220 likes | 363 Views
I Plan Piloto de votación electrónica 2010. e- VOTO. UNHA NOVA FORMA DE PARTICIPAR NO GOBERNO DAS UNIVERSIDADES. Introdución.
E N D
I Plan Piloto de votación electrónica 2010 e- VOTO UNHA NOVA FORMA DE PARTICIPAR NO GOBERNO DAS UNIVERSIDADES
Introdución • As Universidades do Sistema Universitario Galego (SUG) impulsan diversas iniciativas en materia de Administración Electrónica (e-Universidade) e pretenden estendelas a outros ámbitos nos que o uso das tecnoloxías da información pode favorecer o exercicio dos dereitos e liberdades dos membros da comunidade universitaria. • En concreto preténdese que os membros da comunidade universitaria participen no goberno e na administración das universidades mediante sistemas do denominado “voto electrónico” para elixir os seus representantes nos órganos colexiados e de goberno das universidades, así como favorecer un sistema de consulta entre os membros da comunidade universitaria. • Neste senso a Xunta de Galicia, a través da súa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación e Innovación Tecnolóxica en liña coa Estratexia galega da Sociedade da Información, apoia ao conxunto das universidades públicas galegas para a posta en funcionamento de ferramentas informáticas que posibiliten o voto electrónico, o seu principal obxectivo é o impulso da administración electrónica en procesos electorais no ámbito da universidades galegas.
Introdución • A Lei 11/2007, de 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, comunmente denominada, de Administración Electrónica, prevé que os cidadáns poderán realizar todas as súas xestións administrativas por medios electrónicos, coa consecuente obrigación da Administración de ofrecer os seus servizos por calquera canle que facilite esta relación (Internet, móbiles, etc). • Os procesos electorais universitarios son altamente complexos tanto polo número de electores (todo o alumnado, profesorado e PAS) como polo número de sectores elixibles e pola súa alta frecuencia nas votacións (case cada ano hai unha elección como mínimo en cada universidade). • Así mesmo, a participaciónnalgúns sectores, como os estudantes, é habitualmente baixa polos curtos períodos de tempo para as votacións e a necesidade de desprazarse as mesas electorais, así como o cada vez maior número de persoas da comunidade universitaria que realizan estadías fora da súa Universidade, porcentaxe de participación que pode mellorar substancialmente por sistemas on line de votación.
e-Voto • Que é o voto electrónico? • O voto electrónico consiste na emisión de votos a través dun dispositivo telemático utilizando identificación electrónica. Isto permite a emisión de votos a través das redes de datos de forma totalmente segura. • Cales son as súas vantaxes? • O voto electrónico ofrece unha maior comodidade xa que evita o desprazamento ata as mesas electorais o día da elección. • Poderase votar a través dunha plataforma moi fácil de usar e axudará tamén a previr erros involuntarios no proceso de votación. • Ademais o sistema asegura unha totaltransparencia dos procesos electorais na medida en que se poden auditar por terceiras partes. • Todos os compoñentes do sistema son selados electrónicamente por auditores que garanten que non se leva a cabo ningún tipo de alteración informática do proceso.
