250 likes | 372 Views
ESPAZOS NATURAIS Río Lérez. O espazo protexido abrangre os últimos 20 km de percorrido do río, desde a ponte romana de San Xurxo de Sacos á ponte do ferrocarril de Lérez. Outras partes do seu curso están protexidas formando parte dos espazos Serra do Cando e Serra do Candán.
E N D
ESPAZOS NATURAIS Río Lérez
O espazo protexido abrangre os últimos 20 km de percorrido do río, desde a ponte romana de San Xurxo de Sacos á ponte do ferrocarril de Lérez. Outras partes do seu curso están protexidas formando parte dos espazos Serra do Cando e Serra do Candán. EXTENSIÓN: 18,60 ha CONCELLOS: Pontevedra, Campo Lameiro, Cotobade PROTECCCIÓN: LIC, ZEPVN VALORES NATURAIS: bosque de ribeira, río...
O río Lérez nace na Serra do Candán e despois dun percorrido de 57 km desemboca na Ría de Pontevedra. Descende con fortes pendentes encaixándose e abríndose repetidas veces ao longo dos seus cursos alto e medio. As augas do Lérez teñen unha gran riqueza biolóxica e as súas ribeiras conservan unha vexetación de gran interese.
O Lérez entre San Xurxo de Sacos e Campo Lameiro, no comezo do espazo protexido
O Lérez na praia fluvial do Canal entre Xeve (Pontevedra) e Castiñeira (Cotobade).
Salón do Lérez en Pontevedra, no remate do espazo protexido. Os salóns son puntos do curso baixo do río nos que a canle se ensancha e, grazas á influencia da marea, as augas se remansan.
Nos bosques do Lérez atópanse amieiras, salgueiros, freixos, sabugueiros, sanguiños, carballos e na parte do curso baixo eucaliptos. Nas augas remansadas hai espadainas, lirios, oucas, lentellas de auga, bricios, espigas de auga, Myriophylum, pe de boi... e nas beiras fentos (dentabrú, fento macho, fento femia, Blechnum...), herba salgueira, lúpulo, hedras, valdeba, silva, salgueiriño, amarelle, menta de auga, violeta, reina, adelfiña, molinia...
A humidade e a sombra dos bosques de ribeira favorecen o desenvolvementos de brións e fentos.
Senecio nemorensis, atópase en bosques húmidos e sombrizos á beira dos ríos.
O pé de boi (Oenanthe aquatica) é unha das plantas máis comúns nas zonas húmidas e soleadas (beiras de correntes, lameiros...).
Nas augas do Lérez hai troita, salmón, escalo, anguía, reo e na zona de influencia das mareas, muxes. Tamén hai unha boa representación de réptis, anfibios, aves, mamíferos e insectos. Picapeixes (Alcedo athis).Podemos atopalo nas beiras do río en calquera época do ano, onde é case invisíbel pousado, pero chama poderosamente a atención o brillo da súa plumaxe azul cando voa.
Calopterix virgo, macho. Cabaliños do demo, libeliñas, gaiteiros... están sempre presentes na beira da auga, dentro da que se desenvolven antes de acadaren a fase adulta.
Montaxe: Adela Leiro Fotos: Adela Leiro, Mon Daporta