750 likes | 1.07k Views
Historia da Lingua Galega. Gemma Álvarez Maneiro. Centro de Estudos Galegos. 2013- 2014. O nde estamos ?. Situación xeográfica. O galego é a [única] lingua propia de Galiza
E N D
Historia da Lingua Galega Gemma Álvarez Maneiro Centro de Estudos Galegos 2013- 2014
Onde estamos ? Situación xeográfica
O galego é a [única] lingua propia de Galiza Actualmente é falada por máis de 3.000.000 de persoas no mundo, tanto en Galiza como nas súas zonas limítrofes [Asturias, León e Zamora], como en varias ducias de países onde marcharon traballar as e os nosos emigrantes
Evolución A nosa evolución
Esquema Orientativo O MEDIEVO Século XII/XIII- XVI SÉCULOS ESCUROS Os Ilustrados Fins Século XVI – XVIII PRE-REXURDIMENTO Os Precursores Inicios Século XIX - 1863 REXURDIMENTO 1863 - Século XIX NACIONALISMO / AS VANGARDAS GUERRA CIVL ESPAÑOLA / POSGUERRA Século XX ACTUALIDADE Século XXI
XII/XIII - XVI Medievo Feitos históricos máis relevantes • Santiago de • Composela • O éxito como cidade medieval radica na súa condición de lugar de peregrinación a partir da primeira metade do século X, cando foi proclamanda Locus Sancti Iacobi. • Son milleiros de pelegrinos de toda Europa e por diversos camiños terrestres e marítimos. Despois de Roma, foi o grande santuario da Europa Medieval. • Mesmo existen referencias literarias destacamos: • O Códice Calixtino, ouLiber Sancti Iacobi • O Descort político de Raimbaut de Vaqueiras • Códice Calixtino ou Liber Sancti Iacobi (Século XII) • Composto por 5 libros ou seccións • Libro I – Centrado na liturxia do Apóstol Santiago • Libro II – 22 milagres onde intercede o Apóstol • Libro III – Relata o traslado do corpo de Santiago de Terra Santa a Galicia • Libro IV –“Pseudo Turpin”,conta que Santiago aparece nos soños de Carlomagno, incítao a liberar a súa tumba dos musulmáns e indícalle a dirección a seguir: un camiño de estrelas. • Libro V – O máis famoso e xa traducido a varias linguas. O “Liber Peregrinationis” é unha auténtica ‘Guía de pelegrinos’ do S. XII. Descort político de Raimbaut de Vaqueiras “Eras quan vey verdeyar” Primeira mostra de plurilingüismo, onde temos a presenza de 5 linguas: Provenzal, italiano, francés, gascón e galego-portugués • O galego emerxe como lingua escrita no século XIII. • Na primeira metade do século XIII domina totalmente o uso do latín na lingua dos documentos, xa nos últimos anos do reinado de Fernando III (1230-1252) se está xestando o paso para o galego na escrita feito que será definitivo no reinado de Afonso X (1252-1284) ▶Literatura Medieval Galego-Portuguesa A poesía trobadoresca empezou máis cedo que a prosa, estamos falando do século XII.O testemuño máis antigo deste lirismo galego-portugués de que se ten noticia é "Ora faz ost'o senhor de Navarra“un escarnio político escrito polo trobador portugués Johan Soarez de Pávia e datado entre 1196e 1198. • Vai desaparecendo en beneficio do castelán nas primeiras décadas do XVI.Unha vez implantado o galego, entoda a Idade Media a maior parte dos documentos redactados en Galiza aparecen escritos na lingua galega e só nas últimas décadas do XVnotamos unha progresiva presenza do castelán, que vai substituíndo á lingua autóctona até eliminala como lingua de cultura na primeira metade do século XVI. • Aséntase a Sociedade Feudal. Nacen os Foros[XII] • Crecemento da poboación, expansión da agricultura, difusión do fenómeno urbano, relacións comerciais a longa distancia, nacen estruturas administrativas e políticas… • Estamos ante a Reconquista durante [XI-XIII] • Compostela > Luz do mundo [Descuberta do Corpo de Santiago o Maior. Inicios S. IX] • Protagonismo político-cultural. Esplendor de Galiza • S. XII [1142]> Formación do Reino de Portugal. Punto crucial da nosa historia; Galiza nunca será independente > Asimilada pola Coroa de Castela. A época de maior esplendor da lingua foi a dos séculos XIIIe XIV, pola lírica trobadoresca, pola inmensa cantidade de documentos non literarios de carácterxurídico e polas obras en prosa, que aíndacontinúan ata mediados do século XV, por máis que desde o punto de vista literario o XVxa é un século de decadencia, aínda que debemos lembrar que a tradición literaria non se rompeu totalmente xa que ao longo do século XVI se escribiron ocasionalmente poemas en galego. Dauna, io mi rent a bos, Coar sotz la mes bon' e