Conexión Para cada elección no portal da universidade atoparase unha ligazón que levará á aplicación de voto electrónico. Autenticación Antes de votar, o usuario terá que autenticarse mediante un sistema de usuario/contrasinal ou PIN que lle proporcionará a Universidade. Nalgúns casos tamén poderá utilizarse certificados de sinatura avanzada como os da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre FNMT, eDNI ou calquera outro tipo de certificado dixital. Voto Logo da autenticación accederase á plataforma de voto electrónico que presentará as opcións de voto. Unha vez seleccionada a preferencia terá que confirmarse e logo enviar o teu voto electrónicamente. PROCESO DE VOTACIÓN 1 2 3
Imprimir o recibo de voto: Antes de saír da aplicación de votación aparecerá na pantalla un recibo de voto que se poderá imprimir e que permitirá comprobar que o voto sexa contabilizado cando se publiquen os resultados. En ningún caso será posible rastrexar o emitido a través deste xustificante de voto PROCESO DE VOTACIÓN 4
Seguridade Segredo e integridade do voto: • O segredo e a integridade do voto conséguense grazas ao cifrado do mesmo de punta a punta, é dicir, desde o computador ata a mesa electoral. Cífrase e asínase dixitalmente o voto no ordenador antes de emitilo. O voto, unha vez almacenado nos servidores de votación, está en todo momento criptograficamente protexido; só a mesa electoral poderá descifralo e ninguén poderá manipulalo nin, obviamente, coñecer o seu emisor. Privacidade do votante: • O respecto da privacidade conséguese grazas á separación dos datos confidenciais. Este proceso rompe a correlación entre a túa identidade e o teu voto descifrado e lévase a cabo nun servidor illado e fisicamente seguro. Prevención de votos múltiples: • O sistema de voto electrónico tamén permite previr a emisión de votos múltiples por un mesmo votante. Primeiro, a base de datos co censo electoral indica os votantes que xa votaron para así impedirlles votar de novo. Ademais, a mesa electoral verifica as sinaturas nos votos cifrados antes de descifrar e contar os votos. No caso de que houbese un votante que votase dúas veces, a mesa electoral detectaría a duplicación ao realizar a verificación das sinaturas.
ELECCIÓNS 2010 • A recente convocatoria de eleccións autoriza á Secretaría Xeral, para a organización e realización dun proxecto piloto de votación electrónica para as eleccións a representantes nos Consello de Departamento • Preténdese que as eleccións dos sectores elixibles: • Persoal docente e investigador non doutor con dedicación a tempo parcial e investigadores en formación • Estudantes de terceiro ciclo • Estudantes de primeiro, segundo ciclo, (licenciaturas, enxeñarías, diplomaturas, grao e máster) • Persoal de administración e servizos,como representantes en Consello de Departamento realizarán o sistema de votación establecido na Convocatoria de eleccións de data 23 de febreiro de 2010 por medios electrónicos
Medios • A USC dará soporte técnico e tecnolóxico para efectuar a votación electrónica e resolverá as dúbidas e incidencias que se presenten. • O correo de consultas será evoto@usc.es e as incidencias técnicas poderanse tramitar a través da extensión 55555 ou cau@usc.es • A USC garantirá que a infraestrutura tecnolóxica que da soporte ao sistema electoral, contemple as medidas de seguridade que garantan o correcto funcionamento durante o período no que se exerce o dereito ao voto; o secreto e a privacidade do votante, a integridade do voto e un escrutinio disociado.
Períodos • O voto electrónico poderá realizarse • No período de voto anticipado (29, 30 de abril e 3 de maio) • Durante a xornada de votación establecida na convocatoria electoral (5 de maio de 10:30 a 18:30)
Órganos responsables • Corresponde á Secretaría Xeral a dirección e coordinación dos medios humanos e a área TIC a dos tecnolóxicos para a realización do voto electrónico. • A Comisión Electoral Central será a responsable da custodia dos votos emitidos e da apertura da urna electrónica en presenza dos interventores designados. Para estes efectos constitúese en mesa electoral electrónica e terá as seguintes funcións: • Responsabilizarse da custodia da clave descifradora para permitir o escrutinio. • Realizar o escrutinio das mesas que forman parte do plan piloto • Resolver as incidencias do procedemento e difundir os acordos adoptados pola resolución das mesmas. • Publicar e difundir os resultados do escrutinio. • Resolver as reclamacións e recursos
Votación electrónica • O voto electrónico emitirase desde calquera dispositivo conectado a Internet. Co fin de garantir a privacidade do voto poderanse habilitar unha ou varias cabinas electrónicas. A localización delas será preferentemente nos Centros nos que se realiza a votación, ou en servizos centrais de Santiago e Lugo. • As electoras e os electores terán que conectarse á través da secretaría virtual ou a unha dirección electrónica. En caso de non poder conectarse, porase en coñecemento da Mesa electoral electrónica ou a Secretaría Xeral a efectos de tomar as oportunas medidas e resolver a incidencia ou no correo evoto@usc.es. • Os electores, membros do PDI e PAS, teranse que identificar coas claves de acceso corporativas (Secretaría Virtual). • Na pantalla de votación constarán relacionadas, as candidaturas proclamadas, así como a opción de voto en branco.
