1.15k likes | 1.32k Views
Cousas das cousas. adiviñas para enredar coas cousas da escola. Uns días atrás as cousas da escola xogaron a un xogo que sempre está de moda. E unha detrás de outra empezaron a armar historias e contos para adiviñar. E fixo a primeira, o máis atrevido,
E N D
Cousas das cousas adiviñas para enredar coas cousas da escola
Uns días atrás as cousas da escola xogaron a un xogo que sempre está de moda
E unha detrás de outra empezaron a armar historias e contos para adiviñar E fixo a primeira, o máis atrevido, o que máis cousas sabe, o máis instruído.
Cando non saben algunha cousiña, ábrenme o peito e reméxenme as tripas,
Cando non saben algunha cousiña, ábrenme o peito e reméxenme as tripas,
Ábrenme o peito, reméxenme as tripas, e non me deixan en paz mentras non lle lo diga.
e non me deixan en paz mentras non lle lo diga.
Somos iguais e distintos. Vivimos na mesma casa. Temos a mesma feitura , pero cada un a súa “gracia”.
Ten o corpo de madeira e a alma de carbón. Gasta a alma no traballo e o corpo no tallador.
Ten o corpo de madeira e a alma de carbón.
Din que saco e non é certo, máis ben fago do revés. Rillo a quen me da vida e para nada sirvo sin el.
Cousa grande debe ser a que fai tal maravilla: come pau e caga flores e faille un favor a quen rilla.
Quen pode ser este becho tan raro? que come papel e viaxa en cabalo
Ábrenme a boca, reméxenme as tripas, e métenme e sácanme cousas distintas. E cando rematan de meter e sacar, trábanme os dentes e vólvenme pechar.
reméxenme as tripas, e métenme e sácanme cousas distintas,
E cando rematan de meter e sacar, trábanme os dentes para volverma pechar.
Quen será este señor que ao camiñar polos leiros, deixa a marca do seu paso sangrando polo peteiro.
Tíranme no chan, cálcanme no lombo, e logo fanme cóchegas por un lado solo.
Que cousa será á que para traballar hai que furarlle nos ollos E logo facela bailar.
Este alegre bailarín, cando se pon a danzar, debuxa sempre un camiño sin principio nin final.
Debuxa sempre un camiño Sen principio nin final.
Unha leira larga e longa cos regos ben aliñados na que sementan os nenos as cousas do seu traballo.
Unha leira larga e longa cos regos ben aliñados
na que sementan os nenos as cousas do seu traballo.
Paso o máis do tempo coa boca aberta e a barriga chea de cousas diversas.
Non ten dentes nin ten boca e foi feita para comer. Adelgaza cando come e morre de tanto comer.