bera Q'anc fos, e gaillard' e pros, Ab que no.m hossetz tan hera. Mout abetz beras haisos E color hresc' e noera. Boste son, e si.bs agos No.m destrengora hiera. Eras quan vey verdeyar Pratz e vergiers e boscatges, Vuelh un descort comensar D'amor, per qu'ieu vauc aratges; Q'una dona.m sol amar, Mas camjatz l'es sos coratges, Per qu'ieu fauc dezacordar Los motz e.ls sos e.ls lenguatges. Mas tan temo vostro preito, Todo.n son escarmentado. Por vos ei pen' e maltreito E meo corpo lazerado: La noit, can jatz en meu leito, So mochas vetz resperado; E car nonca m'aprofeito Falid' ei en mon cuidado.. Belhs Cavaliers, tant es car Lo vostr' onratz senhoratges Que cada jorno m'esglaio. Oi me lasso que farò Si sele que j'ai plus chiere Me tue, ne sai por quoi? Ma dauna, he que dey bos Ni peu cap santa Quitera, Mon corasso m'avetz treito E mot gen favlan furtado. Io son quel que ben non aio Ni jamai non l'averò, Ni per april ni per maio, Si per ma donna non l'o; Certo que en so lengaio Sa gran beutà dir non sò, çhu fresca qeflor de glaio, Per qe no m'en partirò. Belle douce dame chiere, A vos mi doin e m'otroi; Je n'avrai mes joi' entiere Si je n'ai vos e vos moi. Mot estes male guerriere Si je muer per bone foi; Mes ja per nulle maniere No.mpartrai de vostre loi
XII/XIII - XVI Medievo Produción literaria Lírica Trobadoresca • Falamos de 16800bras de carácter profano, transmitidas por 3 Cancioneiros [4] e por restos menores, xunto con 420 cantigas marianas. Escrito todo nunha Koiné que denominamos galego-portugués. • Destas composicións que compoñen un dos momentos máis brillantes da historia cultural da Europa Medieval os 3 xénerosmáis cultivados son: • A cantiga de Amigo • A cantiga de Amor • A cantiga de Escarnio e maldizer
Transmisión XII/XIII - XVI Medievo Cancioneiro da Ajuda<A> Chamado así por estar na biblioteca do Palácio da Ajuda en Lisboa. ►Descuberto en 1759 ►310 cantigas, case todas de amor ►88 follas nun único volume ►Escrito probablemente nos últimos decenio do século XIII, na corte de Castela ►Escrito por unha soa persoa. Letra gótica ►Dos tres cancioneiros este é o menos completo
XII/XIII - XVI Transmisión Medievo Cancioneiro da Vaticana<V> Chamado así por estar na Biblioteca Apostólica Vaticana de Roma. ►Descuberto cara o 1840 na biblioteca Vaticana, e dado a coñecer 7 anos despois, en 1847 ►210 follas numeradas máis 18 sen numerar ►1205 cantigas dos 3 xéneros, atribuídas a máis de 100 autores ►Escrito posiblemente a fins do XV ou inicios do XVI ► Escritura cursiva irregular.
XII/XIII - XVI Transmisión Medievo Cancioneiro da Biblioteca Nacional ouColocci Brancuti <B> Chamado así por estar na Biblioteca Nacional de Lisboa; Colocci por ter pertencido no S. XVI ao mecenas e humanista Ángelo Colocci e Brancuti por ser descuberto na biblioteca dos condes Brancutti (Cagli- Italia) ► É unha copia feita en Italia a inicios do século XVI ► Ten máis de 1600 cantigas de todos os xéneros É o que contén o maior número de cantigas. O 1º texto que presenta é a “Arte de Trovar”, tratado fragmentado e anónimo de teorización poética que describe e distingue os 3 xéneros.
XII/XIII - XVI Transmisión Medievo [4º] Cancioneiro de Berkeleyou da Biblioteca Bancroft ► Achado por 2 profesores dos Estados Unidos ► É unha copia fiel do Cancioneiro da Vaticana realizada entre 1580 e 1615 ► Foi adquirido no ano 1983 pola Biblioteca Bancroft da Universidade de Berkeley [California]
XII/XIII - XVI Transmisión Medievo O Pergamiño Sharrer Fragmento de pergamiño copiado a finais do século XIII ou comezos do XIV, que conten 7 cantigas de amor compostas polo rei de Portugal, Don Dinís. Consérvase en Lisboa, no Arquivo Nacional da Torre do Tombo, formaba parte da encadernación dun libro de rexistros notariais do S. XVI. Pergamiños Pergamiño Vindel Contén as 7 cantigas de amigo de Martín Códax, 6 son musicadas(caso único). Escrito a fins do S. XII. Atopouno en 1914 o libreiro Pedro Vindel. Foi achado servindo de forro dun códice do século XIV que contén obras de Cicerón. Foi adquirido polo bibliófilo profesional Otto Haas, foi posto á venda en Londres e comprado pola Pierpoint Morgan Library de Nova York onde hoxe se conserva desde 1977. Távola Colocciana Son 8 folios escritos polo humanista e relixioso italiano Angelo Colocci nado en Jesi (Ancona). É un índice, un rexistro de textos e trobadores.
