1.19k likes | 1.7k Views
ARTE GÓTICO. 1.-CONTEXTO HISTÓRICO 2.-CONTEXTO ARTÍSTICO 3 ANALISE ESTÉTICO DA ARQUITECTURA. RESALTAR VARIOS ASPECTOS NOS QUE SE FUNDAMENTA A ARQUITECTURA GÓTICA 4-FUNCIÓN DA ARQUITECTURA 5-CARACTERÍSTICAS DA ARQUITECTURA GÓTICA 6-ETAPAS DO GÓTICO
E N D
1.-CONTEXTO HISTÓRICO 2.-CONTEXTO ARTÍSTICO 3 ANALISE ESTÉTICO DA ARQUITECTURA. RESALTAR VARIOS ASPECTOS NOS QUE SE FUNDAMENTA A ARQUITECTURA GÓTICA 4-FUNCIÓN DA ARQUITECTURA 5-CARACTERÍSTICAS DA ARQUITECTURA GÓTICA 6-ETAPAS DO GÓTICO 6.1- TEMPERÁN (S. XII E XIII): FRANCIA 6.2- O GÓTICO CLÁSICO (PRIMEIRA METADE DO SÉCULO XIII) 6.3- RADIANTE (SEGUNDA METADE DO XIII E XIV) 6.4- FLAMÍGERO O FLORIDO (PRINCIPIOS S. XV AO XVI ) 7.-ARQUITECTURA GÓTICA EN FRANCIA 7.1.-CATEDRAL DE CHARTRES 7.2.-CATEDRAL DE NÔTRE-DÁME DE PARIS (1ª/2 XIII) 8.-ARQUITECTURA GÓTICA EN ESPAÑA 8.1-CATEDRAL DE LEON (2ª METADE DO SÉCULO XIII) 9.-AS ARTES FIGURATIVAS DO GÓTICO: PINTURA, ESCULTURA 10.-ESCULTURA GÓTICA EN FRANCIA 10.1.-PÓRTICO REAL DE CHARTRES 10.2.-CATEDRAL DE REIMS: ANUNCIACIÓN E VISITACIÓN. SÉCULO XIII 11.-ESCULTURA GÓTICA EN ESPAÑA 11.1.-CATEDRAL DE BURGOS. PORTA DO SARMENTAL 11.2.-CATEDRAL DE LEON 12.-A PINTURA AO FINAL DA IDADE MEDIA: GIOTTO. VAN EYCK 12.1.-O ITALOGÓTICO (S. XIV) 12.2.-O GÓTICO FLAMENCO (S. XV)
CONTEXTO HISTÓRICO
CRONOLOXÍA O gótico esténdese desde mediados do século XII ata comezos do século XVI. Francia inicia o estilo e esténdese por toda Europa occidental para manterse ata o Renacemento, é dicir, ata o século XIV en Italia e ata o XV noutros países.
O gótico identifícase claramente coas rexións do norte de Francia, ao redor de París, na Ille de France, Champagne, Picardía, na segunda metade do século XII. Por outra banda hai que ver o gótico como unha arte internacional, xa que alcanzou maior desenvolvemento que o románico, debido fundamentalmente a dous fenómenos típicos da época: as peregrinacións e as cruzadas. Así pois aínda que en cada lugar conserve as súas particularidades, o gótico pode ser estudado como o espírito dunha época. A finais do século XII inícianse unha serie de cambios profundos na vida do occidente europeo: -A estrutura socioeconómica e política dominada polo sistema feudal empeza a resquebraxarse debido a dous fenómenos que se entrelazan entre si: 1. Aparición dun novo grupo social, a burguesía, que se vai afianzando a medida que o comercio adquire maior desenvolvemento e vaise instalando nos burgos, cidades que renacen co rexurdir do comercio medieval. 2. Aumento do poder dos reis, tan debilitado por mor da división do territorio europeo (tras as invasións de pobos xermánicos) en unidades territoriais máis pequenas en mans dos señores feudais que actuaban nos seus feudos como pequenos reis. Así xorden novos centros de poder: monarquías, grandes cidades, as novas ricas clases de comerciantes e banqueiros, a burguesía. Habemos de situarnos na transición da Idade Media á Idade Moderna, do feudalismo ao capitalismo. A estes cambios transcendentes na historia de Europa, hai que engadir a crecente influencia do clero na vida social e económica. Ademais non hai que esquecer o peso que tiña a relixión nesta sociedade. LUGAR DE ORIXE
Causas del Cambio Aparición de la burguesía, nueva mentalidad Auge del comercio internacional, ruta de la Seda Oriente-occidente Socio-Económicas Aparecen los núcleos urbanos, apoyo real, autonomía administrativa y libertad urbana Alza demográfica y recuperación económica El hombre mira a la Naturaleza a demás que a Dios Duda religiosa, Nominalismo, Guillermo de Occan, teología divina con fisuras De pensamiento Santo Tomás: Teología y Filosofía coexisten. Dios hace al hombre racional. Proceso humanizador que culmina en el Renacimiento
