130 likes | 246 Views
Exercicios: 1, 2, 3, 4, 5, 6, . 1. Indica cales das seguintes substancias son homoxéneas e cales heteroxéneas: cristal de ventá, gasolina, mestura de cera sólida e fundida, infusión de té. Homoxéneas: Cristal, gasolina, infusión de té Heteroxéneas: mestura de cera sólida e fundida. 2.
E N D
Exercicios: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 1 Indica cales das seguintes substancias son homoxéneas e cales heteroxéneas: cristal de ventá, gasolina, mestura de cera sólida e fundida, infusión de té Homoxéneas: Cristal, gasolina, infusión de té Heteroxéneas: mestura de cera sólida e fundida 2 A acetona é unha substancia pura.¿Cantos compoñentes ten?¿Pode ser heteroxénea? A acetona ten un só compoñente: acetona. Pode ser heteroxénea unha mestura de acetona sólida con acetona líquida. 4 Nas obras de construcción vense frecuentemente cribos ou peneiras xunta aos montóns de area.¿Para que se empregan? Os cribos empréganse para separar a pedras que puidera levar a area que se vai a mesturar co cemento para facer masa
5 Se dispós dun vaso con auga con sal, ¿Que farías para conseguir cristais grandes? Deixalo en repouso, procurando que a evaporación da auga sexa lenta e nada perturbe á formación dos cristais 6 Ao facer a gráfica temperatura -tempo de quentamento para o naftaleno, cando empeza a fundir e mentres dura a fusión, presenta un tramo horizontal. Indica se o naftaleno é unha mestura ou unha substancia pura Un tramo horizontal na gráfica de quentamento indica que o naftaleno é unha substancia pura 7 Na auga de mar, ¿Cal é o disolvente e cal é o soluto? O disolvente é a auga e o soluto son todo tipo de sales que están disoltas nela.
Exercicios: 7, 8, 9, 10 Se nos quedou o caldo moi salgado e queremos diluílo que debemos facer? 8 Debemos aumentar a proporción de disolvente, botar máis auga. 9 Que cantidade de osíxeno haberá nun cuarto que ten un volume de aire de 15m3. Dato A presencia de osíxeno no aire é do 21% . A cantidade de osíxeno é aproximadamente o 21% do volume total de aire. Se temos unha disolución saturada de sulfato de cobre(II) a 80ºC e arrefría.¿Que ocorrerá? 10 Segundo as gráficas de solubilidade, unha disolución saturada de sulfato de cobre (II) a 80ºC contén 50 gramos de sal por cada 100 gramos de auga. A menos Tª admite menos cantidade de sal en disolución; a diferencia entre o permitido e o que contén, precipitará, depositándose no fondo do recipiente.
Exercicios: 11, 12, 13, 14, 16 Os salmóns, na época de reproducción, soben polos ríos cara aos seus nacementos , onde as augas son moito mais frías. ¿Onde dispoñen de mais osíxeno para respiraren? 11 A menos Tª o disolvente (auga), admite máis cantidade de soluto (osíxeno). Hai menos osíxeno nas augas máis cálidas, e mais nas augas frías cerca do nacemento do río 12 Indica o criterio de clasificación para os seguintes materiais SÓLIDOS LÍQUIDOS 13 Indica o criterio de clasificación para os seguintes materiais
Exercicios: 11, 12, 13, 14, 16 Indica en qué condicións poderemos dicir que unha rocha de granito é homoxénea. 14 En condicións de ausencia de luz, e unha temperatura tan baixa que nos obrigue a levar luvas. Teremos en conta que nesas condicións o normal é non dicir nada. Mestúranse medio litro de arroz e medio litro de lentellas: a)Indica se o volume da mestura será maior ou menor ca un litro. b)Indica se a masa da mestura será maior, igual ou menor cá suma das dúas masas iniciais. 16 O volume da mestura será menor que un litro, e a súa masa será igual que a suma das masas dos compoñentes.