XII/XIII - XVI Transmisión Medievo As Cantigas de Santa María>> En loor á virxe Autoría >> Corte de Alfonso X “ O Sabio” e o propio Rei • Códice do Escorial • E • Conservado na Biblioteca do Escorial – Madrid • 416 Cantigas • 40 Miniaturas • Notación musical • Escrito a 2 columnas • Códice Toledano • To • Na Biblioteca Nacional de Madrid • 128 Cantigas • NonMiniaturas • Notaciónmusical • Escrito a 2 columnas • Códice da Biblioteca Nacional de Florencia • F • Na Biblioteca Nacional de Florencia • 104 Cantigas • 516 Cadros de ilustración • Liñas de música en branco • Escrito a 2 columnas • Códice do Escorial ou • RicoT • Conservado na Biblioteca do Escorial – Madrid • Entorno a 200 Cantigas • Máis de 1250Miniaturas • Notación musical • Escrito a 2 columnas
LeCantigas de Santa María: tradizione, struttura e contenuto
Lírica Galego-Potuguesa XII-XVI • Falamos de 16800bras de carácter profano, transmitidas por 4 Cancioneiros e por restos menores. • De carácter relixioso temos as 420 cantigas marianas, (356de Santa María e 42de Loor) de Afonso X ‘O Sabio’. Chegán nós a través de 4 Códices. • Escrito todo nunha Koiné que denominamos galego-portugués. • Estas composicións que compoñen un dos momentos máis brillantes da historia cultural da Europa Medieval
Contexto da obra • Neste mesmo século o rei Alfonso X (1221-1284), chamado o Sabio xa que se di que mira máis polas letras que polo goberno; ordena elaborar un dos máis ricos cancioneiros que xamais se escribiron. • A chegada dos milagros oficiados por María na historia é difícil de determinar, o que si que podemos asegurar é que será o S. XIII o do seu esplendor. • A nai de Deus convértese na nai de todos; é invocada e o nome de María está presente na vida pública e privada, económica e social, na catedral e no campo de batalla. • As primeiras coleccións de milagres mariano recompílanse en Inglaterra (S. XI) e en Francia (S. XII). • Na Península Ibérica recóllense 2 importantes coleccións: • Unha en castelá: os Milagros de Nuestra Señora de Gonzalo de Berceo • E a máis extensa das coleccións marianas romances, escrita en galego-portugués: as Cantigas de Santa María, compilada polo rei Afonso X. • Italia cun florecemento serodio da súa literatura haxiográfica, non acada formas literarias propias. • • A colección de milagres de Bonvesin de la Riva. • • A colección véneta do Libro dei cinquanta miracoli della Vergine, que contén milagres, lendas, poesías alegóricas. • Cantigas relixiosas: podemos dicir que son un modelo de cristiandade, un modelo de como se deben comportar os fieis. • Os milagres comenzan a recollerse e transcribirse, xorden os libros que conteñen os milagres. • Exaltación da figura da Virxe, se un santo pode obrar milagres de diversa complexidade que non faría a nai de Deus. Ela será a mediadora entre o pobo de Deus. Nacen os santuarios e esténdense por todo Occidente. • Así xorden os libros que conteñen os milagres, neste fervor mariano sobresae o S. XIII, un século onde o latín vai deixando paso ao romance, que permite un achegamento entre os fieis e a virxe.
Fontes das CSM As fontes directas e indirectas que Afonso X puido ter ao seu alcance deberon ser moitas e variadas. Seguindo o esquema do estudoso Filgueira Valverde, establécense 6 grupos: • Mariais latinos sen carácter local • Obras xerais de onde se tomaron temas aplicábeis á mediación da Virxe • Mariais romances • Coleccións locais estranxeiras • Coleccións locais peninsulares • Milagres familiares e autobiográficos. Recordos da infancia e vivencias persoais son aproveitadas con éxito para a redacción de polo menos 26 relatos. O rei sempre fora socorrido pola Virxe cando precisou da súa axuda (na guerra ou na enfermidade) e en agradecemento compila as Cantigas.
Transmisión manuscrita das CSMAs cantigas marianas chegaron até nós en 4 códices: TO, E, T e F Antes de entrarmos nos códices conservados debemos falar dun posíbel códice desaparecido. TOº O estudoso Walter Mettmann defende a existencia da redacción dun 1º códice (posterior a 1264) un códice de 100 cantigas, perdido, que el identifica co milagroso “Livro” que o rei menciona no v. 29 da ctga. 209, e que hoxe se pode recoñecer no códice TO, que sería unha copia daquel proxecto orixinal.
TOCódice Toledano • Conservado na Bibioteca Nacional de Madrid, antes na Biblioteca Capitular de Toledo de aí o seu nome. • Descuberto polo Padre Sarmiento • Contén as 100 cantigas do proxecto inicial, as cantigas das festasda Virxe e do seu fillo e aínda 16 composicións máis en apéndice. Un total de 128 composicións. • Copiado en 161 folios de pergamiño • Elegante letra gótica francesa a dúas columnas • Letras inicias a cores encarnadas e azuis • Non ten miniaturas • Si notación musical no refrán que abre cada cantiga
ECódice do Escorial ouCódice dos músicos • Conservado na Biblioteca do Escorial. Madrid • Contén 416 textos, o máis amplo de todos • Copiado en pergamiño • Escritura gótica a dúas columnas • Iniciais en azul e encarnado • Presenta notación musical.
TCódice Rico • Conservado na Real Biblioteca de San Lorenzo del Escorial, Madrid. Coñecido como o Códice Rico debido a presenza de exquisitas páxinas miniadas • 212 páxinas cun total de 1264 viñetas • Copiado en pergamiño • Escritura gótica francesa a 2 columnas • Mantén a notación musical completa • Presenta 24 cantigas en castelán, xa que da cantiga 2 á 25, inclúense prosificacións das composicións a pé de páxina en castelán
FCódice da BibliotecaNazionale de Firenze Conservado na Biblioteca Nazionale Centrale de Firenze, parece ser a continuación de T, quedou incompleto, tanto no número de composicións que debería conter, como na notación musical e a ilustración dos textos, de xeito que só nos transmite: • 104 cantigas • A notación musical –para a que conservaron espazos- non foi copiada e, en moitos casos, as miniaturas redúcense ao debuxo das viñetas que deberían contelas.
A autoría das CSM Afonso X O Sabio (tal e como mostrou Joseph Snow) é o “Arquitecto” que concibe os planos dunha obra magna pero que, precisamente por esta importancia e tamaño, non puido levar a cabo el só. Concibiu o proxecto, deulle forma e sentido, modelouno e todo baixo un fondo narrativo moi orixinal. A estudosa Elvira Fidalgo achega a súa conclusión persoal dicindo que a intervención de Afonso X na súa obra poucas veces debeu ir máis alá da supervisión, ordenación, selección de material e corrección de resultados. Mais di que non podemos descartar a posibilidade da súa propia man ao estarmos ante un gran trobador e porque xa compuxera lírica profana. • Hoxe despois de tantos estudos realizados está superada a opinión de que Afonso X fose o único autor das cantigas. • Aaparición do nome do trobador Airas Nunes nunha nota marxinal a carón da cantiga 223 no códice E, levou ao estudoso W. Mettmann a cuestionarse a seria autoría deste coñecido trobador, polo menos, para algunha das cantigas. Deixa para a autoría persoal do rei aquelas cantigas autobiográficas (escritas en 1ª persoa, vivencias, desexos…) • Pola súa parte G. Tavani nega a teoría de Mettmann.