Cronoloxicamente abarca un amplo período, desde a metade do século XII ata o XVI con excepción de Italia onde aparece o Renacemento e Inglaterra onde o movemento artístico prorrógase ata o XVI. Tampouco podemos consideralo un movemento uniforme, nin no espazo nin no tempo, xa que hai variedades rexionais, ademais de distintas etapas Gótico inicial: 2º metade do século XII Gótico clásico ou de apoxeo: século XIII. Gótico radiante: finais do século XIII e século XIV Gótico flamíxero ou florido: século XV-XVI ETAPAS
Interpretaciones y Periodización Vasari: Gótico=Bárbaro (Godo), desprecio en el Renacimiento y en el Barroco En el S. XVIII se revaloriza algo, sobre todo en Alemania e Inglaterra Interpretaciones En el S. XIX es cuando se redescubre y cobra prestigio (Romanticismo=Medievalismo).Surge el Neogoticismo y Violet Le Duc analiza el Gótico en sus aspectos técnicos Principio y final distorsionados. Nace en Francia. Saint Denis en 1140 ya tiene cabecera gótica y en 1150 aparece en toda Francia. Pero en Europa, la 2ª mitad del XII es de transición S.XIII: Gótico Clásico. Siglo de paz y alza económica. Periodización S.XIV: Gótico en crisis. Siglo de hambre, guerra y peste. Catedrales paradas. S.XV: Gótico en recuperación, más internacional, más decoración (flamígero) y civil. S.XVI: Gótico terminal en algunos países como España
A evolución formal da arte da Idade Media explícase como reflexo das transformacións sociais do momento. Por iso, os cambios artísticos do século XII, en vésperas do nacemento da arte gótica, arrincan da polémica estética que enfrontou a dous abades, cando aínda os mosteiros tiñan un peso decisivo na evolución do pensamento medieval: San Bernardo de Claraval e Suger de Saint-Denis. O pensamento de San Bernardo, fundador e primeiro abade de Claraval (Clairvaux), reflicte a reacción da orde cisterciense fronte ao relaxamiento imputado aos monxes cluniacenses, impulsores da arte románico. Recoñece os motivos dos bispos para que nas catedrais e nas igrexas parroquiais se de cabida aos adornos materiais e ao esplendor do ouro e das pedras preciosas para excitar a devoción do pobo, que queda ao coidado espiritual dos bispos. Con todo, os monxes, que se separaron do pobo e son homes cultos e espirituais, non necesitan de tales halagos dos sentidos, debendo imperar a austeridade no mosteiro. Esta diferenza básica marca a profunda separación entre a arquitectura cisterciense e a arte gótica. No polo oposto ao pensamento do Císter atópase a figura de Suger, abade de Saint-Denis (San Dionisio), abadía pertencente ao territorio real de Francia e onde se custodian o panteón real e as reliquias dos santos mártires. Este abade -real conselleiro e amigo de Luís VI e Luís VII deixou por escrito os trazos fundamentais do seu pensamento artístico, que serven de fundamento e xustificación ás súas empresas construtivas. Para Suger, que entronca co pensamento neoplatónico anterior, toda a realidade material participa das calidades divinas, e por iso a contemplación da beleza material permítenos elevarnos ao coñecemento de Deus. Así, a arte gótica vai manifestarse nun marco urbano mediante unha arquitectura vertical e ingrávida, reflexo da divindade, pero que expresará así mesmo a opulencia dos burgos, coas súas autoridades e cidadáns que contribuíron á súa realización. E tamén mediante uns fastos da cor que se estenden ás vidreiras, aos tapices, aos retablos de pintura, aos libros miniados e aos obxectos suntuarios. CONTEXTO ARTÍSTICO
