230 likes | 396 Views
ORIENTACIÓN EDUCATIVA. EDUCACIÓN PRIMARIA CEIP “Alfredo Brañas” Orientadora: Montse Barros. SENTIDO, VALOR EDUCATIVO E INTENCIONALIDADE DA ORIENTACIÓN NA EDUCACIÓN PRIMARIA. Favorecer o desenvolvemento corporal, afectivo, social e intelectual do neno.
E N D
ORIENTACIÓN EDUCATIVA EDUCACIÓN PRIMARIA CEIP “Alfredo Brañas” Orientadora: Montse Barros
SENTIDO, VALOR EDUCATIVO E INTENCIONALIDADE DA ORIENTACIÓN NA EDUCACIÓN PRIMARIA • Favorecer o desenvolvemento corporal, afectivo, social e intelectual do neno. • Consolidar aprendizaxes básicas para afrontar as da etapa posterior. • Colaboración entre escola e familia. • Adaptación ao medio escolar dos nenos que procedan de infantil e dos que ingresen por primeira vez na escola. • Procesos educativos estreitamente ligados ao desenvolvementodo neno. • Escola como mediadora entre alumno e socialización do mesmo. • O desenvolvemento cognitivo e de capacidades, a experiencia da interacción social e a adopción dun sistema de valores converxen na elaboración do autoconcepto e da autoestima que contribuen á realización do proxecto persoal de vida.
O Carácter Propiamente Educativo • Tres principios: • Educar é máis que instruir. • Edúcanse persoas concretas, individuais, con particulariedades propias. • Edúcase á persoa enteira e non só a unha parte.
PRINCIPIOS DA ORIENTACIÓN E INTERVENCIÓN EDUCATIVA • INDIVIDUALIZACIÓN • INTEGRACIÓN • PERSONALIZACIÓN • DIVERSIFICACIÓN
Elementos implícitos da Orientación • Orientar para a vida - Educar é socializar, Educar é orientar. • Asesoramento sobre camiños diferentes. • Educación sobre o propio proceso educativo: Aprender a Aprender
Estructura da Orientación en Ed. Primaria • Profesora - titora (en coordinación cos demais docentes) • Equipo Directivo: directora do centro e xefa de estudos. • Profesionais especializados. • Orientadora do centro. • Equipo de Orientación Específico. • Inspección.
FUNCIÓNS DA PROFESORA -TITORA • Facilitar a integración dos alumnos no grupo clase. • Contribuir á personalización dos procesos de ensinanza - aprendizaxe. • Seguimento global dos procesos de aprendizaxe dos alumnos para detectar posibles dificultades e aplicar os recursos necesarios. • Coordinar a información dos alumnos cos distintos profesores. • Fomentar o desenvolvemento de actitudes participativas no seu entorno social. • Favorecer o coñecemento e aceptación de si mesmo, así como a autoestima dos alumnos. • Coordinar cosdemais profesores o axuste das programacións. • Liñascomúns de acción co resto de titoras do centro. • Relaciónsfluídascospais:implicalos no proceso educativo dos seusfillose mantelos informados. • Mediar nas posibles situaciónsconflitivas. • Canalizar a participación dos alumnos que proceden de diferentes contextos sociais.
FUNCIÓNS DO EQUIPO DIRECTIVO • A Directora de centro ten que favorecer as condicións necesarias para que, a nivel de ProxectoEducativo, se desenvolva o sistema de orientación e intervención psicopedagóxica. • AXefa de Estudos debe: • Desenvolver as actividades de orientación. • Controlar o funcionamento e coordinación da acción titorial. • Disponibilidade de espazos e tempos. • Posta en marcha de plans concretos de orientación. • Tratamento curricular dos contidos específicos da orientación.
FUNCIÓNS DOS PROFESIONAIS ESPECIALIZADOS • Son persoas ou estructuras que axudan ao profesorado, asesórano, cooperan con el e apoiano para o desempeño das funcións docentes ordinarias. • O apoio educativo aos alumnos compleméntase coa asistencia técnica especializada aos profesores, que deben formar parte da propia estructura do Sistema Educativo.
FUNCIÓNS DA ORIENTADORA DO CENTRO • Colaborar na elaboración do proxecto curricular de etapa, especialmente nos aspectos de concreción individualizada e adaptacións curriculares. • Asesorar aos profesores no diseño de métodos e procesos de avaliación. • Asistir tecnicamente aos profesores para o desempeño da súa función titorial. • Asesorar ao profesorado no tratamento flexible e diferenciado da diversidade. • Colaborar na prevención e pronta detección de dificultades ou problemas educativos. • Colaborar na orientación escolar e profesional individualizada. • Realizar, no seu caso, a avaliación psicolóxica e pedagóxica dos alumnos. • Cooperar nas posibles adaptacións ao comezo dunha nova etapa. • Promover a cooperación entre escola e familia.