Votación electrónica II • Unha vez realizada a opción de voto, terase que premer "Emitir o voto" e, a continuación, mostrarase a candidatura ou as candidaturas escollida/s e solicitarase a confirmación da opción elixida. En caso de non querer confirmala, a electora ou o elector terá a posibilidade de realizar unha nova selección. • Unha vez confirmada a opción de voto, codificarase o voto coa clave de codificación/cifra. Seguidamente, tense que asinar o voto co certificado dixital da electora ou o elector e tense que remitir á urna dixital remota. • Unha vez finalizado o procesamento do voto, darase opción a imprimir ou gardar un recibo cun código de control, que permitirá comprobar á electora ou o elector que o seu voto foi emitido e utilizado no escrutinio. • Considerarase voto electrónico en branco o que se emita enchendo a casilla prevista para ese efecto na pantalla de votación. • As votacións realizadas por este sistema substitúen ás votacións con urna e os resultados serán vinculantes, sen que se sexa necesario establecer sistemas alternativos para a votación presencial.
Incidencias no proceso de votación • Se por causas de forza maior ou por calquera incidencia técnica non é posible iniciar o acto da votación ou do escrutinio, ou se interrompen unha vez iniciados, a Comisión Electoral, en función da duración e natureza da causa ou incidencia e doutras circunstancias, poderá adoptar calquera das solucións seguintes: • a) Acordar que a votación se leve a cabo polo sistema tradicional, indicando os prazos pertinentes e outras cuestións que se estime oportunas. • b) Prorrogar a duración do período da votación electrónica polo tempo que estime conveniente. • c) Suspender ou aprazar a votación ou o escrutinio
Escrutinio do voto electrónico • Acabadas as votacións electrónicas, os membros da Comisión Electoral constituídos en Mesa electoral electrónica reuniranse no lugar que o Presidente determine. No caso de que algún dos membros titulares non poida asistir ou extravíe a súa fracción de clave, terao que xustificar e comunicar ao Presidente, debéndose constar na acta da sesión. • Os membros da Mesa electoral electrónica, con presenza dos interventores e no seu caso cos asesores técnicos do voto electrónico, procederán a reconstruír a clave descifradora, descodificar os votos e iniciar o escrutinio. En todo caso, será necesaria para a reconstrución da clave descifradora a presenza dun mínimo de tres membros da Mesa electoral electrónica • Cada un dos membros da Mesa electoral electrónica, achegará a fracción da clave descifradora que lle corresponde e a descodificará co seu certificado dixital. Así se reconstruirá a clave mencionada que permitirá interpretar o contido dos votos electrónicos. A continuación, iniciarase o escrutinio electrónico. • O proceso de decodificación dos votos garante que non se poda coñecer a identidade dos votantes.
Conservación de datos • Agás no caso de impugnación, unha vez transcorrido o prazo de catro meses desde a proclamación dos representantes electos, o Presidente da Comisión Electoral en presenza do secretario xeral ou a secretaria xeral, e coa presenza, se é o caso, do asesoramento técnico pertinente, procederá á destrución, tanto da clave descifradora que permite abrir a urna electoral, como dos votos electrónicos depositados na urna electrónica remota. • Non se poderán destruír os votos electrónicos que foron obxecto de impugnación, reclamación ou dúbida, nin, polo tanto, a clave descifradora. Esta e os votos electrónicos custodiaranse e conservaranse ata que finalice o procedemento correspondente.
Formación e difusión • Xornadas de formación especializada • Marzo 2010 • Xornadas de difusión • Días 15 e 16 de abril de 2010
CONTROL • Auditoría do sistema • Xustificante de voto • Presenza de interventores na mesa electoral electrónica
Plataforma • http://www.scytl.com/ • Referencias • Experiencia previa • Universidades • Utilización para outros procesos electorais e consultas
UNHA NOVA FORMA DE PARTICIPAR NO GOBERNO DAS UNIVERSIDADES UNHA NOVA FORMA DE PARTICIPAR NO GOBERNO DAS UNIVERSIDADES