1.- O SISTEMA DE EQUILIBRIO: A adopción do arcobotante (arco de descarga que transmite o peso da bóveda a un contraforte exterior) trae aparellada unha transformación completa do sistema de equilibrio do edificio. No gótico introdúcese unha división de funcións: os empuxes laterais soluciónanse cos arcobotantes e contrafortes e as cargas verticais cos piares. Con iso o espazo interior do edificio despéxase, é diáfano, liberándose dos pesados macizos que o estorban. Ademais, o edificio con este sistema pode construírse de gran altura. 2.-O PAPEL DO MURO: PREDOMINIO DO VAN SOBRE O MACIZO O muro deixa de desempeñar un papel sustentante, deixa de ser necesario para a estabilidade do edificio e convértese en mero cerramento. No muro poden abrirse numerosos vans desaparecendo así o lenzo de muro corrido que é substituído en grandes espazos polas vidreiras que tamizan a luz e colorean o espazo interior. 3.-ELEVACIÓN E MOVEMENTO ASCENDENTE: A tensión espiritual cara ao alto, a sensación de movemento ascendente que proporcionan os edificios góticos resulta tanto do sistema construtivo empregado como dunha vontade estética. O espazo interior, no que a luz tamizada polo cromatismo dos vitrais que pechan as fiestras de tracerías cada vez máis complicadas establece un nexo co exterior, está rexido por dúas liñas directrices en tensión: a horizontal, que se dirixe do pórtico ao altar, e que está definida pola sucesión rítmica das arcuacións da nave central, e a vertical, suxerida polo esqueleto estrutural. O espazo da catedral gótica é, por conseguinte, un espazo de relación entre Deus e o Home, entre a presenza e a ausencia, entre o vertical e o horizontal predominando o vertical. 4.- ARTE REALISTA En esencia, a arte espiritualista da Idade Media, que renuncia a toda semellanza coa realidade inmediata, a toda confirmación por parte dos sentidos, foi desprazado por unha concepción para o que a validez de toda expresión artística, ata cando se trata en grao sumo transcendente, en grao sumo ideal e en grao sumo divino, depende de que se corresponda amplamente coa realidade natural e sensible. 5.- A UTILIZACIÓN DA LUZ As vidreiras do gótico substitúen aos muros vivamente coloreados da arquitectura románica: estrutural e esteticamente non son vans abertos no muro para permitir que pase a luz, senón muros transparentes, Pode considerarse o gótico como unha arquitectura transparente e diáfana. No espazo arquitectónico gótico, do mesmo xeito que na pintura, a luz adquire o sentido de símbolo, converténdose nunha referencia simbólica do sacro. A catedral gótica constitúe así un ámbito idealizado, un microuniverso celeste determinando unha luz coloreada e cambiante que confire aos elementos, xa no espazo arquitectónico xa na pintura, unha dimensión irreal, non natural. Isto obtense na arquitectura a través da vidreira e na pintura coa negación das tres dimensións e o recurso dos fondos de ouro. Como aspecto simbólico de impresión sobrenatural, producen na alma do visitante a sensación de que os personaxes que aí aparecen son seres incorpórevos, nacidos da luz. Este simbolismo que se quere conseguir a través das metáforas visuais da luz proponse como idea transcendente da imaxe de Deus como luz do mundo, idea que se remonta aos primeiros tempos do cristianismo pero que nesta época alcanza un desenvolvemento ANÁLISE ESTÉTICO DA ARQUITECTURA GÓTICA
