1.01k likes | 1.28k Views
adiviñas de animais. Cousas das cousas II. todos os bechos que saen nesta imaxe están a agardarte para esta viaxe. No alto vive, no alto está, tecendo arreo sen liño e sen la. A ARAÑA. Adivíñeo o señor se é quen de adiviñar. De neno vivo na auga e de grande vivo no ar.
E N D
adiviñas de animais Cousas das cousas II
todos os bechos que saennestaimaxe están a agardarte para esta viaxe.
No alto vive, no alto está, tecendo arreo sen liño e sen la.
Adivíñeo o señor se é quen de adiviñar. De neno vivo na auga e de grande vivo no ar.
Un becho pequeño, negro, barulleiro, que canta sin parar o verán enteiro.
Cal é o animal que aínda que non queira sempre vai acompañado de dúas femias?
Cal é o animal, a ver si o acertas, que leva unha silla e non senta nela?
Chámanme con “a”, eu falo con “b” e visto un xersei que aínda está sin tecer.
Calzo esporas, levo sombreiro e visto un bo traxe… sen gastar un peso (un euro).
Madrugador cantareiro, fachendoso, presumido, rei no medio do seu reino e de remendos vestido.
Todas as que viven no mismo rueiro, tatexan coma ela e visten remendos.
Pequeniña, bulideira, traballadora incansable, pasa a vida a traballar para a súa comunidade.
Non madruga moito e logo se recolle, e pasa moitas horas preparando dóces.
Nin é cabalo nin é burro, nin é mellor nin é peor. Nin é blanca nin é negra nin tampouco e doutra cor.
Adiviña adiviñador cal é o animal que che digo. A todos lle gusta máis despois de morto que de vivo.
Pequeniña, rebuldeira, ampárase onde pode e agradece o asilo molestando a quen a acolle.
Nunha planta, noutra planta, en todas chama a atención polas formas, polas cores, e non é ningunha flor.
Quen é este señor tan fino. Pasa, case, o día a durmir, vai pasear pola noite e ten cen mañas para vivir.
Quen será este señor, que sen ter pés nin ter mans, móvese tranquilamente e camiña sen tocar o chan.
Onte vin un animal que me sorprendeu de veras. Ten catro patas, medio rabo e unhas cumpridas orellas.
Dime ti, se o sabes, que animal pode ser. Abánase se está contento e baila antes de comer.
Móvense, se poden, en bandos, peteirando aquí e acolá, e viven, cada unha no seu cuarto, nunha casa comunal.
Quen será esta señora, non é nova nin é maior, que pasa verán e inverno vestida cun cobertor.
Ten os cornos revirados e viste cun cobertor. Adiviñarás algún día quen che é este señor?
De vez en cando pónseche arriba un pequeno visitante que non fai moito barullo, pero que amola bastante.
Non é moita a súa forza nin é moito o seu tamaño, pero hai quen se asusta ao velo e todos temen o seu daño.