1 / 27

Ver todos

O estudo e comprensión das Ciencias da Natureza require de certo traballo no laboratorio. Para poder levalo a cabo necesitamos distinto material de laboratorio. Nesta presentación imos ver o material imprescindible no laboratorio e o seu uso.

ima
Download Presentation

Ver todos

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. O estudo e comprensión das Ciencias da Natureza require de certo traballo no laboratorio. Para poder levalo a cabo necesitamos distinto material de laboratorio. Nesta presentación imos ver o material imprescindible no laboratorio e o seu uso. Preme sobre o nome dos elementos que desexas consultar. Instrumentos para realizar diversas medidas 1 Material para conter líquidos e disolucións 3 Instrumentos para medir volumes 2 Material de uso diverso 4 Ver todos

  2. Instrumentos para realizar diversas medidas Calibre O calibre é un aparato empregado para a medida de lonxitudes, diámetros interiores e exteriores, profundidades e espesores. Consta dunha regra sobre a cal esvara outra, chamada nonius, que nos permite apreciar lonxitudes cunha sensibilidade de ata 0,05 mm. Nas figuras represéntase a forma en que se realiza unha medida de lonxitude, unha de diámetro interior e outra da profundidade dun relevo.

  3. Instrumentos para realizar diversas medidas Cinta métrica Adoita estar graduada en centímetros e utilízase para medir lonxitudes da orde duns metros.

  4. Instrumentos para realizar diversas medidas Regra graduada Está graduada en milímetros e está indicada para medir lonxitudes da orde duns poucos centímetros.

  5. Instrumentos para realizar diversas medidas Balanza de laboratorio Utilízase para medir a masa dun corpo. A súa sensibilidade non chega máis alá do centígramo.

  6. Instrumentos para medir volumes Probeta É un recipiente cilíndrico que adoita estar graduado en cm3 o en mL. É un instrumento pouco preciso. Pode ser de vidro ou de plástico e existen modelos con diferentes capacidades desde 25 ml ata 5 L.

  7. Instrumentos para medir volumes Pipeta É un tubo de vidro graduado que serve para medir volumes con gran precisión. Emprégase cunha bomba ou cunha pera de pipeteo para aspirar o líquido cuxo volume queremos medir.

  8. Instrumentos para medir volumes Bureta É un tubo de vidro graduado en cm3 que nos permite medir o volume de líquido que se verteu noutro recipiente. Na súa parte inferior leva unha chave que permite controlar de forma exacta o volume que queremos engadir a outro recipiente.

  9. Material para conter líquidos e disolucións Matraz erlenmeyer É un recipiente de vidro con forma cónica, fondo plano e colo estreito. Utilízase como recipiente onde se levan a cabo diversas reaccións químicas ou para mesturar líquidos.

  10. Material para conter líquidos e disolucións Matraz aforado É un recipiente de vidro de fondo plano e colo alongado e estreito, cun aforo que marca onde se debe efectuar o rasado. Serve para preparar un volume determinado dunha concentración coñecida e exacta.

  11. Material para conter líquidos e disolucións Vaso de precipitados É un recipiente de vidro dispoñible con diversas capacidades. Utilízase para conter disolucións ou para levar a cabo nel algunhas reaccións químicas.

  12. Material para conter líquidos e disolucións Frascos Utilízanse para conter líquidos. Levan un tapón de goma ou, ás veces, de vidro esmerilado que pecha de forma hermética, o que permite conter gases durante algún tempo (aínda que en xeral adoita ser pouco tempo).

  13. Material de uso diverso Tubos de ensaio Son uns tubos de vidro que se utilizan para levar a cabo pequenas reaccións. Mantéñense nunha gradilla.

  14. Material de uso diverso Vidro de reloxo Polo xeral é de vidro. Utilízase para pesar pequenas cantidades de sólido.

  15. Material de uso diverso Cápsula de porcelana Emprégase para quentar substancias ata altas temperaturas.

  16. Material de uso diverso Pinza metálica Utilízase para suxeitar diverso material, como poden ser matraces de distinto tipo. Van suxeitas por unha pinza de noz a unha barra con soporte.

  17. Material de uso diverso Pinza de noz Serve para suxeitar diverso material; principalmente, matraces de vidro que se van quentar.

  18. Material de uso diverso Malla de amianto Vai acoplada cun aro metálico e serve para suxeitar matraces de fondo redondo en cuxo interior hai un líquido que temos que quentar. A malla colócase sobre un trípode.

  19. Material de uso diverso Aro metálico Utilízase xunto coa malla e un trípode, e serve para suxeitar distinto material de vidro que conteña líquido que se deba quentar.

  20. Material de uso diverso Culleriña espátula Serve para coller pequenas cantidades de sólidos.

  21. Material de uso diverso Morteiro Utilízase para triturar sólidos en partículas moi pequenas.

  22. Material de uso diverso Pera de pipeteo Utilízase acoplada a unha pipeta para aspirar líquidos.

  23. Material de uso diverso Bomba de pipeteo É outro mecanismo acoplado a unha pipeta que se utiliza para aspirar líquidos.

  24. Material de uso diverso Embude Está feito de vidro ou de plástico. Utilízase no proceso de filtración ou para trasvasar líquidos dun recipiente a outro.

  25. Material de uso diverso Frasco lavador Utilízase para conter auga destilada que poidamos necesitar nalgún proceso.

  26. Material de uso diverso Soporte Nel colócanse diversos tipos de pinzas que, á súa vez, suxeitan diverso material de laboratorio.

  27. Material de uso diverso Embude de decantación É un recipiente ovalado que nun extremo ten unha boca estreita cerrada por un tapón, e no outro, unha chave de paso que se pode abrir e cerrar a vontade. Utilízase para separar líquidos que non son miscibles entre si.

More Related