250 likes | 416 Views
ESPAZOS NATURAIS Río Cabe. Comprende parte do curso do río Cabe (desde o nacemento ata Canaval), os seus afluentes Carabelo, Cinsa e Mao, e os vales e bosques do Incio. Os escosistemas máis destacados son aos asociados ao río, e os bosques do Incio. EXTENSIÓN: 1.576,53 ha
E N D
ESPAZOS NATURAIS Río Cabe
Comprende parte do curso do río Cabe (desde o nacemento ata Canaval), os seus afluentes Carabelo, Cinsa e Mao, e os vales e bosques do Incio. Os escosistemas máis destacados son aos asociados ao río, e os bosques do Incio. EXTENSIÓN: 1.576,53 ha CONCELLOS: Bóveda, O Incio, A Pobra de Brollón, Monforte de Lemos, Pantón, Sober. PROTECCCIÓN: LIC, ZEPVN VALORES NATURAIS: bosque de ribeira, río, fragas, soutos, aves acuáticas...
Río Cabe Nace no Incio, percorre terreos dos concellos de O Incio, A Pobra do Brollón e Monforte de Lemos e desemboca pola dereita do Sil na zona dos canóns. No curso alto vai encaixado, logo ten un percorrido sinuoso pola Depresión de Lemos e volve a encaixarse nun canón rochoso antes de desembocar no Sil. Os seus afluentes pola dereita son o Tornea, Mao, Cinsa, Carabelos e Ferreira, e pola esquerda o Antiga, o Acevedo e o Saa.
O Cabe nas proximidades de Pacios da Veiga (A Pobra do Brollón)
Río Mao. Nace na serra de Oribio e xúntase ao Cabe ao pouco de entrar no concello de Monforte. Encoro no Mao para a rega da área de Monforte. Os bosques que hai á saída do encoro forman parte do espazo protexido.
Os ecosistemas protexidos neste espazo son de dous tipos: Os cursos dos ríos, coa vexetación acuática e de ribeira. Os bosques que se conservan nos vales do Incio, formados por amieiras, salgueiros, freixos, chopos, pradairos, bidueiros, carballos, e castiñeiros nas partes máis poboadas.
Chantaxe de auga (Alisma plantago-aquatica). Vive na beira das augas estancadas.
Allium ursinum, atópase en lugares húmidos e sombrizos na beira dos ríos.
Lúpulo (Humulus lupulus). Esta herba agabeadora que vive á beira dos ríos emprégase para darlle sabor á cervexa.
A fauna deste espazo está asociada ao ríos e os bosques das súas beiras, cunha boa representación de anfibios, aves e insectos. O río Cabe é un dos poucos ríos galegos nos que se pode atopar Macromia splendens, un cabalo do demo en perigo de extinción en toda Europa.
Patinador ou zapateiro (Gerris lacustris). Vive na superficie da auga estancada ou de corrente lenta onde se alimenta doutros insectos.
Montaxe: Adela Leiro Fotos: Adela Leiro, Mon Daporta