10 likes | 156 Views
* ** ***** Ao BNG de Baralla ao seu grupo municipal e a súa Asemblea Local, gustaríalle adornar, estes días, unha árbore de Nadal moi especial e colgarlle, no canto de regalos,os nomes de toda esa xente que confiou e confía en nós,
E N D
******** Ao BNG de Baralla ao seu grupo municipal e a súa Asemblea Local, gustaríalle adornar, estes días, unha árbore de Nadal moi especial e colgarlle, no canto de regalos,os nomesde toda esa xente que confiou e confía en nós, de todas esas persoas que coma nós cren no futuro do noso concello e no de Galiza. As de cerca e as de máis lonxe. As de sempre e as de agora. As que vemos cada día, e as que atopamos moi de cando en vez. As constantes e as inconstantes. As das horas alegres e as das horas difíciles. Aquelas que coñecemos profundamente, e aquelas que non coñecemos tanto Ás que lles debemos algunha cousa e aquelas ás que lles debemos moito. As amizades humildes e as amizades importantes. Por iso as nomeamos a todas, a todas as que pasaron polas nosas vidas. As que recibides esta mensaxe e as que non a reciban. Unha árbore de raíces profundas, para que os vosos nomes non se poidan arrincar nunca. Unha árbore que, cando floreza o ano que vén, nos traia ilusión, saúde, amor e paz. Oxalá que polo Nadal poidamos compartir os mellores desexos de esperanza para os noso País. Saúde e Terra. BO NADAL FELIZ ANINOVO