FUNCIÓNS DO EQUIPO ORIENTACIÓN ESPECÍFICO • Atender ás demandas de avaliaciónpsicopedagóxica individual dos alumnos. • Elaborar, adaptar, distribuir e divulgar materiais e instrumentos psicopedagóxicosou de apoio de utilidade para os profesores. • Impulsar a colaboración e intercambio de experiencias entre centros; así como contribuir á coordinación dos proxectos curriculares e dos programas de orientación. • Colaborar no desenvolvemento de programas formativos para pais e nais de alumnos. • Facilitar o acceso dos alumnos ás posteriores etapas. • Colaborar cos Centros de Profesores e outrasinstitucións, para a formación permanente dos profesores.
OBXECTIVOS DA ORIENTACIÓN NAED. PRIMARIA • Contribuir á personalización da educación, atendendo ás individualidades. • Axustar a resposta educativa ás necesidades particulares dos alumnos. • Resaltar os aspectos orientadores da educación: “Educación para a vida”. • Favorecer os procesos de madurez personal e da progresiva toma de decisións. • Previr as dificultades de aprendizaxe e non só asistilas cuando xa chegaron a producirse. • Contribuir á adecuada interacción entre os distintos integrantes da comunidade educativa.
CONTIDOS QUE DEBE ABORDAR A ORIENTACIÓN EN PRIMARIA • Ámbitos de intervención e programas de desenvolvemento. • Axentes implicados. • Recursos e materiais.
ÁMBITOS DE INTERVENCIÓN E PROGRAMAS DE DESENVOLVEMENTO • Ensinar a ser persoa • Ensinar a convivir. • Ensinar a pensar.
ENSINAR A SER PERSOA • A escola proporciona o medio, non só para as aprendizaxes académicas, senón tamén para a aprendizaxe da conduta social, a aprendizaxe afectiva e das actitudes, incluso as que se refiren a un mesmo. • En relación coa autonomía de acción no medio, a escola debe desenvolver: • As capacidades motrices e de dominio espacio - temporal. • Un pensamento reflexivo e crítico. • Un adecuado equilibrio afectivo e social. • Unha imaxe positiva dun mesmo. • Identidade persoal. • Conciencia social.
PARA A FORMACIÓN DA IDENTIDADE PERSOAL • Coherencia entre o que o mestre pensa, di e fai. • Facer partícipes ao alumnado. • Ensinanza experimental e participativa. • Xuizos positivos, evitando os negativos. • Libertade de expresión e acción. • Ensinar a autoavaliarse e a autoreforzarse. • Traballar de modo directo e personalizado.
ENSINAR A CONVIVIR • Proporcionar un medio rico de relacións a través do xogo, o diálogo, o traballo cooperativo,... • Toma de contacto do alumno co resto de culturas favorecendo o respecto e a tolerancia polos demais. • Instrucción no que se coñece como Habilidades Sociais.
ALGUNHAS ACTITUDES DO PROFESOR • Comunicar confianza, seguridade e optimismo nos nenos. • Aceptar ao alumno tal e como é. • Manterunhas pautas de continuidade e consistencia. • Ser tolerantes. • Utilizar reforzos positivos. • Ser realistas en canto aos logros académicos. • Evitar amenazas innecesarias. • Asignar aosnenostarefas adecuadas a súaidade e posibilidades.
ENSINAR A PENSAR • Adquisición de instrumentos básicos de aprendizaxe que lles permita adaptalos a novas situacións e problemas. • Adquisición de conceptos, procedementos e actitudes necesarias para interpretar o medio no que viven de forma activa e crítica. • A culminación de aprender a pensar está en aprender a aprender.
APRENDER A PENSAR CO PROFESOR COMO MEDIADOR • É preciso que o neno adquira unha motivación intrínseca. Isto consíguese: • presentando tarefas de dificultade moderada para que perciban que son competentes • proporcionando experiencias de autonomía que xeneren satisfacción propia.
AXENTES IMPLICADOS • Profesor - titor en estreita colaboración cos demais docentes, actuando o máis favorablemente para todos os alumnos. • Os pais en estreita relación co centro e o equipo docente. • A sociedade debe implicarse ofrecendo os recursos necesarios.
RECURSOS E MATERIAIS • A decisión da elección de materiais corresponde ao equipo docente. • Deben ser diversos, variados e interactivos. • Deben ofrecer secuencia de obxectivos e contidos. • Organizar os materiais en canto a súa utilización, intercambio, difusión, etc. • Rentabilizalos
CONCLUSIÓNS • Profesor- titor como orientador durante todo o proceso de ensinanzaaprendizaxe. • Necesaria unhamaior formación dos profesionais. • Dar lugar á integración (multiculturalidade e ANEAE). • Otorgar a importancia que se merece á familia. • Educación e orientación pretenden dar unha formación para a vida. • A orientación como proceso continuo: antes, durante e despois do problema. • Facer o que previamente se programou? FINALIDADE: Desenvolvemento integral do individuo