O simbolismo dos números É notoria a significación do número 10e dos seus múltiplos e divisores (en especial o 5) na literatura medieval e máis na mariana. • O 10simboliza na época medieval a perfección, é dicir, a divindade. • 100son as composicións inicialmente redactadas (10 x 10). • A correspondente a decena(10, 20, 30…) é unha cantiga de loorque contrasta notabelmente en tema e ritmo coas nove precedentes. • As acabadas en 5 tendían, inicialmente, a albergar un milagre bastante máis extenso cós outros. • Ademais das 5festasda Virxe (cantigas 411, 415, 413, 417 e 419), o propio nome de María ten 5letras. • E das 5festas de Cristo (cantigas 423, 424, 425, 426 e 427). • O cancioneiro é usado como metáfora do rosario, que é o obxecto particular de devoción mariana, estruturado mediante a mestura do 10 e do 5 e ten 5 misterios.
O Cancioneiro das CSM O que si fica claro é a vontade rexia de composición dunha morea de cancións en honra á Virxe tal e como el mesmo declara no Prólogo: E o que quero é dizer loor da Virgen, Madre de Nostro Sennor, Santa María, que ést’a mellor, cousa que el fez; e por aquest’eu quero seer oy mais seu trobador, e rogo-lle que me queira por seu Trobador e que queira meu trobar reçeber, ca per el quer’eu mostrar dos miragres que ela fez;… (vv. 15-23) O verbo trobar, comprendía texto e música
O Cancioneiro das CSM Tanto apreciaba os códices que Afonso X deixou escrito no seu testamento o desexo de ser enterrado acompañado polo códices. Efectivamente con el estiveron, até que Felipe II ordenou o seu trasaldo á Real Biblioteca do Mosteiro do Escorial. O tamaño, as composicións, a perfección, a cantidade e o modelo de cancioneiro engloban unha mesma pretensión case obsesiva en Afonso X, a de alzarse, ser recoñecido ante todo, como “pai do saber”. Unha mostra é o feito de que nas miniaturas que acompañan os textos, el aparece como un monarca sabio coa coroa e rodeado de libros, pergamiños; é o seu afán de salientar o seu labor científico-literario sobre o lexislativo e gobernamental. Morre o 4 de abril de 1284 en Sevilla. Ten o seu Sepulcro en Sevilla pero o seu corazón e as entrañas atópanse na Catedral de Murcia • As CSM aséntanse, xa que logo, sobre un plan preconcebido polo seu autor/arquitecto, onde cada peza está onde ten que estar, tanto na estrutura externa como interna. • O carácter milagroso do libro queda plasmado na cantiga 209, onde o monarca recobra a saúde: E os fisicos mandavan-me poer panos caentes, mas nono quix fazer, mas mandei o Livro dela aduzer; e poseron-mio, e logo jouv’enpaz, Muito faz grand’erro, e en torto jaz .. Que non braadeinen senti nulla ren da door, mas senti-me logo mui ben; (ctga. 209, vv. 27-33)
Os temas nas CSM Unha clasificación precisa das cantigas pola súa temática é moi difícil de establecer. Si podemos nomear os temas máis relevantes: • A virxe salva aos seus devotos en perigo (no cativerio, na enfermidade ou contra os mouros) • Milagres que exaltan as virtudes cristiás (devoción, caridade, castidade, pobreza, oración, penitencia) • Milagres que reprenden vicios e pecados • A Virxe en defensa de santuarios e igrexas marianas • Personalización de animais, imaxes e obxectos • Aparición da Virxe en soños e visións • Cantigas de carácter autobiográfico
Características das Cantigas Cantigas que comparten trazos coa técnica do exemplum, recurso para a transmisión de contidos doutrinais da fe cristiá. Así temos: • Carácter narrativo • Brevidade, xa que o número medio de versos está en torno a 60-70 • Veracidade, as cantigas ofrecen feitos que se presentan como verdadeiros e reais • Como o exemplum, unha cantiga elabórase con fins didácticos • O obxectivo último deste traballo pedagóxico vai máis alá de seren consellos de comportamento axeitado, convertendose en medio para a salvación da alma.
A estrutura dos milagres marianos Rúbricaintrodutoria–título- Refrán- Son todas de refrán agás 7. É refrán moralizante dentro da narración exemplar que é a cantiga. Formato propio para transmitir valores. O refrán aparecerá ademais de no inicio ao final de cada estrofa. Repetición que permite en todo momento que o oínte estea concentrado nos feitos; que a mensaxe fique retida. O corpo narrativo Exordio Narrativo Partita Initium narrationis Medium narrationis Finis narrationis
ExordioIntrodución. Son moi breves. É aproveitado polo monarca para a presentación dos personaxes favorecidos ou castigados pola Virxe; ou ben para presentar o lugar dos feitos e incluso o momento no que acontecen. Procurando achegar o oínte á narración. Initium narrationisSitúa o lector ou lectora no sendeiro do que vai comezar, a narración, é a presentación do contexto. O máis habitual é que se presente a persoa beneficiaria do milagre, unha descrición do ou da protagonista; da súa enfermidade, do seu pecado… é a antesala do milagre. Medium narrationisParte nuclear da narración; onde se desenvolven os feitos con detalle. Será onde terá lugar o milagre. Parte de máxima tensión emocional que vai en descenso para chegar á fin da composición. Finis narrationis Realizado o milagre nestes últimos versos de caída emocional temos a despedida ao oínte; que se fai xeralmente cunha invitación á louvanza da Santa. É a conclusión.
