620 likes | 738 Views
Cousas das cousas VI. (ou cousas das cousas III, segunda volta). máis adiviñas coas palabras.
E N D
Cousas das cousas VI (ou cousas das cousas III, segunda volta). máis adiviñas coas palabras.
Como me fixo graza a primeira liada volvín sobre o tema e, estruchando o diccionario e máis os miolos, emprendín esta nova, e derradeira, aventura; unha segunda parte que, como tódalas segundas partes, está privada da curiosidade da primeira e do seu efecto, quedando só nunha simple ampliación da anterior.
Pode ser un moble, o traballador dun oficio ou ser un becho curioso que anda sobre a auga do río.
moble zapateiro oficial zapateiro zapateiro insecto
Tela na punta dos dedos, tamén a teñen os ovos, e das que teñen as plantas e de onde saen os gomos.
xema do dedo xema do ovo xema de árbore
A mesma palabra, que queres que che diga, no río é atranco e no plato comida.
tosta no Ulla tosta no plato
Á parte de abaixo do pé, ao ser vivo vexetal, aos niveis dun edificio e a instalación industrial, sen parecérense en nada, tamén se chaman igual.
planta do pé planta, vexetal edificio de seis plantas planta industrial
A cada parte dun todo, ao que se caza ou se pesca, a unha obra musical e a un anaco de tea. A todos se lles nomea coas mesmas catro letras.
peza de puzle peza de caza peza de pesca peza musical peza de tea
O obreiro sen cualificar, a persoa que vai a pé, o xoguete que se fai danzar e a peza menor do xadrez, o mesmo nome che ten.
peón de obra peóns, camiñantes peón , trompo peón de xadrez
A caixiña dos aforros, a peza que tapa o peito, ao paxaro que fura nos toros co seu peteiro e á bulsa que vai na roupa chámanse do mesmo xeito.
peto de aforrar peto de vestir peto peto da roupa
A pedra redonda e lisa, coio, canto, callau, e a persoa de poucas luces, tamén se chaman igual.
O que foi e xa non é, o murcho, o podre, o gastado, e o cociñado de máis, igual son cualificados.
tempo pasado froita pasada flores pasadas comida pasada
Á persoa que manda o barco, ao modelo que se segue e ao protector dun lugar, dun oficio ou dunha xente; noméanse aos tres igual aínda que son diferentes.
patrón de barco patróns de vestidos procesión do patrón
Ao valo que atranca o río, ao que cabe nunha man, á víctima, e á que esta na cadea… ás catro se lle chama igual.
presa de río presa de terra presa , víctima presa, cautiva
Abertura na parede, peza coa que se tapa e lugar para entrar e saír, do mesmo xeito se chaman.
Disque hai unha palabra que serve para todo esto: nomea o mellor e o peor, o máis novo e o derradeiro. Pensa ti, a ver cal é que a min cústame creelo.
O último, última moda O último, o derradeiro, tigre de Tasmania
Con mudar tan só unha letra no medio Pasas de ser calvo a sobrarche pelo.
can pelado can peludo
Ao número sen divisores, ao crédulo, ao infeliz e ao curmán, aínda que non o sexa, tamén se lle chama así.
13 número primo primo, crédulo
Se é macho é un furado, se é femia un xogo ou un ganso.
oco, furado oca xogo oca, ganso
Chámanse igual os apuntes, os signos gráficos musicais, os comunicados breves e as cualificacións que che dan.
nota notas musicais notas escolares nota de prensa
O que cobras polo traballo e o papel que conta o que pasa, chámanse co mesmo nome. Ai que ver que cousas pasan!
xornal laboral xornal informativo
Faise para o traballo en común, cómese se é tropical, pero a máis coñecida só se usa para queimar.
piña para o traballo piña tropical piña para queimar
As dos bares son de vidro, as dos campeóns de metal, as das árbores de ponlas e follas, e as tres se chaman igual.
copas de bar copa de campeóns copa de árbore
A folla que ao ir e vir polas cousas, fai un corte chámase da mesma maneira que unha ringleira de montes.
serra, ferramenta de corte serra, aliñación de montañas
Sinal que axuda a atopar, camiño que non chega a estrada e espazo de facer deporte , da mesma forma se chaman.
seguindo unha pista pista forestal Pista de atletismo
A ver se acertas que cousa é mellor tela que dala, non gusta nada cumplila e ás veces anima pagala.
ten pena da pena cumple pena paga a pena
Se ten uñas e rabuña é un animal coñecido. Se picas unha roda do coche e o aparello socorrido.
gato animal gato mecánico