300 likes | 449 Views
ESPAZOS NATURAIS Bidueiral de Montederramo. Inclúe terreos de monte baixo e bosques situados nas abas orientadas cara ao leste da Serra de San Mamede. Conserva fragas atlánticas de gran valor ecolóxico. EXTENSIÓN: 1.948,55 ha CONCELLOS: Montederramo, Vilar de Barrio
E N D
ESPAZOS NATURAIS Bidueiral de Montederramo
Inclúe terreos de monte baixo e bosques situados nas abas orientadas cara ao leste da Serra de San Mamede. Conserva fragas atlánticas de gran valor ecolóxico. EXTENSIÓN: 1.948,55 ha CONCELLOS: Montederramo, Vilar de Barrio PROTECCIÓN: LIC, ZEPVN VALORES NATURAIS: bidueiral, fraga, aves...
Serra de San Mamede Formada por xistos e areiscas que orixinan un releve de formas redondeadas e suaves, e granitos de dúas micas nos cumes que lle dan á paisaxe un aspecto ruiniforme e de grandes penedos. Esta serra domina as depresións ourensáns de Maceda e A Limia. O seu cume máis alto é o San Mamede con 1.618 m. Neste espazo está protexida a aba oriental. San Mamede desde Cabeza de Manzaneda.
Nas zonas altas, por mor das queimas sucesivas están cubertas por un mato de xestas, piornos, queirugas... nas abas dos montes hai bosques de bidueiros, capudres, acivros, avelairas, carballos e algún teixo. Unha parte da área está repoboada con piñeiros silvestres. Destaca o bosque de bidueiros situado no extremo norte. Na sombra destes bosques medra unha variada flora adaptada á falta de luz e á humidade: fentos, liques, musgos, saxífragas, afroixón (Narcissus asturiensis)... e abondan os cogumelos. Tamén se atopa o cardo (Eryngium viviparum).
O máis destacado deste espazo é o bidueiral situado na aba norte do pico de San Mamede, na zona de O Meixón no que hai gran cantidade de exemplares centenarios. Distínguese pola altitude á que está situado entre os 1.619 e os 1.000 m, e por ser unha das fragas de características eurosiberianas máis ao sur de Galicia e mellor conservadas.
O bidueiro ou bido (Betula celtiberica) é unha árbore común en toda Europa Central e Septentrional. É de crecemento rápido e gosta das zonas húmidas de media e gran altitude. Pode acadar os 20 m de altura e ata 100 anos de idade. A copa é cónica e estreita nos exemplares novos e máis redondeada e coas ponlas colgadas nos vellos. Os bidueiros forman bosques mestos (bidueirais ou biduídos). Medran formando rodais arredor das árbores vellas ou mortas. A madeira é branda e lixeira. Úsase para facer cestos, zocas, culleres...
As follas son simples, de forma romboidal ou ovo-triangular coa beira doblemente dentada e o peciolo longo. Miden de 4 a 8 cm de lonxitude e son de cor verde escura. O toro está cuberto por unha tona lisa de cor branca prateada con liñas horizontais grises. As ponlas novas teñen cor púrpura.
As flores aparecen no verán antes da caída das follas e abren en febreiro-marzo. As flores femininas son acios de 5 ou 6 amentos de cor verde pálida. As flores masculinas son amentos de cor amarela pálida de 2 a 3 cm de lonxitude.
Os froitos son aquenios de pequeno tamaño, de forma oval-aplanada e con dúas ás. Agrúpanse nunha falsa piña que se desfai no outono ao madurar.
Saxifraga spathularis, unha planta típica do sotobosque húmido de montaña.
Afroixón (Narcissus asturiensis)
Liques barbudos (Usnea sp). A presenza deste tipo de liques está asociada á humidade e á pureza do aire. Son os liques que acadan maior tamaño.
Rebentabois (Amanita muscaria). Este chamativo cogumelo aparece frecuentemente ao pé dos bidueiros.
A fauna tamén moi abundante e variada. Destro desta área hai un refuxio cercado con cervos e gamos. Invertebrados: destacan a lesma (Geomalacus maculosus) e os escaravellos ( Lucanus cervus e Cerambyx cerdo).Réptiles: lagarta da serra (Iberolacerta monticola), lagarto das silveiras (Lacerta schreiberi)...Aves: crían: azor (Accipiter gentilis), gabián (Accipiter nisus), falcón pequeno (Falco subbuteo), rula común (Streptopelia turtur ), moucho de orellas (Otus scops), bufo pequeno (Asio otus), avenoiteira cincenta (Caprimulgus europaeus), picapeixe (Alcedo atthis), cotovía das árbores (Lullula arborea), tordo común (Turdus philomelos), papuxa do mato (Sylvia undata), gabeador azul (Sittaeuropaea), picanzo vermello (Lanius collurio), corvo grande (Corvus corax)... Tamén se achegan: aguia cobreira (Circaetusgallicus), gatafornela (Circus cyaneus), tartaraña cincenta (Circus pygargus). Mamíferos: lobo, raposo, corzo, xabarín, lebre... Destaca o insectívoro (Galemys pyrenaicus) nos ríos, e os morcegos (Rhinolophus hipposideros e Rhinolophus ferrum-equinum). Corzo (Capreolus capreolus)
Furafollas (Sorex...). Os micromamíferos son abundantes nos bosques nos que atopan alimento e refuxio. Leirón careto (Eliomys quercinus)
Montaxe: Adela Leiro Fotos: Adela Leiro, Mon Daporta