XII/XIII - XVI Produción literaria Medievo Prosa medieval. Falamos de mostras esporádicas A Crónica Troiana A Historia Troiana Ciclo Clásico da materia de Troia> Obras de ficción ambientadas no mundo helénico. Ciclo Bretón> Materia da Bretaña e Ciclo Artúrico Livro de Xosé de Arimatea Demanda do Santo Graal Libro de Tristán Milagres de Santiago>Prosa haxiográfica Crónica de Sta. María de Iria>Ambiente eclesiástico Orto do esposo>Meditación sobre o mundo e as sagradas escrituras Libros de Liñaxes> Familias nobilarias portuguesas Cronica Xeral Galega> Tradución galega da Crónica de Castela Xeneral Estoria>Tradución galega da General Estoria, de Alfonso X. Prosa pragmática> Prosa xurídica, didáctica, tratados técnicos
3 xéneros maiores Amigo Amor Escarnio ou Maldizer Cantigas de Amigo Cantigas de Escarnio ou Maldizer Cantigas de Amor • Breves cancións postas en boca dunha muller namorada • Esta muller é sempre unha dona virxe, inxenua • Destinadas ao canto, polo feito de levaren notación musical. Lembremos as 7 cantigas de Amor de Martín Códax • Chámanse `de amigo’ pola repetición da palabra clave amigopara se referir ao obxecto dos seus desvelos e amoríos. Exemplo. • (Denominación que xa aparece • na ‘Arte de Trovar’) • Son composicións nas que o poeta canta a beleza e as cualidades da amada e ademais analiza os doces tormentos que lle produce a paixón que sente. • A palabra clave será a presenza da palabra ‘senhor’ con todas as súas variantes. • O amor cortés provenzal, relación home-muller na lírica occitana. O amante sufrirá diversas fases nun longo proceso amatorio antes de acadar o joi, o amor físico: Fenhedor-Precador-Entendedor-Drudo • Nas cantigas galego-portuguesas hai ausencia de amor físico, de joi. Será, polo tanto un amor platónico. • Exemplo • Son composicións destinadas ao canto de temática satírica. Textos burlescos. Características: • Grande variedade temática e maior riqueza léxica e expresiva • Fan sátira de tipos sociais (cregos, cabaleiros, trobadores…) • A finalidade primordial é a de facer rir, vistos coma un xogo entre trobadores • Uso de termos e situacións obscenas, hai total liberdade de expresións, estaban excluídos da censura • A sexualidade ocupa un lugar central con • termos como: foder, caralho, cono • Utilízase sempre a 3ª persoa. • Exemplo
XII/XIII - XV Na rede Medievo • Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades • Cantigas Medievais Galego-Portuguesas • LocusCriticus • IlG - TEMILGA • Centre for theStudyofthe Cantigas de Santa María of Oxford University
XVI-XVIII Séculos Escuros <Os Ilustrados> Feitos históricos máis relevantes No avance do S. XVI a presenza do galego vai diminuíndo cada vez máis e chega un momento en que é substituído polo castelán na escrita. Fica reducido ao ámbito oral, ao pobo. >Mesmo a ausencia de información informa< Varios son os factores que rematan na orde da “doma e castración do Reino de Galiza” Fernando II de Aragón e Isabel I de Castela Reis Católicos S.XV –fins XVI • As Guerras Irmandiñas contra os señores, e mesmo entre nobres [2ª metade S. XV] Houbo dúas grandes guerras: 1431, 1467-1469. • Galiza paga a súa derrota é sometida. • O control centralista do Reis Católicos. • Nace a clase intermediaria da Fidalguía[rexedores, xuíces, escribáns…] Importante nos séculos XVII, XVIII, que recibirán mosteiros e bens a través dos foros. • S. XVI- XVII > A monarquía dos Austria, Galiza segue sen voz nin voto, nin representación nas Cortes. • Ataques corsarios de ingleses e holandeses. • O noso País é inzado, á mantenta, no poder administrativo e eclesiástico de persoas alleas e intransixentes coa nosa lingua. O galego perde prestixio, é unha lingua fóra do poder. • Mala escolla. Nas Guerras Dinásticas pola coroa de Castela entre: • Pedro Ie Henrique II de Trastámara • despois entre Xoana a Beltranexafronte á futura raíña Isabel A Católica. • Galiza sempre toma parte dos perdedores. Como consecuencia o noso país: • Perde a súa independencia e pasa a sufrir a represión e castigo do poder centralista en mans dos Reis Católicos. Que chegan ao trono no ano 1474. • A burguesía galega é incapaz de defender os dereitos do país. • Nace dende Castela o Concepto Nacional e a Uniformización Lingüística. • Galiza e o galego entran nunha • das súas “longas noites de pedra”
Fins XVIII [Sèculos Escuros] – Os Ilustrados Feitos históricos máis relevantes • Correntes migratorias debido ao desequilibrio entre os recursos e a poboación existente. Destinos: Portugal [Lisboa], Madrid. De xeito temporal, meses de primavera e verán (sega), a Castela e Andalucía. • Tentativas de (pre)industrialización. Téxtil, sector pesqueiro [chegada de industrias catalás arredor de 1750] con conflito a fins do XVIII. • Primeiros pasos da Universidade de Santiago de Compostela [primeiro Escola de Gramática] fundada posteriormente polo notario da cidade López Gómez de Marzoa en 1945 • Difusión das ideas da Ilustracióneuropea[S. XVIII] que chegan serodiamente na 2ª metade do século. • [Revolución Francesa > 1789-1799] No S. XVIII xorden as voces de denuncia dos chamados “Ilustrados“ no eido da cultura. Grupo de intelectuais que defenden uso do galego no ensino, na administración e na Igrexa, isto é,a súanormalización como linguapropia dos galegos. Primeira visión global e integredora de Galiza, valorizando a súa historia, reivindicando a súalingua, e denunciando o inxusto desprezo que vivían os galegos fóra de Galiza. A súa obra constituíu a primeira chamada de atención dunha problemática lingüística que ha de acompañar aogalego até a actualidade. Entre eles destacan as figuras do Padre Frei Martín Sarmiento e o Padre Feixoo Defende o galego con fundamentos pedagóxicos. Autor dunha grande labor de recollida lexicográfica e de Historia Natural . Coloquio de 24 galegos rústicos, 1746, coplas ao estilo popular onde recompila voces do galego que escoitou, leu e anotou nas súas viaxes. Primeiro en rexeitar que o galego é un dialecto, fixo estudos da orixe do galego