¿Para que se utiliza un embude de decantación? ¿Podería servir para separa-lo alcol da cervexa? 17 Co embude de decantación separamos mesturas heteroxéneas de líquidos non miscibles, de distinta densidade. A cervexa é homoxénea, non se pode separar por decantación. Exercicios: 17, 18, 19, 20 Dadas as seguintes mesturas: Area e sal; Auga e gasolina.; Ferro e area. a) Explica razoadamente cómo poderías separalas. b) ¿En que propiedades se basea cada separación? c) Indica qué instrumentos se utilizan en cada unha. 18
Exercicios: 17, 18, 19, 20 Relaciona mediante frechas os métodos de separación que se propoñen coas propiedades nas que se basean: 19 Decantación Diferentes puntos de ebulición dos compoñentes Filtración Diferente tamaño de gran Disolución selectiva Compoñentes non miscibles con diferentes densidades Destilación Solubilidade dun compoñente nun disolvente
Exercicios: 17, 18, 19, 20 Os alumnos dunha clase van ó laboratorio e cada grupo colle auga, bótalle o sal que quere e pona a quecer. Comproban que cando a auga con sal empeza a ferver, cada grupo obtén unha temperatura de ebulición lixeiramente distinta. a) ¿Cal é a razón? b) ¿Como conseguirán tódolos grupos o mesmo resultado? c) Se cada grupo mide a densidade da súa mestura, ¿obterían os mesmos resultados? 20 Unha disolución non é unha substancia pura, non ten unha Tª de ebulición determinada Para ter os diferentes grupos o mesmo resultado, as disolucións terían que ter igual concentración A densidade dunha disolución non ten un valor fixo e determinado, depende da cantidade de soluto
T(ºC) 60 20 t(min) Exercicios: 21 21 Quéntase unha substancia durante 20 minutos, obtendo os valores da táboa. a) Represéntaos nunha gráfica b) Razoa se a substancia é pura ou mestura c) Representa segundo a teoría cinética ása partículas ao cabo de oito e de vinte minutos • A temperatura de ebulición non é fixa polo • tanto trátase dunha mestura c) Aos 8 minutos aos 20 minutos 5 10 15 20
Exercicios: 22 Temos dúas disolucións de iodo en tetracloruro de carbono:a) mais clara e b) mais escura. 1.-Indica cal é o disolvente e cal o soluto 2.-¿Cal está mais concentrada? 3.-¿Como se podería diluír a mais concentrada? 4.-¿Como se podería concentrar a mais diluída? 5.-¿Como se poderían chegar a saturar as disolucións? 22 1.- Disolvente:tetracloruro de carbono. Soluto: iodo 2.-Está máis concentrada (b) por ter máis soluto 3.-Engadindo disolvente diluímos a disolución 4.-Engadíndolle soluto concentramos a disolución 5.-Engadindo soluto ata que non admitira máis
Exercicios: 23, 24, 25 Se a concentración dunha disolución de azucre en leite é de 5g/L, ¿Qué cantidade de azucre teremos nun vaso con 200cm3 de leite azucrado? 23 A concentración é a relación entre a masa en gramos e o volume en litros C=5g/L V=0,2L O nitróxeno no aire está nunha concentración de 80% en volume aproximadamente.¿Que cantidade de nitróxeno hai nunha aula que ten un volume de aire de 120 m3 24 A cantidade de nitróxeno será:
Exercicios: 23, 24, 25 En medio quilo de caldo botáronse 2 g de sal a) Calcula a concentración en % en masa b) Indica que haberá que facer se queremos o caldo menos salgado.¿Como queda a disolución mais diluída ou mais concentrada? 25 a) A concentración en % en masa calcúlase con a fórmula: b) Se queremos o caldo menos salgado teremos que aumentar a proporción de disolvente, botar auga. Desta maneira a disolución queda máis diluída.
Exercicios de concentracións 31 31.-Queremos preparar medio quilo de disolución de auga con azucre de concentración 10% en masa. ¿Canta azucre hai que botar? ¿E auga? Temos 500g de auga azucrada, dos que 50 son de azucre, da auga serán 450g • A etiqueta dun frasco de laboratorio di: disolución de sacarosa, 120 g/l. • Que cantidade de azucre hai en 250 cm3 de disolución • Calcula a concentración en tanto por cento en masa, si a densidade é 1,1kg/l