo ó medio ou á fin: sempre ha chover moitoen abril • Augade mediodía, auga de todo o día: choverá todo o día • Augade trebónnunha parte dá e noutra non: como vén forte nuns sitios estraga e noutros é beneficiosa • Augade xaneiro, cada pinga vale diñeiro: enxaneiro pouca auga vale moito • Augaenfebreiromellorcaenxaneiro • Augamiúda, vendaval que dura: moitas veces a chuvia fina acabará en forte vendaval. • Auga/chuviamañanceiranon é duradeira: cando chove moi cedo non dura • Candochove e fai vento, pecha a porta e estatedentro