250 likes | 390 Views
ESPAZOS NATURAIS Brañas de Xestoso. A maior parte da zona é unha superficie de erosión do Terciario situada entre 600 e 650 m de altitude. Nesta área atópanse os montes, de pendentes suaves, que separan as cuncas do Ulla e do Umia. O máis alto é o pico San Sebastián, con 748 m.
E N D
ESPAZOS NATURAIS Brañas de Xestoso
A maior parte da zona é unha superficie de erosión do Terciario situada entre 600 e 650 m de altitude. Nesta área atópanse os montes, de pendentes suaves, que separan as cuncas do Ulla e do Umia. O máis alto é o pico San Sebastián, con 748 m. O maior interese reside nas brañas e zonas húmidas onde se atopan especies pouco comúns. EXTENSIÓN: 1.080,12 ha CONCELLOS: A Estrada, Silleda, Forcarei PROTECCCIÓN: LIC, ZEPVN VALORES NATURAIS: brañas, lagoa, aves, anfibios...
A maior parte do espazo está ocupado por extensas zonas de monte baixo, prados húmidos, brañas e turbeiras con vexetación palustre, algún bosque de umbría e unha lagoa (Olives) que se forma por acumulación da auga da chuvia.
Monte de San Sebatián. É o cume máis alto dunha aliñación de formas suaves (Fonte Fría, Outeiro Grande…) con orientación SO-NE que separa as cuncas do Umia e o Ulla.
Desde o cume do San Sebastián hai unhas boas panorámicas das comarcas de Tabeiros, Ulla e Deza.
Lagoa de Olives no verán. Aínda que esta lagoa ten sona de non secar nunca nos veráns secos chega a desaparecer.
As brañas son terreos onde se acumula auga que impregna o solo e a capa vexetal. Caracterízanse por ter unha vexetación de transición entre especies acuáticas, de ribeira e tipicamente terrestres. Nelas son comúns as turbeiras onde dominan os brións que absorben auga e crean un substrato esponxoso.
A vexetación máis común é o monte baixo onde abondan as xestas mouras (Cytisus striatus), os toxos, os breixos e as carqueixas. Nos prados húmidos, brañas e turbeiras domina a vexetación palustre e nas pequenas manchas de bosque os carballos, bidueiros, castiñeiros, acivros, xilbarbeiras, fentos arandos... tamén hai zonas reforestadas con piñeiros e eucaliptos.
As plantas máis comúns das brañas son os brións (Sphagnum sp., Politrichum sp.), Molinia caerulea, Violetas (Viola palustris), hipérico da braña (Hypericum elodes), parnasia (Parnasia palustris), breixo das turbeiras (Erica tetralis), Wahlenbergia hederacea, xunca de algodón (Eriophorum angustifolium) árnica (Arnica montana), rorellas (Drosera rotundifolia e Drosera intermedia), fálago (Illecebrum verticillatum) trevo das pozas (Menyanthes trifoliata), Juncus, Carex, , Ranúnculus, Hydrocotyle...
Vexetación típica de monte baixo: breixos, toxos, xestas... que cobre as partes do espazo que non están convertidas en pasteiros ou os terreos de cultivo abandonados.
Hydrocotyle vulgaris. As súas curiosas follas peltadas verde-brilantes cobren grandes espazos ás beiras dos lugares enchoupados.
Dactylorhiza maculata, unha orquídea que florece nos prados húmidos.
Xunca de algodón (Eriophorum angustifolium). Medra nas brañas e lugares húmidos de certa altitude.
Os animais que podemos atopar nas brañas e no seu contorno son os propios dos lugares húmidos e de espazos chans e abertos. Entre os mamíferos, destacan os morcegos (Rhinolophus hipposideros, Rhinolophus ferrumequinum e Myotis myotis), o raposo, o coello e o lobo. Entre os réptis é importante a presenza de cobra rateira (Malpolon monspessulanus), de interese bioxeográfico por ser a máis noroccidental da península Ibérica. Tamén hai sapo raxado (Discoglossus galganoi), sapiño troiteiro (Alytes obstetricans), ra patilonga, estroza, limpafontes común, cobra de auga, lagartixa galega, Cobregón ou cobra rateira
Neste espazo crían o sisón (Tetrax tetrax), e a curuxa das xunqueiras, aves escasas en Galicia. Tamén gatafornela (Circus cyaneus), tartaraña cincenta (Circuspygargus), falcón pequeno (Falco subbuteo), avenoiteira cincenta (Caprimulgus europaeus), cotovía das árbores (Lullula arborea), pica campestre (Anthus campestris), pedreiro cincento (Oenantheoenanthe), papuxa do mato (Sylvia undata), picanzo vermello (Lanius collurio). É visitante habitual a becacina (Gallinago gallinago). Sisón
Estroza (Hyla arborea), a única ra arborícola galega. Pasa a maior parte do tempo subida nas ponlas de silveiras e salgueiros onde pasa desapercibida. So se achega á auga na época de cría.
Pedreiro cincento (Oenanthe oenanthe). Vese no verán e nos pasos migratorios.
Montaxe: Adela Leiro Fotos: Adela Leiro, Mon Daporta