XIX Pre-rexurdimento / Rexurdimento A desamortización tivo dende 1855, enormes efectos de privatización do monte galego. Sustento para o campesiñado. Nova vaga migratoriacara a países iberoamericanos (Cuba, Arxentina, Uruguai, Brasil…). Envellecemento da poboación, baixo crecemento poboacional, esgotamento dos métodos tradicionais agrarios, novos impostos… A emigración –de dimensións europeas- é o factor que mellor define á Galiza contemporánea. Emigración masiva, organizada e regulada. Máis de 2 millóns de persoas emigran entre 1836-1960. Tivo efectos importantes para Galiza na súa transformación de inicios de S. XX. 1873> 1ª República 1 873-1874. Curta e inestábel. Galiza seguía sendo unha sociedade de base agraria, con ausencia de industrialización ou con intentos fracasados, agás o potencial do Arsenal de Ferrol ou a Fábrica de Tabacos da Coruña “Fábrica da Palloza” 1804. • O campesiñado galego do século XIX segue a manter a súa fortaleza. A pesar dos rendistas(fidalgos, burgueses agrarios) • Aparece unha burguesía foránea (Francia, Italia, Cataluña…) nas cidades e vilas. • A clase obreira é pequena pero con grande actividade cultural alternativa. Primeiros pasos do movemento obreiro galego. O fundador do PSOE foi PabloIglesiasPosse, Ferrol 1850. • O poder local (deputacións, provincias e concellos) afoga cos impostos, recrutamentos para o exército. Dominan as eleccións provinciais e xerais a través da Santísima Trinidade : • Alcalde – Xuíz - Secretario do Concello. • Predominio do Caciquismo: modalidade de clientelismo político, aínda vixente. “Os caciques son os representantes do Goberno” ou “O goberno é o representante dos caciques” Castelao. • Resonan os logros da Revolución Francesa • Revolución Industrial en Inglaterra [metade XVIII - inicios XIX] • En Galiza: Guerra contra as tropas francesas [1809]. Batalla de Elviña e Batalla de Pontesampaio. A Reconquista de Vigo [28/03/1809] • Celebración das Cortes de Cádiz [1810]. • 1ª Constitución española “ a Pepa”. 19/03/1812. • Entre 1808-1839guerra entre liberais e carlistas.Os primeiros eran partidarios do Antigo Réxime, de Carlos Mª Isidro de Borbón(fidalgos, clérigos e parte do campesiñado)] e os segundos [partidarios del liberalismo de Isabel II de España (alta nobreza, burguesía e algúns fidalgos)]. Houbo 4 guerras carlistas. • Triunfo Liberal • O liberalismo trouxo • A desamortización dos bens da igrexa [expropiados forzosamente para seren vendidos]. A terra libre. Foi un proceso que durou todo o século XIX e tivo 3 fases: 1. Trienio liberal [1820-1823] 2. deMendizábal[1835/36 – 1844] 3. de Madoz[a partir de 1855] • Proceso de nacionalización e posterior transferencia a particulares dos bens. Pero… en Galiza quen adquiren os bens son nun 90% fidalgos, nobres, funcionarios, burgueses. Porque ¾ partes do que se venden son rendas forais e non terras. Non hai destrución do sistema feudal, a riqueza cambia de mans entre os poderosos. • División das provincias e dos municipios. 1810> 1ª división provincial. Galiza: 4 prefecturas> A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo. As parroquias, organización básica en Galiza fica só como dimensión eclesiástica. 1833Javier de Burgos crea o sistema provincial do estado español. Galiza: 4 provincisa: A Coruña, Lugo , Ourense e Pontevedra. • Consecuencia> Centralización política
Inicios XIX- 1863 Pre-Rexurdimento Feitos históricos máis relevantes Saen á luz as primeiras obras de liña política. Estudos e iniciativas de realizar unha “historia de Galiza” … Destacamos unha obra dialogada de estilo didáctico e en defensa da lingua galega, obra de Xoán Manuel Pintos, titulada “A Gaita Gallega” [1863]. Primeiro libro en galego tras os SSEE. Tras a Ilustración estamos ante un Período de tempo curto, ás veces esquecido pero vital e imprescindíbel, de sementeira que daría o seu froito no renacer do Rexurdimento do século XX. Xorde o movemento político coñecido como o Provincialismo[1840-1846] , acuñan o concepto de Unidade Galega [>Patria]. Vencellado á xeración de 1846, pequeno grupo de universitarios progresistas, denuncian o trato que recibe Galiza. Antolín Faraldo, Neira de Mosquera, Romero Ortiz... Coa posterior evolución no Rexionalismoe finalmente no futuro Nacionalismo Galego. [1916] Non podemos saltar este período da nosa historia sen mencionar os precursores do rexurdir da lingua e do pobo galego. Os nosos Precursores son entre outros: Francisco Añón, Antolín Faraldo, Aurelio Aguirre, Nicomendes Díaz Pastor.
