130 likes | 277 Views
Exercicios: 1, 2, 4. 1. Indica cales das seguintes substancias son homoxéneas e cales heteroxéneas: cristal de ventá, gasolina, mestura de cera sólida e fundida, infusión de té. 2. A acetona é unha substancia pura.¿Cantos compoñentes ten?¿Pode ser heteroxénea?. 4.
E N D
Exercicios: 1, 2, 4 1 Indica cales das seguintes substancias son homoxéneas e cales heteroxéneas: cristal de ventá, gasolina, mestura de cera sólida e fundida, infusión de té 2 A acetona é unha substancia pura.¿Cantos compoñentes ten?¿Pode ser heteroxénea? 4 Nas obras de construcción vense frecuentemente cribos ou peneiras xunta aos montóns de area.¿Para que se empregan?
5 Se dispós dun vaso con auga con sal, ¿Que farías para conseguir cristais grandes? 6 Ao facer a gráfica temperatura -tempo de quentamento para o naftaleno, cando empeza a fundir e mentres dura a fusión, presenta un tramo horizontal. Indica se o naftaleno é unha mestura ou unha substancia pura 7 Na auga de mar, ¿Cal é o disolvente e cal é o soluto?
Exercicios: 8, 9, 10 Se nos quedou o caldo moi salgado e queremos diluílo que debemos facer? 8 9 Que cantidade de osíxeno haberá nun cuarto que ten un volume de aire de 15m3. Dato A presencia de osíxeno no aire é do 21% . Se temos unha disolución saturada de sulfato de cobre(II) a 80ºC e arrefría.¿Que ocorrerá? 10
Exercicios: 11, 12, 13 Os salmóns, na época de reproducción, soben polos ríos cara aos seus nacementos , onde as augas son moito mais frías. ¿Onde dispoñen de mais osíxeno para respiraren? 11 12 Indica o criterio de clasificación para os seguintes materiais 13 Indica o criterio de clasificación para os seguintes materiais
Exercicios: 14, 16 Indica en qué condicións poderemos dicir que unha rocha de granito é homoxénea. 14 Mestúranse medio litro de arroz e medio litro de lentellas: a)Indica se o volume da mestura será maior ou menor ca un litro. b)Indica se a masa da mestura será maior, igual ou menor cá suma das dúas masas iniciais. 16
Exercicios: 17, 18 ¿Para que se utiliza un embude de decantación? ¿Podería servir para separa-lo alcol da cervexa? 17 Dadas as seguintes mesturas: Area e sal; Auga e gasolina.; Ferro e area. a) Explica razoadamente cómo poderías separalas. b) ¿En que propiedades se basea cada separación? c) Indica qué instrumentos se utilizan en cada unha. 18
Exercicios: 19 Relaciona mediante frechas os métodos de separación que se propoñen coas propiedades nas que se basean: 19 Decantación Diferentes puntos de ebulición dos compoñentes Filtración Diferente tamaño de gran Disolución selectiva Compoñentes non miscibles con diferentes densidades Destilación Solubilidade dun compoñente nun disolvente
Exercicios: 20 Os alumnos dunha clase van ó laboratorio e cada grupo colle auga, bótalle o sal que quere e pona a quecer. Comproban que cando a auga con sal empeza a ferver, cada grupo obtén unha temperatura de ebulición lixeiramente distinta. a) ¿Cal é a razón? b) ¿Como conseguirán tódolos grupos o mesmo resultado? c) Se cada grupo mide a densidade da súa mestura, ¿obterían os mesmos resultados? 20
Exercicios: 21 21 Quéntase unha substancia durante 20 minutos, obtendo os valores da táboa. a) Represéntaos nunha gráfica b) Razoa se a substancia é pura ou mestura c) Representa segundo a teoría cinética ása partículas ao cabo de oito e de vinte minutos
Exercicios: 22 Temos dúas disolucións de iodo en tetracloruro de carbono:a) mais clara e b) mais escura. 1.-Indica cal é o disolvente e cal o soluto 2.-¿Cal está mais concentrada? 3.-¿Como se podería diluír a mais concentrada? 4.-¿Como se podería concentrar a mais diluída? 5.-¿Como se poderían chegar a saturar as disolucións? 22
Exercicios: 23, 24 Se a concentración dunha disolución de azucre en leite é de 5g/L, ¿Qué cantidade de azucre teremos nun vaso con 200cm3 de leite azucrado? 23 O nitróxeno no aire está nunha concentración de 80% en volume aproximadamente.¿Que cantidade de nitróxeno hai nunha aula que ten un volume de aire de 120 m3 24
Exercicios: 25 En medio quilo de caldo botáronse 2 g de sal a) Calcula a concentración en % en masa b) Indica que haberá que facer se queremos o caldo menos salgado.¿Como queda a disolución mais diluída ou mais concentrada? 25
Exercicios de concentracións 31 Queremos preparar medio quilo de disolución de auga con azucre de concentración 10% en masa. ¿Canta azucre hai que botar? ¿E auga? • A etiqueta dun frasco de laboratorio di: disolución de sacarosa, 120 g/l. • Que cantidade de azucre hai en 250 cm3 de disolución • Calcula a concentración en tanto por cento en masa, si a densidade é 1,1kg/l