1. A arquitectura segue sendo esencialmente relixiosa e o edificio máis importante é a catedral que se levanta no centro da cidade e en cuxo contorna organizar a vida cidadá. O cambio que se produce nas formas do edificio gótico con respecto ao románico, non só responde a unha cuestión de evolución da técnica, senón tamén a unha nova concepción do mundo relixioso na Baixa Idade Media. Dunha relixiosidade que responde a un mundo pechado no que se illa o transcendente do terreal (o muro macizo románico úsase como fronteira entre estes dous mundos), pásase a unha relixiosidade aberta que nace coa nova cidade do século XIII. Así o muro estará libre de masa e a natureza penetrará no interior das igrexas a través das vidreiras que deixan pasar a luz do exterior. 2. A arquitectura civil ten un desenvolvemento cada vez máis importante, aínda que depende en canto ás formas construtivas da tipoloxía dos edificios relixiosos. Os edificios máis representativos son as grandes construcións comunitarias da burguesía: concellos, lonxas, palacios, casas gremiais... FUNCIÓN DA ARQUITECTURA
Lonja de Valencia. Interior
Arquitectura civil. Ayuntamiento de Bruselas
Arquitectura civil. Palazzo del Comune. Siena
O abade Bernardo de Claraval, contrariamente o que defende Suger concibe o edificio para honrar a Deus totalmente arredado de calquera exceso ornamental e propón un edificio no que a austeridade constructiva é total prescindindo incluso dos capiteis. A súa austeridade é defendida polos seus seguidores. Esto dará lugar a unha nova forma constructiva caracterizada pola austeridade decorativa que vai definir os novos mosteiros que seguen a norma de San bernardo: os mosteiros cistercienses. O primeiro edificio que materializa os ideais da arte cisterciense é o Mosteiro de Fontenay rematado no ano 1134. Dende ese momento os mosteiros do císter edificaranse do mesmo xeito: -Unha gran igrexa a que se lle adosa un claustro a partir do que se distribúen as dependencias comunitarias. Os pisos altos para dormitorios. As adegas, cociñas, almacéns agrupadas en patios e claustros secundarios. A rápida expansión da orde e do seu sistema constructivo da idea da influencia da orde do císter no continente europeo. Para decatarnos desta influencia podemos por como exemplo o caso de Galicia: -Mosteiro de Oseira, 1141 -Mosteiro de Sobrado, 1142 -Mosteiro de Melón, 1142 -Mosteiro de Meira, 1143 -Mosteiro de Montederramo, 1144 A importancia desta rápida difusión reside en que nas zonas no que o estilo das grandes catedrais entra tardiamente, o sistema constructivo de oxiva será, sen embargo, prontamente empregado por ser introducido pola orde do císter. CÍSTER
Construcción de una Catedral. Fouquet
SÍMBOLO DO PODER CIDADÁN Expresión en piedra del pensamiento bajo-medieval. Cambios socio-económicos producen cambios en mentalidades y éstos producen nuevas técnicas (crucería) Elevación hacia Dios, muros reducidos, luminosidad, verticalidad, esbeltez Urbana, enorme, albergue de peregrinos, archivo, audiencia judicial, refugio Orgullo burgués, orgullo sagrado de la ciudad, competición urbana, estandarte de prosperidad Las Logias Masónicas: Se contrata al maestro (no anónimo) y él a su equipo. Edificio complicado=secreto profesional. Unos la empiezan y otros la acaban
Dpble girola Crucerosaliente Crucero no saliente B C C B 3 ò 5 naves 3 fachadas (A,B,C) Torres A A Plano de Catedral gótica. Notre Dame de París Plano de Catedral gótica. Chartres
Elementos arquitectónicos La planta · Basilical con tres, cinco y hasta siete naves con una o tres de crucero. La del centro es mucho más alta e ilumina por sus ventanales el interior. El crucero aparece más centrado que en el Románico. El número de naves puede cambiar a partir de él. · La tribuna ya no es necesaria (por la capacidad interior y por los arbotantes como contrapeso) y pasa a ser sólo triforio. Encima del triforio va el vitral y luego la bóveda. · El ábside es poligonal y se rodea con una o dos girolas cubiertas mediante las dos soluciones.