1863- fins XIX Rexurdimento Feitos históricos máis relevantes Benito Vicetto Pérez [1824-1878] Escritor e historiador Fundador do Rexionalismo. Historia de Galicia. -7 tomos- [1865-1873] Na súa obra recrea o mundo do celtismo. Pondal será o continuador destas orixes galega. Manuel Murguía [1833-1923] Escritor , Historiador, Fundador e presidente en 1906 da Real Academia Galega Raza Marido Celtade Rosalía A Cova de Céltica Castro Da súa extensa obra destacamos: Los precursores [1886] Galicia [1888] Historia de Galicia [1911] • O Rexurdimento Galego forma parte do conxunto de renacementos culturais e literarios que teñen coma base o Romanticismoe a defensa da singularidade cultural dos pobos, agromaron en toda Europa [Il Risorgimento]. • 1868>> En Europa, Revolución do 68 ou Maio do 68. Iniciada en Francia >París<. • En Galiza ademais da tríade de Rosalía, Currose Pondal; hai que destacar a importancia dos historiadores románticos, que buscan as raíces históricas que xustifiquen a diferenciación de Galiza. • Destacan Benito Vicetto e Manuel Murguía.
1863- fins XIX Rexurdimento Feitos históricos máis relevantes 2. Eduardo Pondal [O Bardo] (1835-1917) Queixumes dos pinos (1886) Os Eoas (1992?) Idealiza o pasado céltico de Galiza, que el imaxina libre e independente , inspírase nas fontes clásicas da invasión romana, nos poemas ossiánicos de James MacPherson, nalgunhas citas do Leabhar Gabala e nas investigacións de M. Murguía e Benito Vicetto. O simbolismo do celtismo dentro da poesía de Pondal é claro: os celtas combateron heroicamente a invasión romana, os galegos deben tomar o seu exemplo e combater igualmente a opresión castelá. [*Autor do hino galego] 3. Curros Enríquez (1851-1908) A Virxe do Cristal (1877) Aires da miña terra(1880) O divino sainete (1888) Voz combativa e poesía de denuncia do pobo galego. Autor rodeado de polémica, atacou duramente contra o clero. Con mentalidade de progreso foi un home que triunfou no seu tempo. No Divino Sainete temos a súa parte máis satírica. Está baseada na Divina Comedia de Dante. Recuperación non sóliteraria, senóntamén cultural, política e histórica. A publicación o 17 de maio de 1863de Cantares Gallegos, obra escrita integramente en galego por Rosalía de Castro, inaugura o Rexurdimento. Tres son as guías do nosoRexurdir Rosalía de Castro Curros Enríquez Eduardo Pondal A finais do S.XIX nacen as primeiras tentativas de gramáticas e dicionarios xunto cos estudos do noso idioma. Gramática gallega (1868) de Saco Arce Rosalía de Castro (1837-1885) Cantares Gallegos[1863] Follas Novas [1880] Autora que traspasou fronteiras, referente no seu tempo e nos tempos vindeiros. Figura vital na nosa lingua. Dende a base do romantismo sumado á forza dos seus versos defendeu a lingua galega e loitou por libertar o pobo galego da represión e das inxutizas.
1863- fins XIX Rexurdimento Feitos históricos máis relevantes Tras o Provincialismo e sobre a base xa madura do Rexurdimento coa obra Rosaliana como bandeira e sumando o labor do historiadores [Murguía, Vicetto, …] o seguinte chanzo é: O Rexionalismo, vai dende 1880até 1916[1ª Irmandade da Fala]. Corrente ideolóxica liderada por Murguía. Comezan a empregar o galego en público [Xogos Florais de Tui, 1891] 1891>> Inauguración do Panteón de Galegos Ilustres, xunto co traslado dende Padrón do restos de Rosalía de Castro, [25-maio-1891]. Castelao iría o 28-xuño-1984 No 1897, nace A Liga Gallega. Tamén presidida por Murguía. Obxectivo> Recoñecemento oficial do galego. O Rexionalismodesencadeou un importante rebulir cultural. Revistas> Galicia moderna [Pontevedra] ou Galicia. Revista Regional. Unha gran preocupación polo uso escrito do galego, e pola normativa que se debe empregar, tema de gran debate na época. Xornais que comezan a empregar sistematicamente o galego como: A Monteira [Lugo], O Tío Marcos da Portela[Ourense], O Almanaque Gallego[Bos Aires]. 1809>> Himno Galego. Letra de Pondal“Queixumes dos pinos” e música de Veiga. Estrouse no Centro Galego da Habana 1907.
