30 likes | 158 Views
fillos. pais/nais. ¿Como tratar os adolescentes?. orientacións a pais/nais. LEMBRE QUE …. Oseu fillo debe saber que lle importa e que o quere. Nunca debe dar por perdido ó seu fillo adolescente.
E N D
fillos pais/nais ¿Como tratar os adolescentes? orientacións a pais/nais
LEMBRE QUE … Oseu fillo debe saber que lle importa e que o quere. Nunca debe dar por perdido ó seu fillo adolescente. Debe facer ó seu fillo responsable e maduro e para isto debe asumir responsabilidades acordes coa súa idade. Debe supervisar o estudo do seu fillo. Non agarde a que lles chamen do colexio: para o seu fillo é un gran reforzador interesarse persoalmente. Debe adicar unha parte do día a “estar co seu fillo” Nunca prometa o que non vai cumprir. Elixir un momento do día para falar co seu fillo: de como lle foi no colexio, como lle vai cos amigos, que lle gustaría facer a fin de semana. Saber en todo momento onde está o seu fillo, que fai e con quen: vixilancia a distancia. Se o que máis lle preocupa do seu fillo son os seus amigos nunca os descualifique, ó contrario busque aliados nestes ou mesmo convídeos á súa casa.
O seu fillo debe estar “na rúa” o tempo xusto. Evite comentarios como: “Non serves nada máis que para darme problemas”, “Non tes arranxo”... Evite as comparacións. Os pais nunca deben contradicirse. Debe explicar ó seu fillo calquera circunstancia nova que se produza na familia. Non descualifique nunca ó seu fillo. Pida a colaboración de todas as persoas achegadas. Se a súa familia está desestruturada hai que deixarlle claro ó seu fillo as circunstancias que os limitan. Negociar premiando cando verdadeiramente o mereza: nunca dar nada gratuitamente. O seu fillo nunca debe ver en vostede as mesmas condutas negativas que se pretenden eliminar. Ante unha falta grave aplicarase e cumprirá un castigo, nunca físico nin verbal. Nunca pegue a un fillo adolescente.