ELEMENTOS SUSTENTANTES
Vidrieras Muros. Aligeramiento. Saint Denis
As FACHADAS adquiren un gran desenvolvemento non só a principal senón tamén as dúas do cruceiro. Forman panos rectangulares onde a decoración esténdese amplamente pasando as portadas. A fachada principal está apoiada en torres laterais formadas por pisos de masa oca e rematadas con terraza ou cun corpo apiramidado chamado chapitel. Tamén sobresaen campanarios e ciborios sempre rematados coas agullas dos pináculos. Baixo o tellado hai cornixas de arqueiría e rosetóns. As portadas colócanse entre os grandes contrafortes das fachadas, son abucinadas como as románicas pero se multiplican as arquivoltas e estatuas das xambas. A decoración das arquivoltas, non se dispón radialmente, como nas románicas, senón no sentido da curva e decóranse con estatuas. O corpo básico da fachada, que non adoita superar en altura ás bóvedas interiores, pode asimilarse a un cuadrilátero dividido, ao longo e ao alto, segundo tres tramos. No inferior está a portada, no central está o rosetón, van circular calado e pechado por vitrais, flanqueado por dúas fiestras, e no superior adoita practicarse unha galería aberta ou con fiestras. A separación entre os tramos central e superior acentúase mediante un friso continuo de fornallas repletas de motivos escultóricos.
Elementos arquitectónicos La fachada Se divide en tres zonas verticales (tantas como naves) y tres franjas horizontales: puertas, rosetón y remate de las torres. Éstas torres son más altas, con menos volumen cada vez, de sección variable y culminadas por agujas o chapiteles.
1ª Fase circulares 2ª Fase Poligonales con baquetones Catedral de Chartres Notre Dame París Pilares
Elementos arquitectónicos Soportes · Pilares cruciformes que se complican con las cubiertas: más columnas adosadas y más estrechas, baquetones, pilar fasciculado, capitel único muy alto y con formas vegetales · Arbotantes: es un arco rampante. Desvían el peso tangencial hacia fuera, hacia estribos adosados a las naves laterales y luego aislados (porque son más altos) y rematados por pináculos.
Arbotantes Nave Central Más elevada Pináculos Contrafuertes Notre Dame de París
ELEMENTOS SUSTENTADOS
Arco Ojival: · Precedentes en el Románico Lombardo y en el de Herradura Apuntado. · Más dinámico y más ascensional · Dos centros en las bases · De él se extraen variedades como el Carpanel y el Conopial
Arco apuntado Arco lanceolado
Arco rampante Arco conopial Arco carpanel
Bóveda de crucería: · Precedente en la de arista románica. · Nervios Perpiaños o Torales transversales, Formeros o longitudinales y diagonales y terceletes. Es el esqueleto de la bóveda. La plementería es la piel · Complejidad progresiva: cuatripartita, sexpartita, estrellada y abanico. · Trapezoidal o triangular para la Girola
Cubiertas. Bóveda sexpartita
Cubiertas. Bóveda de terceletes
Cubiertas. Bóveda estrellada
Cubiertas. Bóveda de abanico
Elementos arquitectónicos Alzado Una catedral es un organismo vivo. Funciona con venas que transmiten los pesos. El secreto está en concentrar estos pesos en puntos y luego canalizarlos. La crucería hace que toda la bóveda descanse en cuatro puntos. De ahí el peso se transmite en dos direcciones: · Hacia abajo con gruesos pilares fasciculados · Hacia fuera con arbotantes y estribos exteriores De esta manera el muro queda liberado y se sustituye por vidriera. La estructura aparece desnuda y concentrada en el exterior mientras el interior queda limpio.
Claristorio Triforio Tribuna Arcadas Desarrollo en altura I. Catedral de Laon
ELEMENTOS DECORATIVOS
Elementos arquitectónicos Decoración · Más naturalista. Trebolados en Rosetones y flechas de los arcos, tracería en vitrales, claves de bóvedas, en portadas con arquivoltas y jambas, retablos, pináculos, gárgolas, agujas en las torres, chapiteles, gabletes, doseletes,etc.