XIX Pre-rexurdimento-Rexurdimento Na rede • Biblioteca Virtual Galega • Rosalía de Castro • Eduardo PondalHimno Galego • Manuel Curros Enríquez
XX Historia recente -Cambios Políticos Feitos políticos-sociais-históricos Os primeiros anos da Irmandades teñen cor Rexionalista. Antón Vilar Ponte [1881 - 1936] guía o cambio cara o seguinte paso o Nacionalismoc0n estas verbas: “Rexionalismo e galeguismo son verbas mortas”, porque “non hai politiquiño da Nosa Terra, nin xornal caciquil que non se chame galeguista” 1918>> 1ª Asemblea Nacionalista en novembro en Lugo 1919 >> 2ª Asemblea Nacionalista en Santiago de Compostela 1921 >> 3ª Asemblea Nacionalista en Vigo 1922 >> 4ª Asemblea Nacionalista en Monforte 1907 - 1912>> Nace Solidariedade Galega. Proposta electoral liberal. Apoiada por xornais na rúa como: Galicia Solidaria ou A nosa Terra Solidariedade. Organiza o mundo rural, creando Sociedades Agrarias, e Asembleas Agrarias. 1912>> Nace Acción Gallega, continuadora da anterior e liderada por Basilio Álvarez. 1916>> 1ª Irmandade de Amigos da Fala. A Coruña. Sobre o folleto de Antón Vilar Ponte“ Nacionalismo Gallego. Nuestra afirmación Regional”. • Época de mudanzas na Historia da Humanidade. Cambios económicos, sociais, culturais e políticos. • Para Galiza tivo moita importancia as figuras que seguen: • Emigrante Retornado, que trouxo de América cartos e novidades culturais. Cambios visíbeis nos 35 primeiros anos do século XX, antes da Guerra Fascista Española. • Movemento do Agrarismo, de base asociativa. Campesiño Propietario da súa terra. Finalmente son eliminados os foros, grazas aos cartos chegados de América e ao Decreto redencionista de Primo de Rivera- 1926. • Consolidacióndo tecido Industrial conserveiro, os estaleiros da cidade de Vigo (1895), o sector extractivo mineiro, empresas eléctricas, encoros, queixerías. Burguesía industrial e comercial • Desaparece a clase social da Fidalguía. 1923 - 1930>> Ditadura de Primo de Rivera, froito dun golpe de Estado. Inicialmente de moita aceptación popular. Promesa anticaciquil e na anulación dos foros legalmente. 14 de abril de 1931 até a Guerra>> 2ªRepública, “la niña bonita”. 5 anos de república que se caracterizou pola socialización política, con novas canles para asentar por 1ª vez a democracia política. *Os mestres foron uns dos aliados do Ideario republicano, e así despois sufriron toda Forza represora fascista. A nivel Europeo: 19051ª Revolución Rusa 1917 2ª Revolución Rusa 1914-1916 1ªGuerra Mundial
XX Historia recente - Cambios Políticos Grupo Nós O grupo de intelectuais máis compacto, homoxéneo e fértil de toda a historia cultural galega, forxado na Revista Nós “boletín mensual da cultura galega”, entre os anos 1920-1936. “Os inadaptados” Vicente Risco Otero Pedrayo Florentino Cuevillas Protagonistas da recuperación da nosa cultura e lingua nun proceso que irá in crescendo até o estoupido da Guerra Fascista 18-xullo-1936. Moitos destes poetas seguirán escribindo durante a guerra e na pos-guerra, pero dende o Exilio Moi vencellado ao Grupo Nós, colaborando na mesma revista, traballando dende a política e a cultura está o noso PAI: Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
XX Historia recente -Cambios Políticos Feitos políticos-sociais-históricos 1923>> Nace o Seminario de Estudos Galegos. Institución que vai máis alá do ámbito universitario e dos escritores, acolle a unha grande variedade de intelectuais; son os sucesores do Grupo Nós. . O seu principal papel foi o da modernización de Galiza. Centrándose máis na Lingua e Literaturas galegas , na Historia e na Arqueoloxía. Publicación dunha revista de investigación: Arquivos. O seminario deixou de funcionar en 1936, coa Guerra, sendo presidido por Otero Pedrayo. Posteriormente, en 1943, foi fundado o Instituto Padre Sarmiento (dende o estado) que herdou sóa material do vello Seminario. Os tres piares do PG son: Alfonso Daniel Rodríguez Castelao(1886-1950) Ricardo CarvalhoCalero (1910-1990) Alexandre Bóveda (1903-1936) Dende 1942 Cada 19 de agosto Día da Galiza Mártir [Iniciativa da Irmandade Galega ao secretario do PG asasinado en agosto do 36] Como consecuencia dos movementos políticos <Irmandades, Asembleas Nacionalistas, Grupo Nós, …> No ano 1931 >> nace o Partido Galeguista. Cunha participación máis aberta que nas Irmandades (presentes todas as clases socias: labregos, mariñeiros, artesáns, avogados, …). Desenvolveu unha grande capacidade organizativa, onde salientou o traballo de Alexandre Bóveda O PGfoi quen de lograr o seu grande obxectivo, que era o Estatuto de Autonomía, aprobado en Referendum o 28 de xuño de 1936; presentado ao presidente das Cortes o 15 de xullo de 1936 nas portas da Guerra Fascista. Dadaísmo Cubismo Futurismo Neotrobadorismo Creacionismo Surrealsimo Hilozoísmo Xermina o Vangardismo galegodentro do Grupo Nós, que na corredoira do nacionalismo, loitan polo recuperar da lingua e cultura galega, e asemade procuran unha renovación ollando o que estaba acontecendo fóra das nosas fronteiras. Estamos no 1º terzo de século XX. [1910-1930] Nace en Ourense en 1903 É “asasinado” 17 de agosto de 1936 en Poio Destacamos a Manuel Antonio(1900-1930) con: Manifesto “Máis Alá”[1922] De catro a catro [1925-1927]
Anteproxecto do Estatuto da Galiza >maio,1931<41 artigos en 7 títulos, expostos polo Seminario de Estudos Galegos
Estatuto de Galicia >1932<Pebliscitado o 28 de xuño de 1936 40 artigos expostos en 6 títulos
XX Historia recente -Cambios Políticos Feitos históricos en Galiza Toma de conciencia, o galeguismo evoluciona cara ao Nacionalismo 1906>> Creación da Real Academia Galega [RAG] 1916>> Creación das Irmandades da fala na Coruña 1918>> 1ª AsambleaNazonalista Galega 1920>> Nace a Revista Nós en Ourense e arredor dela xorde un grupo de autores literarios o Grupo Nós Aprox. 1920>> As Vangardas 1923>> Creación do Seminario de Estudos Galegos 1931 >> Creáse o Partido Galeguista 28 de xuño de 1936>>Apoiadoen referendo o Estatuto de Autonomía 18 de xullo 1936> Golpe de Estado Militar Fascista > Guerra Civil Española > Ditadura de Franco
XX Historia recente -Cambios Políticos Francisco Franco Bahamonde(1892-1975) Guerra Civil Española >> Ditadura Fascista Vencen os fascistas : asasinatos ideolóxicos, persecucións, presos políticos, represión, “paseos”… sobre os derrotados incluso despois da morte do ditador.