380 likes | 545 Views
ESPAZOS NATURAIS Carballido. É un espazo de montaña que ocupa dúas zonas separadas que se corresponden cos vales dos río Rodil e Bidueiro, afluentes do Eo.
E N D
ESPAZOS NATURAIS Carballido
É un espazo de montaña que ocupa dúas zonas separadas que se corresponden cos vales dos río Rodil e Bidueiro, afluentes do Eo. O seu maior interese reside en ser fragas atlánticas moi ben conservadas cunha flora e fauna moi variadas, ao que hai que engadir o atractivo paisaxístico e etnográfico da zona. EXTENSIÓN: 4.633,94 ha CONCELLOS: A Fonsagrada, A Pontenova, Ribeira de Piquín PROTECCCIÓN: LIC, ZEPVN VALORES NATURAIS: fragas, bosques de ribeira, río...
As Fragas de Reigadas e San Xes atópanse nos vales e nas abas dos Montes de Logares, Carballido e Vilar De Calvos que marcan o límite norte da comarca coa de Meira (Ribeira de Piquín) e a Mariña Oriental (A Pontenova). A maior altura está no coto de Frades (960 m) preto da fronteira con Asturias. As fragas de Carballido ocupan os vales da serra do Corno de Cervo, no concello de Fonsagrada, co punto máis alto na Cruz do Pito (849 m). Serra do Corno de Cervo
A fraga de San Xes (ou Cabanal) é unha das maiores fragas de Galicia, situada entre o cume do Caramelo (870 m) e a marxe esquerda do río Bidueiro ou San Xes, cubrindo por completo unha aba de lousa de 400 m de desnivel.
A fraga de Reigadas está nos arredores do rego Reigadas ou Bounote
As fragas de Carballido están situadas nos caborcos excavados en xistos polo río Rodil e os seus afluentes Veiga de Logares, Muíños, Pontigón, Bambello, Santo Estebo...
Río Rodil Nace na Serra do Invernal (A Fonsagrada) e percorre as terras da Fonsagrada e Ribeira de Piquín onde se xunta co Eo. Recibe pola dereita as augas do Rego de Queixoiro, Penide, Pontigón, Veiga de Logares e A Pontiga. Pola esquerda o Esteiro, Santo Estevo e Vao Vello.
Rego do Bidueiro, un afluente do Eo que baixa do Couto de Frades e xúntase a el nas proximidades da Pontenova.
Un dos afluentes do Bidueiro forma varios saltos no interior da Fraga de San Xes.
Ferrería de Bogo, no Rego do Bidueiro. Conxunto etnográfico restaurado formado por unha ferrería e un muíño.
Nestas fragas o ambiente é sombrizo e húmido. As árbores máis comúns son os carballos, carbas (Quercus petrae) bidueiros, freixos, acivros, capudres, pereiras bravas, estripos, cerdeiras, teixos, algún lamagueiro... e nas zonas próximas ás poboacións soutos de castiñeiros, nogueiras e piñeiros de repoboación. Na beira dos ríos hai tamén amieiras e salgueiros. Nas partes altas hai mato de breixos e carqueixas. O soutobosque está formado por arandeiras, xilbarbeira, herba salgueira, silva, fentos, onfalodes, herba chaveira, leiteira, roseiras...
Matogueiras, bosque autóctono e plantacións de coníferas en Carballido.
Teixos de Carballido (A Fonsagrada). Dous exemplares situados a carón da igrexa. Miden 14 e 11,5 m de altura, 4,50 e 4,14 m de perímetro e teñen arredor de 150 anos.
Os fentos e as silvas son as plantas máis comúns no sotobosque.
A fauna é a característica das fragas húmidas: píntega común, saramaganta, pintafontes (común, palmado e verde), sapos (comadrón e común), rá vermella, lagartixas (da serra, galega e dos valos), cobras (lagarteira común e de colar), víbora de seoane, ourizo cacho, rato de almizcle, furafollas, esquío, lobo, raposo, corzo, leirón rilón, martaraña, gato bravo, lontra (nos ríos)... numerosas aves e insectos. Ocasionalmente a fraga de carballido é visitada polos osos. Gato bravo (Felix sylvestris). Nestes lugares pouco alterados atopan refuxio as especies máis vulnerables da fauna. Os furafollas (Sorex sp.) son os mamíferos máis pequenos. Aliméntase de insectos e miñocas entre as follas caídas do bosque.
Nas áreas de Carballido crían: miñato abelleiro (Pernis apivorus), azor (Accipiter gentilis), gabián (Accipiternisus), aguia cobreira (Circaetus gallicus), e avelaiona (Strix aluco), pícidos (Picus viridis e Dendrocopos major), gabeador azul (Sitta europaea), gabeador común (Certhia brachydactyla), estreliña riscada (Regulus ignicapillus), estreliña do norte (Regulus regulus), ferreiriño rabilongo (Aegithalos caudatus), páridos (Parus spp.), cardeal (Pyrrhula pyrrhula), gaio (Garrulus glandarius). Nos leitos fluviais crían o merlo rieiro (Cinclus cinclus), e a lavandeira real (Motacilla cinerea). En áreas abertas citouse a nidificación do escaso picanzo real meridional (Lanius meridionalis). O ferreiro bacachís (Parus caeruleus) aproveita o enorme número de eirugas que viven e se alimentan das follas das árbores da fraga.
Ra patilonga (Rana iberica). Vive preto dos regatos limpos con correntes e abundante cobertura vexetal.
Bacaloura (Lucanus cervus), o insecto máis grande de Europa. Pasa varios anos en estado larvario alimentándose da madeira morta das árbores vellas. Na actualidade é unha especie protexida debido á reducción dos seus hábitats.
Montaxe: Adela Leiro Fotos: Adela Leiro, Mon Daporta